Identifying Data 2023/24
Subject (*) Dermatology Code 750G02124
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Janeiro Arocas, Julia Maria
E-mail
julia.janeiro@udc.es
Lecturers
Janeiro Arocas, Julia Maria
Monteagudo Sánchez, Beningo
E-mail
julia.janeiro@udc.es
benigno.monteagudo.sanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
General description A materia de Dermatoloxía pretende proporcionar ao alumnado unha serie de coñecementos xerais de dermatoloxía do membro inferior e o seu tratamento. O alumnado ao longo do curso adquirirá coñecementos sobre: semioloxía, histopatoloxía e terapéutica dermatolóxica das principais afeccións cutáneas que afectan ao pé. Afeccións do tecido conectivo. Lesións de orixe vascular. Afeccións zooparasitarias e fito parasitarias. Lesións cutáneas benignas, lesións precancerosas e tumores cutáneos. Cirurxía en dermatoloxía e cicatrices.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A101 CE37 - - Identificar as lesións dermatolóxicas e coñecer o seu tratamento
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B28 CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
C9 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C16 CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
O alumnado coñece e identifica as lesións dermatolóxicas que afectan ao membro inferior e o seu tratamento. A101
B24
B28
B30
C9
C16

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 1. BASES DO DIAGNÓSTICO DERMATOLÓXICO 1.1. Anatomía e fisioloxía da pel
1.2. Lesións elementais da pel
1.3. Lesións elementais das uñas
1.4. Procedementos e dispositivos diagnósticos
TEMA 2. AFECCIÓNS DO TECIDO CONECTIVO 2.1. Lupus eritematoso
2.2. Esclerodermia
2.3. Dermatomiositis
2.4. Síndrome de Sjögren
2.5. Artritis reumatoide
TEMA 3. LESIÓNS DE ORIXE VASCULAR 3.1. Enfermidade arterial periférica
3.2. Vasculitis
3.3. Enfermidade de Raynaud
3.4. Eritema pernio
TEMA 4. INFECCIÓNS E INFESTACIÓNS 4.1. Infeccións bacterianas
4.2. Infeccións víricas
4.3. Infeccións fúngicas
4.4. Infestacións
TEMA 5. DERMATOSIS INFLAMATORIAS 5.1. Psoriasis
5.2. Liquen plano
5.3. Eccemas/dermatitis
TEMA 6.
TUMORES MALIGNOS
LESIÓNS PRECANCEROSAS
TUMORES BENIGNOS
6.1. Carcinoma basocelular
6.2. Carcinoma epidermoide
6.3. Melanoma
6.4. Sarcoma de Kaposi
6.5. Queratosis actínica
6.6. Queilitis actínica
6.7. Leucoplasia
6.8. Eritroplasia
6.9. Poroma ecrino
6.10. Acantoma de células claras
6.11. Fibroqueratoma digital
6.12. Quiste mucoide digital
TEMA 7. CIRURXÍA EN DERMATOLOXÍA E CICATRICES 7.1. Principios básicos da cirurxía dermatolóxica

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A101 B28 B30 21 42 63
Seminar A101 B24 B30 C9 18 31.5 49.5
Supervised projects A101 B24 B28 B30 C9 3 13.5 16.5
Objective test A101 B28 B30 C16 2 16 18
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech A sesión maxistral consistirá en clases teóricas expositivas con métodos audiovisuais de apoio (presentacións, vídeos,...).
Facilitarase ao alumnado o material cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela.
Seminar Os seminarios consistirán en actividades grupais onde se traballarán aspectos e conceptos relacionados co exposto na clase maxistral ou conceptos complementarios a estes. Favorecerase a participación e interacción profesor-alumno/a.
Supervised projects Realizarase e expoñerá 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos distintos apartados do temario ou coa dermatoloxía. As pautas para a súa realización así como as datas de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e anunciaranse na plataforma virtual da UDC. A non realización, entrega e/o exposición do Traballo tutelado supón un non apto neste apartado. Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico do traballo realizado, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción. O traballo seguirá as directrices marcadas polo profesorado. Será necesario obter polo menos o 50% de puntuación total do traballo tutelado para superalo.
Objective test Realizarase unha proba obxectiva presencial de 60 preguntas tipo test. Esta proba supón o 60% da nota total da materia. Esta proba consta de 2 partes (cada parte inclúe 30 preguntas tipo test, equivalentes ao 50% da puntuación sobre o total do 60% asignado a esta proba). O factor de corrección será o seguinte: por cada 3 respostas incorrectas restarase 1 pregunta correcta. Para superar a materia e poder facer media entre ambas as partes desta proba, será necesario superar ambas as partes Esta proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, sobre os seminarios, os traballos tutelados ou coa bibliografía

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Seminar
Description
A atención personalizada está destinada a resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada coa materia. Desenvolverase de maneira presencial de mutuo acordo co profesorado, ou de maneira virtual (vía telefónica, correo electrónico, plataforma de teleformación...etc).

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A101 B28 B30 Valoraráse a asistencia e a participación activa e produtiva ás clases da materia. 10
Supervised projects A101 B24 B28 B30 C9 Realizarase e expoñerá 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos distintos apartados do temario ou coa dermatoloxía. As directrices, pautas para a súa realización así como as datas de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e anunciaranse na plataforma virtual da UDC. A non realización, entrega e/o exposición do Traballo tutelado supón un non apto neste apartado. Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico do traballo realizado, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción. O traballo seguirá as directrices marcadas polo profesorado. É necesario obter polo menos o 5% de puntuación do 10% posible para superar o traballo tutelado.
10
Objective test A101 B28 B30 C16 Realizarase unha proba obxectiva presencial de 60 preguntas tipo test. Esta proba supón o 60% da nota total da materia.
Esta proba consta de 2 partes (cada parte inclúe 30 preguntas tipo test, equivalentes ao 50% da puntuación sobre o total do 60% asignado a esta proba).
O factor de corrección será o seguinte: por cada 3 respostas incorrectas restarase 1 pregunta correcta.
Para superar a materia e poder facer media entre ambas as partes desta proba, será necesario superar ambas as partes con polo menos a obtención do 50% de preguntas correctas en cada unha das partes. Neste caso darase por superada a proba obxectiva. Esta proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, sobre os seminarios, os traballos tutelados ou coa bibliografía.
Unha vez superadas ambas as partes desta proba será necesario obter unha puntuación igual ou superior ao 50% do posible 60% de puntuación total da materia para dar por superar esta proba obxectiva.
A parte superada na primeira oportunidade da proba obxectiva de cada un dos profesores gardarase para a segunda oportunidade.
60
Seminar A101 B24 B30 C9 A asistencia aos seminarios non é obrigatoria.
A puntuación deste apartado realizarase en función da asistencia do alumno e a participación do mesmo cunha valoración maior dos seminarios preseciais.
20
 
Assessment comments

CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA CONDICIONES PARA
SUPERAR A MATERIA
: Para poder
aprobar a materia a cualificación da "proba obxectiva" ha de ser
maior ou igual ao 50% sobre o 60% asignado á puntuación da proba obxectiva,
sobre o total da materia. Se a cualificación é inferior a esta cifra, non se
sumarán as cualificacións relativas aos apartados de asistencia a sesione
maxistral, "seminario" e "traballo tutelado", a
cualificación neste caso asignada será “SUSPENSO", cunha nota numérica
igual á do exame. Ademais, a nota total da suma das diferentes metodoloxías de
avaliación ha de ser igual ou superior ao 50% da cualificación total (5 sobre
10).

 Os coñecementos para avaliar non se cinguirán ao que
aparece escrito no material de traballo ou diapositivas entregadas polo
profesorado. O alumnado deberá complementar a información e os contidos
explicados na sesión maxistral e nos seminarios coa bibliografía recomendada. A
información recollida nas diapositivas é meramente "informativa" e
"de apoio" e non son os "APUNTAMENTOS DA MATERIA".

  MATRICULA DE
HONRA
. Os alumnos/as con nota igual ou
superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomaraa o
profesorado e tomarase polas notas máis altas tendo en canta a participación na
aula.

 NON PRESENTADO: Os alumnos/as que non se presenten á proba obxectiva serán avaliados como
"NON PRESENTADOS" independentemente da participación noutras
actividades.

 MATRICULA PARCIAL: Os alumnos/as con matrícula parcial deben ter en conta que a
presencialidad e participación nas diferentes actividades da materia é
opcional. O alumnado debe informar o profesorado desta situación como moito ata
un mes despois do inicio das clases. A asistencia aos seminarios e clases
poderá ser substituída pola realización dun traballo que conterá algún tema
dermatolóxico proposto polo profesorado ao comezo do curso, traballo que
supoñerá o 20% da nota final da materia. Neste caso a proba obxectiva supoñerá
o 80 % da cualificación final da materia e o traballo tutelado o 20%.

 DISPENSA ACADÉMICA: No caso do alumnado con solicitude de dispensa académica, a
presencialidad e a asistencia aos seminarios e clases será substituída pola
realización dun traballo que conterá algún tema dermatolóxico proposto polo
profesorado da materia ao comezo do curso, traballo que supoñerá o 20% da nota
da materia. Neste caso a proba obxectiva supoñerá o 80 % da cualificación e o
traballo tutelado o 20%.

 OPORTUNIDADE
ADIANTADA
: O alumnado que non teña pendente máis de 12
créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico,
ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar
os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación,
que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º
cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado
polo Consello de Goberno. Neste caso a cualificación da proba de resposta
múltiple supoñerá o 100% da avaliación da materia.

  
OPORTUNIDADE
: Ao alumnado presentado a 2ª oportunidade aplicaránselle
os mesmos criterios e porcentaxes da primeira oportunidade. O alumnado que non
participase no resto das actividades de avaliación (sesión maxistral, traballo
tutelado e seminario) na primeira oportunidade, ten que superar a proba
obxectiva e obter un 5 sobre 10 na avaliación final para superar a materia.
Podendo realizar un traballo acordado co profesor responsable da materia en
substitución da nota asignada pola asistencia ás sesións maxistrais e aos
seminarios e entregar, de ser o caso, a tarefa de traballo tutelado (se non foi
realizada no período da primeira oportunidade), en ambos os casos no prazo de
15 días anteriores ao exame de segunda oportunidade. 

A parte superada na primeira oportunidade da proba
obxectiva de cada un dos profesores gardarase para a segunda oportunidade,
neste caso en concreto o alumnado soamente terá que examinarse na segunda
oportunidade da parte da proba obxectiva non superada 

2ª e POSTERIORES MATRÍCULAS: O alumnado que cursará a materia un ano e non supere a materia,
gardaráselle as notas das partes superadas de sesións maxistrais, seminario e
traballo tutelado, tendo que repetir as partes non superadas.

 ALUMNADO DE
MOVILIDAD-INTERCAMBIO (SICUE/ERASMUS) BILATERAL
: No caso do alumnado con condición de estudante de mobilidade debe de
comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do
curso. Este alumnado debe ter en conta que na súa condición a presencialidad e
a participación nas diferentes actividades da materia é opcional no caso de
solapamento de horarios. O alumnado poderá obter a cualificación da materia coa
modalidade ordinaria ou coa modalidade na que a proba obxectiva supón o 80% da
cualificación e o outro 20% a realización dun traballo consensuado co
profesorado responsable da materia. Nesta modalidade será obrigatorio superar
ambas as partes da proba obxectiva para superar a materia.

  O PLAXIO: a realización dos traballos da materia, e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel que se obtivo a través da internet, sen indicación
expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado
con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento

 FRAUDE: A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a falta prodúcese na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira a oportunidade, se fose necesario.

 


Sources of information
Basic

BIBLIOGRAFÍA OBLIGATORIA:

-MOSQUERA FERNÁNDEZ A, MONTEAGUDO SÁNCHEZ B. Patología cutánea del pie. 1ª ed. A Coruña: Universidade da Coruña, Servicio de Publicaciones; 2021. 

BIBLIOGRAFÍA ADICIONAL RECOMENDADA:

- GARCÍA CARMONA FJ. Dermatología podológica.  Guía práctica avanzada. Barcelona: Isdin-Ediciones Mayo 2009.

- GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Guía práctica de Dermatología Podológica. Barcelona: Isdin- Ediciones Mayo 2005.

- DAWBER R, BRISTOW I., TURNER W. Text Atlas of Podiatric Dermatology. 2001. Martin Dunitz.

- FITZPATRICK. Dermatología en Medicina General. 6ª Edición. 2005. Editorial Panamericana.

- FERRANDIZ C., Dermatología Clínica. 2ª edición. Madrid, Hacourt; 2001.

- GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Abordaje quirúrgico de la patología subungueal. Madrid: Aula Médica 2005.

REVISTA Actas Dermo-Sifiliográficas

REVISTA Atención Primaria

REVISTA Piel. Formación continuada en dermatología

REVISTA SEMERGEN. Medicina de Familia

REVISTA Journal of the American Podiatric Medical Association 

REVISTA Journal of Dermatological Science

www.dermfoot.com

www.iqb.es




Complementary



Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Anatomy General/750G02103
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02104
Human Physiology/750G02101
Microbiology and Parasitology/750G02107
Chiropody 1/750G02125
Chiropody 2/750G02126
General Pathology Applied in Podiatry/750G02102
Pharmacology/750G02109
General Concepts of Surgery/750G02127

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Practicum I/750G02134
Pharmacological Therapy/750G02122
Diabetic Foot/750G02131

Other comments

 

 Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de seminarios e traballos para configurar o cronograma de tarefas, polo que será básico asistir a esta primeira clase da materia.

  Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

 • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.

 • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural @teniendo en cuenta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

 • Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

 • Deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia, (usar linguaxe non sexista, propiciar a participación de alumnos/as en clase, cando sexa posible utilizar bibliografía de ambos os sexos) e fomentaranse valores de respecto e igualdade.

 Gravacions,  fotografias e copias: Non se poderán gravar nin fotografar, as clases, nin os seminarios, nin a exposición de traballos, nin outros materiais ou actividades relacionados coa docencia da materia, salvo naqueles casos excepcionais nos que o profesorado outorgue a súa autorización expresa e as persoas interesadas dean o seu consentimento.

Material docente

Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal. Calquera extracción

destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo ao Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e una infracción grave ou moi grave da lei da propiedade intelectu



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.