Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Cirurxía Podolóxica Avanzada Código 750G02130
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Alvarez-Calderón Iglesias, Oscar
Correo electrónico
oscar.alvarez-calderon.iglesias@udc.es
Profesorado
Alvarez-Calderón Iglesias, Oscar
Correo electrónico
oscar.alvarez-calderon.iglesias@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia Cirurxía Podolóxica Avanzada é unha asignatura do 4º curso do Grado de podoloxía, donde integraremos os coñecementos de cirurxía podolóxica básica, para obter competencias avanzadas dentro do campo cirúrxico. Básicamente o alumno terá unha visión de patoloxía, ademais de conceptos e técnicas cirúrxicas avanzadas do pe, con especial atención o retrope. Asemade, se dará importancia o concepto global da preparación precirurxica, asi como o coñecemento e manexo das posibles complicacións derivadas do acto cirúrxico.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
1- Coñecer o uso do instrumental en cirurxía. A117
A122
A123
A124
A126
A127
A130
B24
B25
B26
B28
B30
B31
B36
B37
B39
C9
C11
C14
C15
C16
C17
2- Coñecer a anatomía cirúrxica e o diagnóstico diferencial en patoloxía do pé con indicación cirúrxica. A117
A122
A123
A124
A126
A127
A130
B24
B25
B28
B30
C9
C11
3- Aplicar correctamente os procedementos e habilidades técnicas en cirurxía podolóxica. A117
A122
A123
A124
A126
A127
A130
B25
B26
B28
B30
C9
4- Aplicar razoadamente o protocolo preoperatorio. A122
A123
A124
A127
A130
B24
B25
B26
C9
C11
C16
5- Coñecer, utilizar e xestionar adecuadamente a farmacoloxía do período perioperatorio. A122
A123
A124
A126
A130
B24
B25
B26
B28
B30
C9
C11
C14
C15
6- Adquirir habilidades na aplicación de técnicas podolóxicas para a cirurxía osteoarticular e ligamentosa do pé. A117
A122
A123
A124
A126
A127
A130
B24
B25
B26
B28
B30
B31
C9
C15
7- Coñecer e saber tratar as complicacións e efectos secundarios derivados da aplicación de técnicas de cirurxía podolóxica. A117
A122
A123
A127
A130
B24
B25
B26
B28
B30
B31
B36
C9
C15

Contidos
Temas Subtemas
Recordo anatomo-cirurxico do retrope.
Abordaxe cirurxico da patoloxía so sistema Aquileo-calcaneo-plantar

Cirurxía dos atrapamentos e traumatismos nerviosos
Técnicas cirúrxicas para o tratamento do pe plano e cavo
Principios e xeneralidades da artroscopia do pé e do nocello.
Abordaxe cirúrxica das fracturas de pé e nocello.
Complicacións e secuelas na cirurxía podolóxica.
Manexo médico-cirúrxica avanzada do paciente candidato a cirurxía podolóxica.
Sistemas de avaliación e validación de resultados clínicos en cirurxía do pé

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A117 A122 A124 A127 A130 B28 14 20 34
Obradoiro A123 9 7 16
Traballos tutelados B24 B25 B26 B30 B31 C9 C11 C15 4 5 9
Presentación oral B36 B37 B39 C14 C16 C17 1 3 4
Proba de resposta múltiple A117 A122 A123 A124 A126 A127 A130 B24 B25 2 8 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Proba de resposta múltiple
Descrición
Durante as sesións maxistrais e os obradoiros poderase expor as dúbidas que xurdan. Posteriormente e vía correo electrónico tamén se poden expor dúbidas sobre os temas expostos en clase. En cada tema haberá un foro/chat no campus virtual para as dúbidas que poidan xurdir.
Durante os talleres realizarase atención personalizada para resolver as dúbidas e problemas que lle xurdan ao alumno.
O alumno conta co apoio do profesor para a elección do tema do traballo tutelado. Ademais o profesor axudará o alumno nas dúbidas que lle vaian xurdindo durante a realización do traballo tutelado e a preparación da presentación oral. O profesor colaborará co alumno na realización da presentación oral do traballo tutelado realizado.
A atención personalizada en forma de titorías desenvolverase mediante concertación de cita previa co alumnado, quedando esta supeditada á dispoñibilidade dos horarios tanto do alumnado (aspecto este prioritario) como do profesor/a. Por tanto, de forma programada, a atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial, de ser requirida e/ou pertinente, na localización indicada e os horarios de atención ao alumnado que se recollen na plataforma da UDC para a indicación de "As miñas titorías", ou de forma virtual, sendo atendidas as titorías por correo electrónico ou a través doutros medios telemáticos que permita a plataforma virtual, como as mensaxes do campus virtual, ou outras vías como a telefónica ou a videoconferencia, de ser pertinentes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B24 B25 B26 B30 B31 C9 C11 C15 Na cualificación do traballo considerarase a idoneidade do tema escollido, o rigor científico, a capacidade de síntese e de crítica e a adecuación da bibliografía consultada. 10
Presentación oral B36 B37 B39 C14 C16 C17 A avaliación da presentación oral do traballo tutelado realizarase tendo en conta os seguintes puntos: presentación do caso (modo de expresión, uso das tecnoloxías da información e capacidade de comunicarse), e a calidade e capacidade de dar resposta dás preguntas realizadas despois da exposición e en relación ó caso. 10
Proba de resposta múltiple A117 A122 A123 A124 A126 A127 A130 B24 B25 O alumno deberá realizar unha proba de 60 preguntas tipo test con resposta múltiple (con 4 ou cinco opcións), sendo solamente unha das opcións correcta.

Cada resposta correcta valerá 1 punto, e por cada 3 preguntas incorrectas, se restará 1 punto.

O aprobado do exame estará en 30 preguntas netas correctas (30 puntos) (unha vez descontadas as respostas incorrectas).

É necesario aprobar o exame para poder aprobar a materia.

As respostas serán evaluadas únicamente na plantilla de respostas do examen.
80
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso,
5-6.9=Aprobado,
7-8.9=Notable,
9-10=Sobresaliente,
9-10 Matrícula de Honra (Graciable). 

Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9.5. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matrícula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matriíulas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota da presentación oral do traballo tutelado, o traballo tutelado escrito e por último os días de asistencia a clase.

Alumnos con matrícula a tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso) e dispensa académica: A presentación oral dos traballos tutelados será acordada co alumno/a sen ter que ser ou día que lle corresponde. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.


Considerarase non presentado: aquel alumno que non realice o traballo tutelado nin a presentación oral e non asista ao exame final.

IMPORTANTE: Para aprobar á asignaturá será imprescindible aprobar a proba de resposta múltiple e ter realizados os traballos tutelados así como a presentación oral.

A asistencia a clase e os obradoiros non é obrigatoria, máis é recomendable, e poderán ser tidos en conta de cara a puntuación final da asignatura. 

Para o alumnado de SICUE/ERASMUS que puidese acollerse á modalidade de avaliación, a avaliación valorarase procurando evitar a coincidencia con outra materia que cursen simultaneamente.



IMPORTANTE:

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario". 


 


Fontes de información
Bibliografía básica Kitaoka H (Philadelphia 2013). Master Techniques in Orthopaedic Surgery. The Foot and Ankle. Third Edition. Wolters Kluwer
Brian Carpenter (October 15, 2021). McGlamry's Foot and Ankle Surgery. Wolters Kluwer
Maffulli N (London 2011). Minimally Invasive Surgery of the foot and ankle. Springer
Myerson MS (Philadelphia 2019). Reconstructive Foot and Ankle Surgery: Management of Complications. Elsevier

No desenvolvemento de cada tema achegarase bibliografía específica para a consulta do alumno.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cirurxía Podolóxica 2/750G02129
Anatomía xeral/750G02103
Anatomía específica do membro inferior/750G02104
Dermatoloxía/750G02124
Microbioloxía e parasitoloxía /750G02107
Quiropodoloxía 1/750G02125
Quiropodoloxía 2/750G02126
Farmacoloxía/750G02109
Terapéutica Farmacolóxica/750G02122
Cirurxía Podolóxica 1/750G02128
Conceptos Xerais de Cirurxía/750G02127
Diagnóstico por Imaxe/750G02112

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Prácticum II/750G02135
Podoloxía Deportiva/750G02123
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico/750G02108
Pé de Risco/750G02131

Materias que continúan o temario
Prácticum III/750G02136
Técnicas de Anestesia e Reanimación en Podoloxía/750G02138

Observacións

RECOMENDACIÓNS:


Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)


-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

 

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas."

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías