Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Planear a acción preventiva a desenvolver, nas situacións nas que o control ou redución dos riscos supón a realización de diferentes actividades, que implican a intervención de distintos especialistas. |
A4 |
Avaliar os riscos relacionados coa carga física e psíquica no traballo e propoñer as medidas adecuadas de prevención. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Será capaz de planear a acción preventiva a desenvolver, nas situaciones nas que o control ou redución dos riescos supón a realización de diferentes actividades, que implican a intervención de distintos especialistas. |
AP1
|
BP1 BP2 BP3
|
|
Será capaz de avaliar os riscos relacionados coa carga física e psíquica no traballo e propoñer as medidas adecuadas de prevención. |
AP4
|
BP3 BP4
|
|
Sera capaz de utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
|
BP5
|
CM1 CM3
|
Será capaz de valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
CM4 CM5 CM6
|
Asumirá como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
|
|
CM7
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
|
CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1) Ergonomía. Conceptos e obxectivos |
1.1. Introducción
1.2. Posto de traballo
1.3. Tipos de ergonomía
1.4. Obxectivos. |
2) Metodoloxía Ergonómica |
2.1. Análise das tarefas. Metodoloxía
2.2. Análise das capacidades persoais.
2.3. Análise das condicións de traballo.
2.4 Valoración da carga de traballo.
2.5 Análise dos postos de traballo. |
3) Datos antropométricos |
3.1. A estatística como elemento de análise.
3.2. Datos antropométricos da poboación española. ISO 7250, ISO 6682. Repartición de masas e centros de gravidade
3.3. O uso dos valores no deseño. |
4) Biomecánica |
4.1. O modelo biomecánico.
4.2. Elementos básicos de mecánica vectorial.
4.3. Equilibrio.
4.4. Pancas.
4.5. Análise estática de modelos en dúas dimensións. |
5) Carga física |
5.1. Posturas de Traballo
5.2. Fisioloxía das Posturas de Traballo.
5.3. Avaliación das Postuas de Traballo. Metodoloxía de avaliación.
5.4. Norma UNE EN 1005-4. Seguridade das máquinas. Comportamento físico do ser humano. Avaliación das posturas e movementos de traballo en relación coas máquinas.
5.5. Prevención e control de riscos derivados das posturas de traballo. |
6) Carga Mental |
6.1. Definición de Carga mental.
6.2 O proceso de tratamento da información polo home.
6.3. Esixencias dos postos de traballo.
6.4. Factores que inflúen na aparición da carga mental.
6.5. Efectos sobre a saúde.
6.6. Prevención dos riscos derivados da carga mental.
6.7. Métodos de avaliación da carga mental |
7) Factores ambientais (I). Iluminación |
7.1. Iluminación.RD 486/1997, de 14 de Abril.
7.2. Magnitudes luminosas.
7.3. Leis fundamentais da luminotecnia.
7.4. A cor.
7.5. Compoñentes básicos dun sistema de iluminación.
7.6. Sistemas de iluminación.
7.7. Efectos dunha mala iluminación: Fatiga visual e deslumbramientos.
7.8. A iluminación nos lugares de traballo. Medidas de control. Equipos para medir a iluminación |
8) Factores ambientais (II). Ambiente térmico. |
8.1. Parámetros físicos relacionados co ambiente térmico.
8.2. Equilibrio térmico. Termorregulación.
8.3. Efectos do desequilibrio térmico sobre a saúde.
8.4. RD 486/1997, de 14 de abril.
8.5. Guía técnica para a avaliación e Prevención de riscos.
8.6. Norma UNE 100-012-84. climatización. Bases para o proxecto, zona de benestar.
8.7. Cálculo do PMV e PPD.
8.8. Medición dos parámetros relacionados co ambiente térmico.
8.9. Control dos riscos. RD 1751/1998, de 31 de xullo.Regulamento de Instalacións Térmicas de Edificios (RITE), e as súas Instrucións técnicas complementarias (ITE).
8.10. Mantemento dos sistemas de climatización |
9) Factores ambientais (III). Calidade do aire interior. |
9.1. Aire. Composición e propiedades.
9.2. Efectos da calidade sobre a saúde.
9.3. Orixe dos contaminantes do aire interior.
9.4. Medición de contaminantes no aire interior.
9.5. Valores de referencia.
9.6. O tabaco.
9.7. Contaminantes biolóxicos.
9.8. Control da calidade do aire en interiores.
9.9. Legionelosis.
9.10. Síndrome do edificio enfermo. |
10) Factores ambientais (IV).Ventilación. |
10.1. Descrición e funcionamento.
10.2. Referencias Legais: RD 486/1997 de 14 de abril; RD 1751/1998 de 31 de Xullo; RD 1618/1980 de 4 de xullo.
10.3. O CO2 como indicador da calidade do aire.
10.4. Medición de caudais de ventilación.
10.5. Control da ventilación |
11) Diseño del Puesto de Trabajo |
11.1. Concepto de utilizabilidad.
11.2. Metodoloxía.
11.3. Compoñentes dun sistema de traballo
11.4. Deseño do espazo de traballo.
11.5. Deseño dos medios de traballo.
11.6. O proceso de traballo |
12) Factores organizacionais |
12.1. Factores psicosociais
12.2. Factores persoais.
12.3. Factores da organización do traballo.
12.4. Efectos sobre a saúde.
12.5. Avaliación dos factores psicosociais.
12.6. Medidas de control. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B1 B3 B4 C1 C5 C6 C8 |
2 |
3 |
5 |
Análise de fontes documentais |
A4 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
18 |
18 |
Presentación oral |
B4 C1 C3 |
8 |
4 |
12 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A4 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C7 |
15 |
15 |
30 |
Proba obxectiva |
A4 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C8 |
2 |
5 |
7 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais enfocaranse por dúas vías:
1ª) O profesor introducirá moi brevemente os temas para o seu desenvolvemento posterior mediante a metodoloxía complementaria da aprendizaxe colaborativa; tamén comentará as dúbidas que se vaian plantexando nas exposicións dos temas desenvoltos polo alumnado.
2º) Tentarase traer algunha persoa invitada experta en cuestións relativas ao temario da materia para desenvolver a sesión a xeito de conferencia. |
Análise de fontes documentais |
Ao longo do curso desenvolveranse varios traballos, en modalidade individual e grupal. O traballo individual consistirá polo menos en parte na análise de fontes documentais.
Tamén será necesaria a aplicación desta técnica na preparación dos traballos grupais. |
Presentación oral |
Os traballos grupais serán expostos na clase debendo participar na súa presentación todos os membros do grupo. |
Aprendizaxe colaborativa |
Esta é a metodoloxía principal no desenvolvemento do curso, e consistirá na formación de grupos o máis diversos posibles en canto a formación previa, para a preparación de diversos temas, especialmente métodos de avaliación dos riscos ergonómicos. Os materiais a emplear están dispoñibles na plataforma Moodle, e ademais hai libertade para propoñer e usar outros. Esta técnica supón que cada un dos membros dun grupo debe asumir (entre outros) o rol de formador dos demais. |
Proba obxectiva |
Será unha proba escrita a realizar ao final de curso, a modalidade será preferentemente tipo test, aínda que non é descartable outro tipo de preguntas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Análise de fontes documentais |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Os alumnos poderán contar co asesoramento do profesor para a preparación dos traballos que van ter que efectuar ao longo do curso, así como para a resolución das dúbidas que se podan plantexar cara a realización da proba obxectiva.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderá concertar titorías mediante TEAMS, e recibir a mesma atención personalizada de xeito telemático. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A4 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C8 |
Probas para avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso. |
40 |
Sesión maxistral |
B1 B3 B4 C1 C5 C6 C8 |
Valorarase a asistencia ás sesións e o grao de participación, cando o tipo de sesión permítaa |
5 |
Presentación oral |
B4 C1 C3 |
A asistencia será obligatoria para quen ten que realizar a presentación. Ademais valorarase a comunicación de coñecementos realizada na sesión utilizando os medios dispoñibles e que se consideren adecuados. |
35 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A4 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C7 |
Valorarase a asistencia e o grao de participación nos grupos, así como a transmisión de coñecementos que cada grupo faga ao conxunto da clase. |
20 |
|
Observacións avaliación |
A criterio do profesor, poderán aplicarse técnicas de co-avaliación e/ou autoavaliación. Se levará a cabo control de asistencia, e descontarase de forma proporcional a falta de participación, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Este desconto non afecta á puntuación obtida na proba obxectiva. Para quen a falta de asistencia, ao non poder participar, lle impedíse obter a cualificación de aprobado (considerando que se poden alcanzar só 4 puntos na proba obxectiva), habilitaraselle unha segunda proba obxectiva complementaria que contribuirá cun 60% á cualificación final. A proba obxectiva entregaráselle ao alumnado en castelán, podendo ser solicitada cunha semana de antelación en galego. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria Para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS
ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5)
(04/05/2017): Se este alumnado pode participar de xeito
telemático nas clases do curso, seguirase o mesmo procedemento de
avaliación que co resto do alumnado. No caso de non darse a condición anterior,
deberán concertar ao inicio da materia un réxime de titorías regulares co
profesor, para seguir o desenvolvemento da materia mediante a realización de
traballos, e planificar a súa entrega e exposición. No caso de non supera a materia na primeira
oportunidade, deberán presentarse á realización dunha proba obxectiva na
segunda oportunidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Alberto Conde Bóveda (2011). Ergonomía no traballo : guía básica . Santiago de Compostela: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
González Maestre, Diego (2008). Ergonomía y psicosociología . Madrid: Fundación Confemetal
Asociación Española de Ergonomía (). http://www.ergonomos.es.
Portal de Ergonomía del INSHT (). http://www.insht.es/portal/site/Ergonomia2/.
arlos García Molina ... et al (2007). Manual práctico para la evaluación del riesgo ergonómico . València: Direcció General de Treball i Seguretat Laboral |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Técnicas de prevención de riscos laborais.Medicina do traballo. Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada./760482004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizarase a través de plataformas telemáticas, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3. De se realizar en papel:
-Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|