Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Informática Básica Código 760G01005
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Enriquez Díaz, Joaquín
Correo electrónico
joaquin.enriquez@udc.es
Profesorado
Enriquez Díaz, Joaquín
Pérez Seijo, Jorge
Correo electrónico
joaquin.enriquez@udc.es
jorge.perez.seijo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Trataranse diversos bloques temáticos orientados a que o/a alumno/a coñeza e manexe sistemas de información, aplicacións de procesamento de texto, follas de cálculo, bases de datos, presentacións e ferramentas colaborativas e de xestión de tarefas entre outras.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Organización e dirección de empresas.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos dos sistemas de información A10
A13
A31
B4
B9
B14
C1
C3
Elaborar distintos tipos de documentos en procesadores de texto A10
A31
B2
B3
B8
B12
C1
C3
Elaborar distintos tipos de documentos en follas de cálculo B13
C1
C3
Crear bases de datos A10
B9
B14
C1
C3
Xestionar a empresa empregando software específico A10
B3
B4
B8
B12
C1
C3
Coñecer a biblioteca informática B4

Contidos
Temas Subtemas
Introdución aos sistemas de información Tema 1: Conceptos, compoñentes e funcións
Programas de xestión na empresa Tema 2: Xestión de tarefas, contorna de traballo virtual (teletraballo) e colaborativa
Procesadores de texto Tema 3: Tarefas básicas
Tema 4: Edición de informes
Follas de cálculo Tema 5: Tarefas básicas
Tema 6: Táboas, datos e gráficos
Tema 7: Análise avanzada de datos
Bases de datos e presentacións Tema 8: Presentacións efectivas
Tema 9: Bases de datos
Biblioteca informática Tema 10: Biblioteca informática

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A13 B12 C1 1 0 1
Sesión maxistral A10 B2 B3 B4 12 12 24
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 40 80 120
Foro virtual B8 B12 C3 0 1.5 1.5
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Enquisa para determinar os coñecementos previos, competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado (Plataforma: Moodle)
Sesión maxistral Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas tratados no programa (Plataforma: Teams -videoconferencia- e Presencialidade, irase indicando ó longo do curso)
Prácticas a través de TIC Aprendizaxe a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), favorecendo o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado (Plataformas: Office 365, LibreOffice e Moodle)
Foro virtual Utilización do foro virtual para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia (Plataforma: Moodle)

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ESTUDANTE

1.- CORREO ELECTRÓNICO
– De uso diario para facer preguntas, solicitar reunións virtuais para resolver dúbidas.

2.- MOODLE/CAMPUSVIRTUAL

– Foro de plantexamento e resolución de dúbidas. A disposición do alumnado en todo momento para iniciar o proceso de formulación e resolución de dúbidas


3.- TEAMS

– Videoconferencias para atención personalizada. Na data e hora acordadas entre o profesor e o alumno/a


ESTUDANTES QUE ESTÁN EN CONDICIÓNS PARA SOLICITAR O RÉXIME DE ESTUDOS A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA

Ao longo do curso acordarase un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación, polo que os devanditos alumnos deberán poñerse en contacto co equipo docente da materia antes do 30 de setembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 -Pedirase aos estudantes a entrega de prácticas a través de TIC.

-Cada práctica entregada valorarase sobre 10 puntos, e deberá acadar en cada unha delas unha puntuación superior ou igual a 4 puntos para superar a materia. (No caso de non entregar algunha das prácticas solicitadas esta computará con 0 puntos)

-Excepción: No caso de ter menos de 3 probas (2 probas presentadas) cunha calificación inferior a 4, o estudante poderá recuperar esa(s) proba(s) facendo a súa entrega a través da plataforma Moodle na data e da convocatoria oficial do exame.

100
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidas durante as sesións e no foro virtual.

Prácticas a través de TIC. A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as indicacións dadas polo docente. No caso de non cumplirse as condicións de entrega valoraranse cunha calificación de 0 puntos.

Alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao equipo docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de avaliación (incluída a participación activa no foro virtual), acordando un calendario específico compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada.

Avaliación da segunda oportunidade. 

Desenvolveranse unha única proba a través de Moodle. O alumnado poderá ter que estar conectado mediante unha videoconferencia en Teams dende o inicio ata o final da proba (o estudante deberá demostrar a súa capacidade para empregar ferramentas de traballo telemático). Terase en conta a calidade e contidos da entrega, podendo o docente solicitar a defensa oral de parte da proba.

Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada")

As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación da segunda oportunidade.

O alumnado que desexe concorrer á avaliación adiantada, deberá contactar co equipo docente (mediante correo electrónico) antes do inicio do período de exames da avaliación adiantada.

Realización fraudulenta de probas

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".


Fontes de información
Bibliografía básica https://documentation.libreoffice.org/es/documentacion-en-espanol/ (). .
Arjonilla Domínguez, S.J.; Medina Garrido, J.A. (2009). La gestión de los sistemas de información en la empresa: teoría y casos prácticos. Madrid: Pirámide

Utilizaranse preferentemente os manuais dos programas a utilizar

Bibliografía complementaria Valentín López, G.M. (2014). Informática básica: sistema operativo, Internet y correo electrónico. Manual teórico. Madrid: CEP (recurso en liña)
Lapiedra Alcamí, R.; Devece Carañana, C.; Guiral Herrando, J. (2011). Introducción a la gestión de sistemas de información en la empresa. Valencia: Universitat Jaume I (recurso en liña)
Naranjo González, M.R. (2011). Manual Informática de Usuario. Madrid: CEP (recurso en liña)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  1. Nesta materia, a entrega das Prácticas a través de TIC realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilas.
  2. Nesta materia traballarase para incorporar a perspectiva de xénero e identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influír no medio ambiente para promover valores de igualdade.
  3. Tamén se facilitará a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais ou psíquicas, experimente dificultades para acceder á vida universitaria de xeito adecuado, en igualdade e beneficioso, adaptando para tal fin, a petición do alumnado, a metodoloxía de ensino-aprendizaxe. e avaliación a cada caso particular.
  4. Poderase valorar positivamente a asistencia a seminarios ou a outas actividades de relevancia organizadas pola facultade.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías