Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Domótica e xestión técnica das instalacións Código 770G02138
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Profesorado
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Web
Descrición xeral A presente materia ten como principal obxectivo dar ó alumno os coñecementos teóricos e funcionamento dos diversos tipos de Sistemas Domóticos, co fin de alcanzar os coñecementos necesarios para a súa operación, análise e deseño.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A5 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas actuando con ética, responsabilidade profesional e compromiso social, e buscando sempre a calidade e mellora continua.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B10 CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética.
B11 CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as diferentes instalacións nunha vivenda e/ou edificio A4
B1
B4
C3
Coñecer os sistemas domóticos e a súa aplicación ás instalacións de vivendas e edificios A5
B5
B11
C3
Coñecer a certificación enerxética das viviendas A4
B10
C3

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos descritos na memoria de verificación desenrólanse a continuación segundo a distribución amosada Introducción ós sistemas domóticos e súas aplicacións. (Tema 1)

Principais sistemas domóticos. (Tema 2, 3, 4 e 5)

Instalacións nunha vivenda, e a súa integración cun sistema domótico. (Tema 6 e 7)

Certificación enerxética. (Tema 8)
Tema 1: Introducción á Domótica 1.1. Características xenerais

1.2. Funcións e aplicacións da Domótica na vivenda

1.3. Compoñentes dun sistema Domótico
Tema 2: Aplicacións e tipos de sistemas Domóticos

2.1. Servicios e aplicacións das vivendas Domóticas

2.2. Clasificación dos sistemas Domóticos

2.3. Sistemas inalámbricos
Tema 3: Sistemas por corrientes portadoras 3.1. O estandar X-10

3.2. Compoñentes principais

3.3. Instalación e configuración

3.4. Outras posibilidades
Tema 4: Sistemas con controlador programable 4.1. Características dos sistemas con controlador programable

4.2. O sistema SIMON

4.3. Compoñentes básicos do sistema

4.4. Instalación e configuración

4.5. Outros sistemas con controlador programable
Tema 5: Sistemas de bus de datos 5.1. Características do estandar KNX

5.2. Compoñentes básicos do sistema

5.3. Instalación e configuración

5.4. Programación con ETS
Tema 6: Instalacións 6.1. Instalacións Eléctricas

6.2. Instalacións de Telecomunicación

6.3. Instalacións de Fontanería e Saneamento

6.4. Instalacións Climatización

6.5. Instalacións GLP
Tema 7: Lexislación básica sobre instalacións 7.1. A Ley de Ordenación na Edificación

7.2. I Código Técnico da Edificación

7.3. Reglamento Electrotécnico de Baixa Tensión

7.4. Reglamento de Instalacións Térmicas

7.5. Reglamento de Infraestructuras Comúns de Telecomunicación
Tema 8: Xestión e certificación enerxética 8.1. Lexislación

8.2. Implicación da Domótica na calificación enerxética

8.3. Certificación de edificios de vivendas

8.4. Certificación de edificios do sector terciario

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 B4 C3 12 35 47
Solución de problemas A4 C3 7.5 20 27.5
Prácticas de laboratorio A4 B10 C3 6 9 15
Obradoiro A5 B5 B11 3 15 18
Proba mixta B1 B4 B5 2 0 2
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A orde dos temas impartidos non terá que ser o descrito na guía docente. Ademais, haberá temas que se poidan ver conjuntamente no desenvolvemento doutros, xa que a división entre eles pode non ser estrita.
Solución de problemas Resolución de exercicios e problemas concretos no aula, a partir dos coñecementos que se explicaron.
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible; ou, no seu defecto, a resolución de exercicios e problemas concretos na aula, a partir dos coñecemientos explicados.
Obradoiro Realizarase un traballo individual, xunto coa corrección do traballo de outros compañeiros. Ademáis, este traballo terá que ser presentado na aula.
Proba mixta Consiste na realización dunha proba obxectiva de aproximadamente 2 horas de duración, na que se evaluarán os coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
O alumno dispón das correspondentes sesións de tutorías personalizadas, para a resolución das dúbidas que xurdan da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A5 B5 B11 Realización dun traballo persoal, xunto coa evaluación dos traballos de compañeiros. 30
Proba mixta B1 B4 B5 Exame tipo proba obxectiva 45
Prácticas de laboratorio A4 B10 C3 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía 25
 
Observacións avaliación

No marco das "Prácticas de laboratorio" poderanse incluír aspectos tales como asistencia a clase, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado. Además, tamén se poderá incluir nesta metodoloxía a valoración da presentación na clase do traballo persoal.

A "Proba mixta" poderase dividir nunha parte tipo test, e unhas preguntas breves.

Será necesario superar o 35% da puntuación no test da "Proba mixta" para aprobar.

Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación relativa ás "Prácticas de laboratorio" incluirase na "Proba mixta".

Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior.

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

No caso de que o alumno cometa unha falta na materia (segundo o Regulamento Disciplinario do Alumnado): o alumno cualificarase con "suspenso" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente, se a falta se comete se produce na primeira. oportunidade como na segunda. Para iso modificarase a súa cualificación no certificado de primeira oportunidade, se é o caso.


Fontes de información
Bibliografía básica Huidobro, José Manuel (2008). Domótica : edificios inteligentes. Segovia: Copyright
Junestrand, Stefan (2004). Domótica y hogar digital. Madrid : International Thomson Editores
Moreno Gil, José (2000). Instalaciones automatizadas en viviendas y edificios. Madrid: Paraninfo

Bibliografía complementaria Romero Morales, Cristóbal (2010). Domótica e inmótica: viviendas y edificios inteligentes. Madrid: Ra-Ma
Tobajas García, Carlos (2011). Instalaciones domóticas. Barcelona: Cano Pina: CEYSA
Huidobro, José Manuel (2010). Manual de domótica. Madrid: Creaciones Copyright


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Instalacioós Eléctricas en Baixa Tensión/770G02022
Automatización/770G02028
Electrónica de Potencia/770G02029
Oficina Técnica/770G02034
Instalacións Industriais e Comerciais/770G02031

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xestión Eficiente da Enerxía Eléctrica/770G02040
Instrumentación Industrial/770G02042

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente

Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.

Para axudar a acadar un entorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen en esta materia:

- Solicitaránse en formato virtual e/ou en soporte informático.

- Realizarase a traverso de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- En caso de ser necesario realizalos en papel:

  o Non se emplearán plásticos.

  o Realizaranse impresións a dobre cara.

  o Emplearase se papel reciclado.

  o Evitarase a impresión de borradores.

Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

Recomendacións sobre Igualdade de Xénero e respeto á diversidade

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Detectaránse situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías