Recomendacións sobre sostibilidade e medio
ambiente:
Intentarase transmitir ao
alumnado a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sustentabilidade para que os apliquen non só na aula, senón tamén no
comportamento persoal e profesional.
Para contribuír á
consecución dunha contorna inmediata sustentable e ao cumprimento do obxectivo
da acción número 5: “Docencia e investigación ambiental e social saudables e
sostibles” do “Plan de Acción Green Campus Ferrol”:
A entrega dos traballos
documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos.
- De se realizar en papel:
·
Non se empregarán plásticos.
·
Realizaranse impresións a dobre cara.
·
Empregarase papel reciclado.
·
Evitarase a impresión de borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e
a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia
dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos
comportamentos persoais e profesionais.
Recomendacións en materia de igualdade de xénero e
respecto á diversidade:
Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas…).
Traballaráse para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
Facilitarase a plena integración
do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais,
experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.