Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo. |
A4 |
Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares. |
A5 |
Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría. |
A6 |
Formación amplia que posibilite a comprensión do impacto das solucións de enxeñaría nos contextos económico, medioambiental, social e global. |
A7 |
Capacidade para deseño, redacción e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases. |
A8 |
Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría. |
A10 |
Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional. |
B2 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico. |
B4 |
Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo. |
B5 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B6 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B9 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B10 |
Capacidade de organización e planificación. |
B11 |
Capacidade de análise e síntese. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir coñecementos sobre magnitudes físicas, unidades e principios fundamentais da Física.
|
A1 A4 A6 A7 A8
|
B5 B9 B10 B11
|
C4
|
Adquirir metodoloxías para a resolución de problemas. |
A1 A4 A5 A7
|
B2 B4 B6
|
C6
|
Familiarizarse co manexo do instrumental de laboratorio. |
A4 A5
|
B5 B6
|
C1 C3 C8
|
En xeral, adquirir coñecementos básicos de dinámica, estática, electromagnetismo e ondas, necesarios para o desenvolvemento posterior das materias dos cursos seguintes. |
A1 A10
|
B2 B11
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE 1: MECÁNICA DE FLUÍDOS |
1.1. Estática de fluídos: hidrostática
1.2. Dinámica de fluídos: hidrodinámica
|
BLOQUE 2: CALOR E TERMODINÁMICA |
2.1. Temperatura e gases
2.2. Primeiro principio da termodinámica
2.3. Segundo principio da termodinámica
|
BLOQUE 3: CIRCUÍTOS DE CORRENTE CONTINUA E CORRENTE ALTERNA |
3.1. Circuitos de corrente continua
3.2. Circuitos de corrente alterna
|
BLOQUE 4: MOVEMENTO ONDULATORIO. ACÚSTICA. ÓPTICA |
4.1. Movemento ondulatorio
4.2. Acústica
4.3. Óptica
|
BLOQUE 5: INTRODUCCIÓN Á FÍSICA DOS POLÍMEROS |
5.1. Introdución ós materiais poliméricos
5.2. Termoplásticos
5.3. Termoestables
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A4 A5 B5 B6 C1 C3 C8 |
6 |
19 |
25 |
Proba obxectiva |
A1 A10 B2 B11 C4 C6 |
5 |
13 |
18 |
Sesión maxistral |
A7 B4 B10 C1 |
21 |
54 |
75 |
Traballos tutelados |
A5 A6 A7 A8 |
0 |
10 |
10 |
Solución de problemas |
A5 A10 B9 B10 B11 C8 |
15 |
5 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
O alumno aprenderá e desenvolver os experimentos de laboratorio relacionados cos diferentes bloques temáticos da asignatura. A duración de cada unha destas prácticas e de 1,5 h. Os alumnos traballarán en equipos pequenos no caso de sesións presenciais no laboratorio e de xeito individual no caso de experimentos virtuais. Ó final de cada sesión cada equipo/alumno entregará unha memoria co resumo dos datos obtidos. Esta memoria de prácticas é a que se utilizará para avaliar o traballo do alumno e formará parte da avaliación continua do mesmo. Os estudantes que non realicen as prácticas da asignatura non poderán presentarse á proba obxectiva e figurarán como non presentados. Esta condición aplícase na primeira e segunda oportunidade. |
Proba obxectiva |
Realizarase unha proba final onde se avaliarán os coñecementos adquiridos durante o curso. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais realizaranse a exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A duración destas clases será de 2 h semanais e o grupo de alumnos será con todos os alumnos matriculados. Os alumnos tomarán apuntes dos conceptos fundamentais explicados na aula para despois ampliar os conceptos consultando a bibliografía aconsellada. Os estudantes terán dispoñible no Campus Virtual ferramentas como resumos dos temas expostos na aula.
|
Traballos tutelados |
Realizarase un traballo práctico relacionado con algún dos apartados dos temas do programa. Os pasos para seguir son: selección do tema xeral por parte do profesor, documentación, guión xeral, sesións a demanda do alumnado co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula. Estes traballos realizaranse en grupos reducidos e computarán na avaliación final. Esta metodoloxía está deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor, referida prioritariamente ao aprendizaxe de “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente. |
Solución de problemas |
Despois de cada tema proporanse una colección de problemas tipo. As clases de solución de problemas serán de 1,5 horas semanais en grupos reducidos. Parte deses problemas resolveranse na aula e outros deixaranse coma traballo individual. Como parte da avaliación continua proporanse aos alumnos durante o curso varios test/problemas relacionados con cada un dos bloques temáticos que serán avaliados polo profesor. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Nas prácticas de laboratorio, o alumno consultará as dúbidas. O profesor ademais interrogará sobre cuestións básicas relacionadas con cada unha das prácticas relacionándoas cos conceptos previamente adquiridos nas sesións maxistrais.
Traballos tutelados: O alumnado contará coas tutorías co docente.
Nas clases de solución de problemas o profesor potenciará a participación do alumnado e resolverá as dúbidas que se presenten. Ademais proporanse certos problemas tipo para que o alumno desenvolva nun período de tempo prefixado.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A4 A5 B5 B6 C1 C3 C8 |
Avaliarase a asistencia/realización as sesións de laboratorio, o interese e o traballo desenvolvido no laboratorio e a memoria entregada despois de cada sesión.
Ademais a asistencia/realización as practicas e obrigatoria e condición necesaria para aprobala asignatura. |
10 |
Proba obxectiva |
A1 A10 B2 B11 C4 C6 |
Tratarase dun exame no que o alumno terá que resolver 4 ou 5 exercicios relacionados coa materia a avaliar.
A proba puntuará un máximo de 6 puntos, necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas de avaliación continua (problemas/test, traballo tutelado e prácticas).
|
60 |
Solución de problemas |
A5 A10 B9 B10 B11 C8 |
Avaliaranse os problemas/test para que os alumnos resolvan de forma autónoma.
|
20 |
Traballos tutelados |
A5 A6 A7 A8 |
Avaliarase a preparación e defensa de traballos realizados en grupo. |
10 |
|
Observacións avaliación |
PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Os estudantes que non realicen as prácticas de laboratorio non poderán presentarse á proba obxectiva e figurarán como “non presentados”. Os alumnos repetidores que realizasen as prácticas de laboratorio nos dous cursos anteriores, poderán optar en realizalas novamente ou non. No caso de optar por non realizalas, debe solicitalo, e conservaría a puntuación dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos os estudantes que non superaran a asignatura deberán realizalas prácticas obrigatoriamente. AVALIACIÓN CONTINUA: A asistencia ás clases de docencia interactiva son obrigatorias. Os alumnos que acumulen máis do 20% de faltas a clase sen xustificar, serán inmediatamente excluídos do procedemento de avaliación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxectiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxectiva será un 90% da nota, sendo o 10% restante o correspondente ás prácticas de laboratorio. AVALIACIÓN FINAL · Na segunda oportunidade de avaliación seguirase a mesma norma que para a primeira oportunidade. · Os alumnos con cualificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva ou non realizaron as prácticas de laboratorio. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia a avaliación consistirá na realización dunha proba escrita con cualificación de 50% mais a valoración dos traballos propostos con cualificación de 50%. A segunda oportunidade para estes alumnos rexerase polas mesmas normas.
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
FISICA GENERAL
- M. Alonso y E.J. Finn "Física" Ed. Addison - Wesley Iberoamericano - W. Bauer y G. Westfall "Física para ingeniería y ciencias" Ed. Mc Graw-Hill -F.W. Sears, M.W. Zemansky, H.D. Young y R.A. Freeman “Física Universitaria” (2 Vol.) Ed. Addison-Wesley Iberoamericana -P.A. Tippler y G. Mosca "Física para la ciencia y la ingeniería" Ed. Reverté PROBLEMAS - L. Abad, L.Mª Iglesias "Problemas Resueltos de Física General" Ed. Técnicas y Científicas Bellisco - F. Belmar, F. Cervera, H. Estellés "Problemas de Física (Electromagnetismo, Ondas)" Ed. Tebar Flores - Burbano de Ercilla, Burbano García, G. Muñóz "Problemas de Física" Ed. Tebar - J.L. Torrent Franz "272 Exámenes de Física" Ed. Tebar Flores - Varios Autores de ULPGC "Problemas de Física" Ed. Univ. de Las Palmas |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fundamentos de Física/771G01001 | Fundamentos de Materiais para á Enxeñería/771G01003 | Matemáticas I/771G01005 | Matemáticas II/771G01006 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Deseño e Procesado con Polímeros/771G01011 |
|
Observacións |
Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a) Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático b) Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos c) En caso de ser necesario realizalos en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, evitarase a impresión de borradores. d) Fomentarase que os materiais que se eliminen da asignatura (papeis ou plásticos) se tiren nos respectivos colectores habilitados na EUDI ou na rúa para tal fin. Persoa e Igualdade de Xénero: 1. Intentarase transmitir aos estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade para que estes os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais. 2. Debe incorporarse a perspectiva de xénero nesta materia polo que os traballos entregados polos estudantes e o material preparado polo docente deben usar linguaxe non sexista. 3. Facilitarase a plena integración dos estudantes que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Perspectiva de xénero: -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Se se detectan situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|
|