No Bloque II, ao tratarse dun mestardo interuniversitario, empregarase a plataforma de teleformación creda polo profesor para a materia (O Moodle institucional non soporta acceso de alumnos de diferentes universidades) Todos os traballos son entregados a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, contribuindo deste modo a unha educación baseada nun modelo sostible.. Plataforma Moodle: https://talionis.citic.udc.es/formacion Perspectiva de Xénero Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Programa Green Campus da Facultade Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible, os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a realización de borradores |