Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Empregar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
AM1
|
BM4 BM10
|
CM1
|
Adquirir os coñecementos básicos relacionados coa Química Supramolecular. |
AM3 AM8
|
BM2 BM7 BM11
|
|
Entender a relación entre a estructura dos compostos químicos e a formación de super e supramoléculas a través de procesos de recoñecemento molecular e a auto-ensamblaxe. |
AM7 AM8
|
BM2 BM3
|
|
Entender a Química Supramolecular como unha ferramenta para a construcción de sistemas complexos a partir de unidades perfectamente definidas e a súa aplicación en distintas áreas de investigación. |
AM3 AM8
|
BM2 BM3 BM7
|
CM3 CM4
|
Interpretar os datos procedentes de observacións experimentais e a utilización das diversas técnicas experimentales empregadas na súa caracterización. |
AM7 AM8
|
BM2 BM3 BM7 BM9 BM11
|
CM1 CM3 CM5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.- Principios Básicos. Forzas de enlace débiles: tipos e propiedades. |
Definicións básicas. Relacións entre a estructura, a reactividade supramolecular e propiedades. Tipos e propiedades das forzas de enlace non covalentes que interveñen nos procesos supramoleculares. |
Tema 2.- Recoñecemento molecular: receptores moleculares. |
Recoñecemente molecular: definición. Principios para o deseño de receptores. Modos de estudo de interaccións receptor-substrato. |
Tema 3.- Sistemas Supramoleculares proteicos: catálise enzimática e deseño de enzimas. |
Estrutura secundaria e terciaria das proteinas. Bases da actividade e especificidade das enzimas. Principios para o deseño de enzimas. |
Tema 4.- Auto-ensamblaxe molecular: Nanotubos, cápsulas moleculares e outros sistemas. |
Propiedades e características dos procesos de auto-ensamblaxe molecular. Implicacións en procesos biolóxicos. Principais nanoestruturas obtidas mediante este tipo de procesos: deseño e propiedades. |
Tema 5.- Aplicacións da Química Supramolecular: Transporte, catálise, química combinatoria dinámica, sensores, máquinas moleculares e sistemas auto-replicantes. Aplicacións en nanotecnoloxía. |
Introdución ás aplicacións. Transporte Molecular. Catálise. Química combinatoria dinámica. Deseño de máquinas moleculares. Sistemas auto-replicantes. Aplicacións en nanotecnoloxía. |
Tema 6.- Cristais líquidos. Clasificacións, propiedades e aplicacións. |
Introdución, auto-organización e auto-ensamblaxe. Cristais líquidos: Xeralidades. Cristais líquidos formados mediante interaccións non covalentes. Outros materiais brandos. |
Tema 7.- Química de Coordinación Supramolecular. |
Xeralidades en procesos supramoleculares guiados por Química de Coordinación. Oligómeros cíclicos. Caixas moleculares. Arquitecturas interencadeadas (rotaxanos e catenanos). Helicatos. |
Tema 8.- Química Organometálica Supramolecular. |
Conceptos básicos e principios. Enlaces intermoleculares, tipos de enlaces presentes na química supramolecular organometálica. Receptores organometálicos e os seus complexos substrato/receptor. Procesos de auto-ensamblaxe a través de diferentes tipos de enlaces organometálicos (dativos, interaccións pi, enlaces de hidróxeno, etc). |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A7 B10 C4 |
12 |
12 |
24 |
Solución de problemas |
A1 B2 B3 B7 B10 C3 |
4 |
12 |
16 |
Prácticas a través de TIC |
A8 B2 C1 C3 |
2 |
3 |
5 |
Seminario |
A1 A3 A7 A8 B2 B3 B7 B10 B11 C1 C3 |
1 |
1.5 |
2.5 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A7 B3 B7 B10 B11 C1 |
1 |
5.5 |
6.5 |
Presentación oral |
A1 A3 A7 B4 B9 B10 B11 C1 C5 |
1 |
5 |
6 |
Proba mixta |
A1 A3 A7 B10 C4 |
2 |
11 |
13 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de pizarra, ordenador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual. |
Solución de problemas |
Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestións tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.) |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas realizadas en aula de informática. Utilización de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente on-line (Campus Virtual). |
Seminario |
Seminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais invitados da empresa, a administración ou de outras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos. |
Traballos tutelados |
Realización de traballos, tanto individualmente, como en grupo, sobre temas científicos relacionados coas distintas materias do Máster. |
Presentación oral |
Exposición oral de traballos, informes, etc., incluindo debate con profesores e alumnos. |
Proba mixta |
Realización das diferentes probas para a verificación da obtenciónde coñecementos tanto teóricos coma prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A metodoloxía de ensino proposta está baseada no traballo do estudante, quen se convirte no principal responsable do seu proceso educativo. Para que este obteña o mellor rendemento do seu esforzo, e co fin de guiar ao estudante neste proceso e determinar ata que punto o estudante está a alcanzar os obxectivos propostos en cada unidade temática, realizaranse sesións de solución de problemas e casos prácticos. Estes permitirán orientar ao alumnado e conseguir que este acade as competencias asociadas á materia. Asemade, reforzarase esta orientación a través de entrevistas individuais que se celebrarán nas horas de titoría do profesor e/ou nos horarios máis convenientes para o alumnado. Obviamente, e a parte destas titorías propostas polo profesor, o alumnado poderá acudir a titorías a petición propia cantas veces desexe e nos horarios que lle resulten máis convenientes.
Cabe resaltar que durante as sesións maxistrais fomentarase a participación en roldas de debate relacionadas cos contidos tratados en cada unidade.
As horas de atención personalizada servirán para a aclaración dos conceptos fundamentais da materia, así como para a resolución de cuestións individuais expostas nos seminarios, nas sesións maxistrais e nas prácticas.
Aquel alumnado que se acolla ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporá de atención específica que se concretará nos seguintes aspectos:
- Este alumnado disporá, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a preparación dos contidos que se traballarán nas clases prácticas de laboratorio, así como dos seminarios.
- Igualmente, e cando así o solicite, este alumnado recibirá axuda titorial complementaria para orientación e resolución de dúbidas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A3 A7 B10 C4 |
A proba mixta realizarase no calendario acordado pola Xunta de Facultade de cada centro. O seu obxectivo é o de obter unha avaliación do nivel de coñecementos e competencias acadados polo alumno, así como o de avaliar a capacidade deste para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia. |
65 |
Solución de problemas |
A1 B2 B3 B7 B10 C3 |
Realización das actividades asociadas á resolución dos boletíns de problemas facilitados polo profesor, entrega de traballos e discusión de resultados na sesión de seminario correspondente a cada tema. |
10 |
Presentación oral |
A1 A3 A7 B4 B9 B10 B11 C1 C5 |
Presentación pública do traballo tutelado realizado polo cada alumno/a seguido dunha rolda de debate na que participará todo o alumnado co fin de asentar coñecementos e resolver dúbidas puntuais sobre os contidos presentados. |
5 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A7 B3 B7 B10 B11 C1 |
Elaboración dun traballo crítico de revisión centrado nun artigo de investigación relacionado cos sistemas estudados e descritos nunha unidade temática. Este proporcionarase coa suficiente antelación, e para a súa elaboración o/a estudante apoiarase en titorías de orientación co profesor que o supervise. |
10 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A7 B10 C4 |
Nas sesións maxistrais introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes, deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumnado. |
5 |
Seminario |
A1 A3 A7 A8 B2 B3 B7 B10 B11 C1 C3 |
Actividade formativa de carácter eminentemente práctico deseñada co obxectivo de incidir naqueles aspectos da materia de máis difícil comprensión. |
2.5 |
Prácticas a través de TIC |
A8 B2 C1 C3 |
Realización de actividades relacionadas coa caracterización estructural dos sistemas supramoleculares e o estudo termodinámico e/ou cinético dos equilibrios que estos suelen presentar en disolución, facendo uso de diferente software e soporte informático de uso habitual nestas analises. |
2.5 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación desta
materia farase mediante unha metodoloxía de avaliación continua que inclúe a realización
dun exame final. O acceso ao exame está condicionado pola participación do alumnado nas actividades docentes presencias (seminarios de resolución de problemas, debate, traballos tutelados e presentación oral asociada e prácticas a través de TIC), para as que a asistencia e participación deberá ser como mínimo dun 80%. En calquera caso, será obrigatorio
asistir polo menos a unha das dúas titorías de seguemento programadas. O/a estudiante debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporcionará unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben acudir nas horas de titoría do profesor, a entrevistas co obxectivo de que éste poida analizar o problema e axudar a resolver estas dificultades. É moi importante á hora de preparar o exame, resolver algúns dos exercicios que figuran ao final de cada un dos capítulos do manual de referencia. O profesor verificará a
asistencia ás sesións segundo o sistema de control de asistencias oficial
establecido na Universidade (ou no seu caso Centro) na cal estea matriculado o/a estudiante. As ausencias deberán ser xustificadas documentalmente.
A ponderación da avaliación
continua e do exame final será en función das porcentaxes indicados na
táboa recollida nesta sección.
O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito o proceso de avaliación, e que así o desexen, as dificultades atopadas na aprendizaxe
dos contidos da materia. Asemade, lles proporcionará todo aquel material
adicional (cuestións, exercicios, modelos de exame, etc.) que contribúa a
reforzar a aprendizaxe da materia. Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao
estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá
de poder participar dunha metodoloxía formativa e actividades docentes
asociadas que lle permitan acadar os obxectivos formativos e as competencias
propias da materia. Porén, este alumnado poderá participar dun sistema
personalizado de titorías de orientación e avaliación que servirán por unha
banda, para orientar o traballo autónomo do alumno e levar un seguimento da súa
progresión durante o curso; e por outra, para avaliar o grao de desenvolvemento
competencial acadado.
A porcentaxe de dispensa quedará prefixada nunha primeira entrevista co
alumnado, unha vez coñecida a súa situación persoal. Deste xeito, fixarase un
cronograma para as titorías de orientación, e determinarase o número de
obradoiros de resolución de problemas que deberán ser avaliados mediante esta
metodoloxía. Unha vez coñecidos, ponderarase o seu número sobre o total dos
mesmos e fixarase o número de titorías das que este alumnado deberá participar.
Todas elas serán prefixadas co alumnado en función da súa dispoñibilidade,
atendendo ao cronograma de contidos da materia e concretando os prazos de
entrega do diferente material susceptible de ser avaliado (boletíns de
problemas e cuestións). Este material seralle entregado previamente a través da
plataforma Moodle segundo o cronograma acordado na entrevista inicial.
Durante as sesións de titoría trataranse aspectos asociados tanto aos contidos
da materia como á revisión conxunta dos traballos entregados, así como á
realización de pequenos test de avaliación para comprobar se o alumnado segue
con aproveitamento estas actividades. Implicacións do plaxio na cualificación: A realización fraudulenta de algún exercicio ou proba do alumno para a
evaluación da materia estará suxeta a responsabilidades disciplinarias,
conforme se recolle nas Normas de Evaluación, Revisión e Reclamación das
Cualificacións de Grao e Mestrado Universitario (Artigo 11) e no
Estatuto do Estudiantado da UDC (Artigo 35, punto 3): "Calificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa a falta: o estudiante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, se procederá a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade se fose
necesario".
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
J.-M. Lehn (1995). Supramolecular Chemistry. VCH, New York
J. W. Steed, J. L. Atwood (2009). Supramolecular Chemistry 2nd Ed. Wiley and Sons
P. A. Gale, J. W. Steed (2012). Supramolecular Chemistry: From molecules to nanomaterials. Wiley and Sons Ltd. (Vol.1 - 2)
I. Haiduc, F. T. Edelmann (2008). Supramolecular Organometallic Chemistry. Wiley-VCH |
|
Bibliografía complementaria
|
N. Rodríguez-Vázquez, A. Fuertes, M. Amorín, J. R. Granja (2016). Bioinspired Artificial Sodium and Potassium Channels. Springer International Publishing Switzerland
J. L. Atwood et al. (1996). Comprehensive Supramolecular Chemistry. Pergamon
K. Gloe (2005). Macrocyclic Chemistry. Currente Trends and Future Perspectives. Springer
V. Balzani, M. Ventura, A. Credi (2003). Molecular Devices and Machines. Wiley-VCH
K. Ariga, T. Kunitable (2006). Supramolecular Chemistry: Fundamentals ans Applications. Spriger-Verlag
R. Ungaro, E. Dalcanale (1999). Supramolecular Science: Where it is an where it is going. Kluwer, Dordrecht
D. F. Shriver, H. D. Kaesz, R. D. Adams (2008). The Chemistry of Metal Cluster Complexes . VCH Publishers |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Selección e Validación de Metodoloxías Analíticas (en extinción)/610509101 | Procesos Industriais e Sustentabilidade/610509104 | Técnicas de Caracterización de Materiais e Biointerfases (en extinción)/610509102 | Determinación Estrutural Avanzada/610509103 | Actividades Formativas Titorizadas (en extinción)/610509105 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Química de Coordinación Aplicada/610509110 | Química de Biomoléculas/610509115 | Espectroscopia de Fluorescencia e Fotoquímica/610509108 | Metais en Procesos Biolóxicos/610509314 |
|
Materias que continúan o temario |
Prácticas Académicas (en extinción)/610509136 | Traballo Fin de Mestrado/610509139 |
|
Observacións |
Perspectiva de xénero: - Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utlizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,...). - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da " Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores.
|
|