Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas |
A5 |
CE5 - Avaliar axeitadamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado con produtos químicos especiais |
B4 |
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades. |
B5 |
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
CG1 – Innovar en espazos e áreas do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito empresarial |
B8 |
CG3 – Avaliar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no campo da Química Industrial e da investigación química |
B9 |
CG4 - Demostrar capacidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos |
B10 |
CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química |
B11 |
CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional |
B12 |
CG8 - Avaliar a dimensión humana, económica, xurídica e ética na práctica profesional, así como as implicacións ambientais do seu traballo. |
C1 |
CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico |
C2 |
CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinares. |
C3 |
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional. |
C4 |
CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento da función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais |
|
BM4 BM5 BM6 BM9 BM12
|
CM1 CM2 CM4
|
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico |
AM2 AM5
|
BM4 BM5 BM6 BM8 BM9 BM10 BM11
|
CM1 CM2 CM3 CM4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. O Dereito internacional público. |
O Dereito da Unión Europea. A protección interna. A Constitución e o Estatuto de Autonomía. Documentos normativos. Tratados, regulamentos, directivas, decisións e outros documentos comunitarios; leis e regulamentos estatais e autonómicos; ordenanzas municipais. Distribución de competencias: Estado, Comunidade Autónoma e Concellos. Procedementos de elaboración de normativa. Estrutura e publicación dos textos normativos |
Tema 2. A industria. |
Política industrial integrada e competitividade. Sectores industriais: industria forestal, industria téxtil, industria extractiva, construción naval, industria espacial, industria da defensa, turismo, comercio electrónico e servizos destinados ás empresas, produtos alimenticios. Industria química e clasificación da normativa: produtos químicos, calidade e seguridade industrial, medio ambiente. |
Tema 3. Lei de procedemento administrativo. |
Responsabilidade administrativa. Responsabilidade civil. Os instrumentos represivos. A disciplina e a inspección. O Dereito sancionador. |
Tema 4. Produtos químicos. |
Marco regulamentario de xestión das substancias químicas (REACH), Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos. Comercio internacional de produtos químicos perigosos e Convenio de Róterdan. Os deterxentes. Estratexia comunitaria en materia de alteradores endocrinos. Estratexia comunitaria sobre o mercurio. Exportación e almacenamento de mercurio. Praguicidas e biocidas. Os abonos. |
Tema 5. A industria e a tecnoloxía na política europea de seguridade e defensa. |
A política de seguridade e defensa da Unión Europea: misións e capacidades. Novos actores e regras de xogo. A incipiente política europea de armamento. O sector industrial da defensa en Europa. O novo marco da investigación e desenvolvemento. A transformación da industria. Retos e oportunidades. |
Tema 6. Saúde, hixiene e seguridade no traballo. |
Saúde e seguridade no lugar de traballo: normas xerais e estratexia comunitaria. Equipos, sinalización e cargas. Protección de grupos específicos de traballadores. Lugares de traballo. Axentes químicos, físicos e biolóxicos. Exposición: amianto, campos electromagnéticos, ruído, vibracións mecánicas, atmosferas explosivas, axentes químicos, radiacións ionizantes, radiacións ópticas artificiais, axentes carcinógenos e mutágenos. Sistema europeo para o rexistro dos transportistas de materiais radioactivos. Calidade industrial e normas. |
Tema 7. Dereito ambiental. |
Orixe e fontes do Dereito Ambiental. Os instrumentos de tutela ambiental. Instrumentos preventivos. Instrumentos económicos e voluntarios de tutela ambiental. Instrumentos complementarios. Instrumentos represivos. A tutela sectorial do medio. Aplicación á industria. A prevención e o control integrados da contaminación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A5 B4 C3 |
2 |
2 |
4 |
Estudo de casos |
A2 B6 B8 B9 B10 |
2 |
2 |
4 |
Análise de fontes documentais |
B11 B12 C1 C2 |
2 |
2 |
4 |
Proba oral |
B5 |
1 |
38 |
39 |
Sesión maxistral |
C4 |
12 |
12 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
Realizaranse unha combinación de leccións maxistrais para explicar a teoría, intercalando supostos prácticos, comentarios de normas e de noticias da actualidade para ilustrar vos contidos teóricos e titorías obrigatorias. Para o seguimento das clases facilitaráselles aos alumnos selección de normas, noticias, documentación e estatísticas que se utilizan como material de apoio á docencia teórica. |
Estudo de casos |
As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. |
Análise de fontes documentais |
As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. |
Proba oral |
O exame será final e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa. |
Sesión maxistral |
Docencia expositiva sobre os contidos do programa. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
Estudo de casos |
Análise de fontes documentais |
Proba oral |
|
Descrición |
Na avaliación global tamén se terá en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, nas titorías e nas demais actividades que se desenvolvan durante o curso, de tal modo que o profesor poida levar a cabo un seguimento personalizado do estudante. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
C4 |
Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa. |
10 |
Solución de problemas |
A5 B4 C3 |
As actividades dirixidas representarán o 50% da nota final e consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. |
20 |
Estudo de casos |
A2 B6 B8 B9 B10 |
As actividades dirixidas representarán o 50% da nota final e consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. |
5 |
Análise de fontes documentais |
B11 B12 C1 C2 |
As actividades dirixidas representarán o 50% da nota final e consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. |
15 |
Proba oral |
B5 |
O exame final da materia supoñerá o 40% da nota total, e realizarase ao final do cuadrimestre, sobre a base da docencia impartida durante o curso e con apoio da bibliografía e da documentación relativa aos contidos da guía docente.
O exame será oral ou escrito e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa. |
50 |
|
Observacións avaliación |
A cualificación do alumno, tanto na primeira como na segunda oportunidade, é unha media ponderada entre o rendemento do mesmo nas dúas partes que se avalían: exame e rendemento na aula (participación, traballo cooperativo e de investigación). A repartición da puntuación será en función dos rendementos obtidos no exame (40% da cualificación) e da súa participación en actividades e traballos propostas na aula (50%). Valorarase a asistencia e participación activa nas clases que se avaliará mediante un informe final do profesor (10%).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
LOZANO CUTANDA, B. (). Derecho Ambiental Administrativo. Madrid: Dyckinson
ÁLVAREZ, N. (2000). Hacia una nueva política industrial. DIANA Y CENTRO DE INVESTIGACIÓN PARA EL DESARROLLO A.C.
CESEDEN (2008). La industria y la tecnología en la política europea de seguridad y defensa.
OANTA, G.A. (2007). La Política de seguridad alimentaria en la Unión Europea. Valencia: Tirant lo Blanch
MUÑOZ MACHADO, A. (2013). La política industrial: Un reto de nuestro tiempo. Ediciones Díaz de Santos
ORTEGA GÓMEZ, M. (ED.) (2016). Las políticas de la Unión Europea en el siglo XXI. Barcelona: Bosch Editor
CALVA, J.L. (2007). Política Industrial manufacturera.
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho internacional público, Derecho de la Unión Europea y Derecho internacional de los espacios. Valencia: Tirant lo Blanch
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho internacional público, Derecho de la Unión Europea y Derecho internacional de los espacios. Valencia: Tirant lo Blanch |
Libro blanco de la política industrial, 2005 http://www.comunidad.madrid/publicacion/1132042984210 , Diario Oficial de Galicia https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia , Servidor do Boletín Oficial do Estado http://www.boe.es/index.php?lang=gl , Portal de derecho de la Unión Europea https://eur-lex.europa.eu/homepage.html?locale=es , Consulta Diario Oficial, jurisprudencia…. Página da Dirección General de Medio Ambiente de la Unión Europea https://ec.europa.eu/info/departments/environment_es , Página sobre a ecoetiqueta comunitaria para productos http://ec.europa.eu/environment/ecolabel/ , Página sobre o sistema comunitario de gestión y auditorías ambientales (EMAS) http://ec.europa.eu/environment/emas/index_en.htm , Servidor de la Consellería de Medio ambiente http://cmaot.xunta.gal/ , Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación http://mapa.gob.es/es/, Understanding REACH https://echa.europa.eu/regulations/reach/understanding-reach |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|