Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Definir conceptos, principios, teorías e aplicacións das diferentes técnicas de preparación de mostra |
AM2
|
|
|
Propor alternativas ás técnicas clásicas de extracción para a resolución de problemas químicos complexos |
AM7
|
|
|
Aplicar os procesos avanzados de extracción en campos innovadores da industria e investigación química |
|
BM2
|
|
Innovar nos métodos de preparación de mostra utilizados en análise química nas diferentes áreas da Química |
AM9
|
|
|
Avaliar os riscos e o impacto ambiental das técnicas innovadoras de preparación de mostra fronte ás técnicas clásicas, propondo alternativas de "Química Analítica Verde" |
AM2 AM6
|
|
|
Analizar e discutir exemplos de aplicacións facendo uso dos coñecementos adquiridos, incluíndo as fontes bibliográficas primarias e bases de datos científicas (SciFinder, WOK, medline, etc.) |
|
BM4 BM7
|
|
Promover a innovación na industria e na investigación Química |
AM9
|
BM5 BM10 BM11
|
CM4
|
Operar con instrumentación avanzada para a análise química |
AM7
|
|
|
Traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa |
|
|
CM3
|
Redactar e expoñer informes científicos e técnicos |
|
|
CM1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.- Introdución ás técnicas avanzadas de preparación de mostra. |
- Importancia da etapa de preparación de mostra.
- Técnicas clásicas de extracción.
- Tendencias na etapa de preparación de mostra.
- Sistemas de mostraxe pasiva.
- Mostraxe activa de aire e partículas. |
Tema 2.- Extracción con fluídos supercríticos. |
- Propiedades xerais dos fluídos supercríticos.
- Instrumentación: compoñentes básicos dun extractor de FS.
- Modos de extracción: métodos on-line e off-line.
- Aplicacións. |
Tema 3.- Extracción asistida por microondas. |
- Fundamentos teóricos.
- Transformación da enerxía de microondas en calor.
- Extracción con disolventes de alta perda dieléctrica.
- Extracción con disolventes transparentes á radiación.
- Instrumentación.
- Aplicacións. |
Tema 4.- Extracción acelerada con disolventes. |
- Fundamento.
- Instrumentación.
- Modo de operación.
- Aplicacións. |
Tema 5.- Extracción en fase sólida. |
- Fundamento.
- Tipos de fases sólidas.
- Desenvolvemento de métodos.
- Automatización da extracción en fase sólida.
- Microextracción con adsorbentes empaquetados (MEPS).
- Extracción en fase sólida dispersiva (dSPE, QuEChERS).
- Dispersión da matriz nunha fase sólida (MSPD). |
Tema 6.- Microextracción en fase sólida. |
- Introdución.
- Principios básicos.
- Modos de extracción.
- Tipos de recubrimientos.
- Parámetros que afectan o proceso de extracción.
- Cuantificación.
- Aplicacións. |
Tema 7.- Microextracción en fase líquida. |
- Microextracción con pinga suspendida (Single-drop microextraction, SDME).
- Técnicas de membrana (Membrane Assisted Solvent Extraction, MASE).
- Microextracción con fibra oca (Hollowfiber-LPME)
- Microextracción en fase líquida dispersiva (Dispersive liquid-liquid microextraction, DLLME).
- Microextracción dispersiva asistida por ultrasóns (Ultrasound-Assisted Emulsification-Microextraction, USAEME) |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A9 |
12 |
18 |
30 |
Seminario |
A2 A6 A7 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C1 C3 C4 |
7 |
28 |
35 |
Proba mixta |
A2 A6 B2 |
2 |
6 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nelas abordaranse os fundamentos teóricos e instrumentais de cada unha das técnicas de preparación de mostra. Proxectaranse diapositivas, e nalgúns casos utilizaranse animacións informáticas ou algún vídeo, que facilitarán o seguimento das explicacións. Durante a presentación dos distintos temas iranse formulando preguntas ao fío dos conceptos explicados co obxecto de dinamizar as clases e fomentar a participación. |
Seminario |
Sesións realizadas con profesorado propio do Máster, ou con profesionais convidados da empresa, a administración ou doutras universidades. Resolución de casos prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.). Ademais, utilizarase algunha das clases de seminario para que os alumnos presenten os traballos expostos nalgún dos temas e para poder discutilos en grupo. |
Proba mixta |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe do alumno. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Nas sesións de seminarios e atención personalizada levarase a cabo un seguimento máis individualizado da aprendizaxe do alumno. Resolveranse as cuestións puntuais que lle impiden o seguimento normal da materia e revisarase o desenvolvemento das etapas intermedias e final dos traballos propostos.
O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A2 A6 A7 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C1 C3 C4 |
Resolución de problemas e/ou casos prácticos (10%)
Realización de traballos e informes escritos (10%)
Exposición oral (traballos, informes, problemas e casos prácticos) (10%)
Avaliación continua do interese e actitude do alumno mediante preguntas e cuestións durante o curso (10%) |
40 |
Proba mixta |
A2 A6 B2 |
Realizarase un exame final que versará sobre a totalidade dos contidos da materia. |
60 |
|
Observacións avaliación |
- A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando condicionado o acceso ao exame á participación en polo menos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria (sesións de seminarios e atención personalizada). - A avaliación continua (N1) terá un peso do 40% na cualificación da materia e constará de sesións de seminarios e atención personalizada que incluirán: . Resolución de problemas e/ou casos prácticos: 10% . Realización de traballos e informes escritos: 10% . Exposición oral: 10% . Avaliación continua mediante preguntas e cuestions o longo do curso: 10% - O exame final (N2) versará sobre a totalidade dos contidos da asignatura. - A cualificación do alumno obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte: Nota final= 0,4 x N1 + 0,6 x N2 Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10). - Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez. O alumno
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado mediante a
cualificacion obtida no exame final (80%) e a realización de traballos tutelados (20%). A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Pawliszyn, J. (Ed.) (2012). Comprehensive Sampling and Sample Preparation. Elsevier |
|
Bibliografía complementaria
|
Luque de Castro, M.D.; Luque García, J.L. (2002). Aceleration and Automation of Solid Sample Treatment. Elsevier
Fritz, J.S. (1999). Analytical Solid-Phase Extraction. Wiley-VCH
Pawliszyn, J. (Ed.) (1999). Aplications of Solid Phase Microextraction. RSC Chromatography Monographs
Self, R. (2005). Extraction of Organic Analytes from Foods. The Royal Sociaty of Chemistry (RSC)
Dean, J.R. (Ed.) (2009). Extraction Techniques in Analytical Sciences. Wiley
Ibañez, E.; Cifuentes, A. (2017). Green Extraction Techniques: Principles, Advances and Applications. Elsevier
Pawliszyn, J.; Lord, H.L. (Ed.) (2010 ). Handbook of Sample Preparation. Wiley
Mitra, S. (Ed.) (2003). Sample Preparation Techniques in Analytical Chemistry. Wiley
Scheppeers Wercinski, S.A. (Ed.) (1999). Solid Phase Microextraction. A Practical Guide. Marcel Dekker Inc.
Pawliszyn, J. (1997). Solid Phase Microextraction. Theory and Practice. Wiley-VCH
Kokosa, J.M.; Przyjazny, A.; Jeannot, M.A. (2009). Solvent Microextraction. Wiley
Cela, R.; Lorenzo, R.A.; Casais, C. (2002). Técnicas de Separación en Química Analítica. Síntesis |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recomendacións de cara á avaliación: Recoméndase a asistencia regular a clase e aclarar as dúbidas que vaian xurdindo ao longo do estudo da materia. É importante que o alumno consulte a bibliografía recomendada polos profesores previamente ao desenvolvemento de cada sesión de seminario. Preparación dun traballo baixo a orientación directa dos profesores a través da asistencia ás sesións de atención personalizada. Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero: 1. A entrega dos traballos documentais (traballo tutelado) que se realicen nesta materia farase da seguinte maneira: 1.1.Entregarase en formato virtual e / ou soporte informático 1.2.No caso de ter que imprimir algo en papel farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final. 2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habititados na rúa para tal fin. 3. Intentarase transmitir aos estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Debe incorporarse a perspectiva de xénero nesta materia polo que os traballos entregados polos/as estudantes e o material preparado polo/a profesor/a deben usar linguaxe non sexista. 5. Facilitarase a plena integración dos/as estudantes que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|