PROBA OBXECTIVA
Ao longo
do cuadrimestre realizaranse 2 parciais, sendo necesario acadar un mínimo de
4,5 puntos (sobre un total de 10 puntos) en cada un deles para superalos. Se so
se supera un parcial, a nota acadada conservarase tanto para a oportunidade de
xuño como para a de xullo. Para poder presentarse a un parcial é necesario
asistir a un mínimo de 2 aulas de Seminario das 4 que corresponden a esa parte.
CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO:
A cualificación de Non
Presentado resérvase para o estudantado que non realicen as prácticas na súa
totalidade e non se presenten ás distintas probas obxectivas. A non presentación ás
probas obxectivas, coas prácticas realizadas e aprobadas, suporá a cualificación de
suspenso. Na oportunidade de xullo conservaranse as notas de prácticas, participación
nos seminarios e traballo tutelado.
PRÁCTICAS DE
LABORATORIO:
Dado que a asistencia ás
sesións das prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado, a
non asistencia sen causa xustificada (consultar o listado de causas xustificadas
no Artigo 12 das "Normas da avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario" vixente)
implicaría o seguinte:
a) unha falta non xustificada supón a redución
ao 50 % da nota final obtida,
b) máis dunha falta non xustificada supón o
suspenso da materia.
A falta de puntualidade a calquera das sesións de prácticas considerarase como unha falta non xustificada.
A realización das prácticas
farase exclusivamente durante o calendario oficial previsto polo centro.
ALUMNOS MATRICULADOS CON DISPENSA ACADÉMICA E TEMPO PARCIAL:
A avaliación do alumnado que se matricule con dispensa académica e tempo parcial desglosarase da seguinte forma:
a) As prácticas de
laboratorio representan un valor máximo de 1,5 puntos. Son de carácter obrigatorio
puidendo realizarse dentro do calendario oficial en calquera quenda de mañá ou
tarde. No caso de falta non xustificada, aplicaranse os mesmos criterios que se
describiron con anterioridade para as/os estudantes de matrícula ordinaria.
b) O traballo tutelado
representa un máximo de 1 punto. É de carácter opcional.
c) A proba obxectiva representa
un valor máximo de 7,5 puntos. Poderase realizar por parciais ou nas oportunidades
oficiais. Aplicaranse proporcionalmente os mesmos criterios que se describiron
con anterioridade para as/os alumnas/os de matrícula ordinaria.
ALUMNOS CON ADAPTACIÓNS ACADÉMICAS:
No caso do alumnado con necesidades específicas de aprendizaxe e dacordo cas indicacións da Unidade Universitaria de Atención á Diversidad (ADI), o profesorado adaptará as actividades de avaliación continua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.
CUALIFICACIÓN DE
SUSPENSO:
A/O alumna/o que non acade o mínimo esixido nalgunha das actividades, aínda que sumando a nota de todas elas
chegue ao aprobado, terá un 4,5 en actas, é dicir, suspenso.
CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO
A guía docente que se
aplicará aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro será
a do curso en vigor.
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO
No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC