A cualificación final da asignatura consta de tres partes:
1.-Se CP+CR é maior ou igual que 2 puntos, a cualificación da proba obxectiva (CE) será CE=10-(CP+CR)
2.-Se CP+CR é menor que 2 puntos, a cualificación da proba obxectiva (CE) será CE=8-(CP+CR)
A cualificación final será a suma das tres partes CP + CR + CE, sempre que a cualificación da proba obxectiva sexa maior que 2 (sobre 10 puntos). Noutro caso, a cualificación final será a nota obtida na proba obxectiva, CE.
As cualificacións de prácticas a través de TIC (CR) e de resolución de problemas (CP) conservaranse na segunda oportunidade da avaliación.
Nas actas considerarase como "Non presentado" ao alumnado que non se presente á proba mixta final.
Observacións sobre o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tiempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”: As medidas de atención persoalizada específicas para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” para o estudo da materia, a avaliación continua das prácticas a través de TIC e da resolución de problemas realizarase mediante probas parciais online.
Durante a realización das probas de avaliación, en
calquera de ambas oportunidades, agás que se
indique o contrario, está prohibido o uso de cualquera dispositivo con
acceso a Internet. Se durante a realización da proba práctica, hai indicios do
uso non autorizado deses dispositivos, @ estudante será expulsado da aula, e
procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia
universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.
A realización fraudulenta das probas e/ou actividades
implicará directamente a cualificación de suspenso
("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando
calquera cualificación obtida en tódalas actividades de cara á seguinte
oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase
fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas
presencialmente na aula, que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo a
Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento
disciplinar do estudantado da UDC.