Para superar a asignatura na primeira oportunidade, plantexanse tres requisitos básicos:
-asistencia obligatoria ás prácticas de laboratorio e seminarios para a resolución numérica de problemas,
-realización de todas as actividades avaliables (obradoiros) e
-acadar unha cualificación final mínima de 5 puntos en cada unha delas.
De non acadarse dita puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a materia figurará como suspensa (4.5). Calificaranse como Non Presentado os alumnos/as que non realicen as prácticas de laboratorio e tampouco realicen a proba obxectiva. As cualificacións das prácticas de laboratorio e obradoiros manteranse na segunda oportunidade de xullo. Mentres que a cualificación da proba obxectiva de xullo substituirá á obtida na proba obxectiva de febreiro. Os alumnos/as avaliados na segunda oportunidad só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo déstas para o correspondente curso non se cubriu na sua totalidade na primeira oportunidade.
Para o alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, a realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será facilitada dentro da flexibilidad que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Se considerarán exentos das sesións maxistrais se ben se lles facilitará a asistencia ao maior número posible de seminarios fora do horario académico establecido. O profesor/a resolverá as dúbidas e revisará o traballo realizado en réxime de horas de titorías (previa cita) que estableza co alumnado. Será obligatorio realizar as prácticas de laboratorio no horario académico establecido. O alumno/a con recoñecemento de adicación a tempo parcial será avaliado mediante as cualificacions obtidas nas probas mixtas (65%), nas prácticas (20%) e obradoiros (15%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades.
A realización fraudulenta/plaxio das probas
ou actividades de avaliación será penalizada tendo en conta o establecido na
normativa: "O/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na Primeira Oportunidade coma na Segunda. Para
isto, procedease a modificar a súa calificación na acta de Primeira
Oportunidade, se fose necesario.".
Os alumnos/as que soliciten a convocatoria adiantada de decembro, aplicaranse ás consideracions indicadas na guía docente do curso anterior.
O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico completo e, por tanto, volverá comezar cun novo curso académico, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para devandito curso.