Trátase de avaliar a adquisición de coñecementos, a capacidade crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade do alumnado. Para un aproveitamento óptimo da materia, os alumnos deberán asistir a todas as actividades presenciais.
A realización das prácticas de laboratorio é un criterio básico para a superación da
materia. Neste apartado requirese unha nota mínima de 0.8 (sobre un
máximo de 2) para aprobar a materia.
A cualificación de matrícula outórgase preferentemente na primeira oportunidade.
Matrícula
de honra: no caso de que haxa varios alumnos coa mesma titulación que
poidan optar a MH, e o número de MH dispoñibles sexa inferior ao número
de alumnos, otorgaraselle a MH o alumno con maior nota final. No caso de ter a mesma nota final, a MH otorgaraselle o alumno con maior nota na proba mixta. Os estudantes avaliados en
segunda oportunidade só poderán optar a MH se o número deste non foi
cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.
Cualificación
de "non presentado": aplícase aos alumnos que participasen en
actividades avaliables que supoñan menos (<) do 40% da nota final.
Sucesivos cursos académicos. Ou proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volta a
comezar de cero con cada novo curso.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A cualificación será a suma das seguintes contribucións:
- proba mixta con parte teórica e práctica: ata un máximo de 5 puntos
- actividades realizadas nas clases de seminarios, probas obxectivas, etc, así como titorias: ata un máximo de 1.5 puntos
- resolución de problemas: ata un máximo de 1.5 puntos
- prácticas de laboratorio: ata un máximo de 2 puntos
En calquera caso, se non se alcanza unha nota mínima de 4,0/10 en cada unha das partes da proba mixta, suspenderase a materia aínda que a nota final, calculada segundo as porcentaxes correspondentes, sexa igual ou superior a 5. /10 . Nese caso, a nota final será de 4,5 / 10.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Realizarase un exame final que constará de duas partes, teórica e práctica, que puntuarán 4./10 puntos cada unha delas. En total a máxima nota de esta proba será de 8./10 puntos. Os 2./10 puntos restantes corresponderán a nota obtida nas prácticas de laboratorio.
FRAUDE NAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Durante a realización da proba práctica, en calquera de ambas oportunidades, agás que se indique o contrario,
está prohibido o uso de cualquera dispositivo con acceso a Internet. Se
durante a realización da proba práctica, hai indicios do uso non
autorizado deses dispositivos, @ estudante será expulsado da aula, e
procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia
universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.
A
realización fraudulenta das probas e/ou actividades
implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na
convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida
en tódalas actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir,
dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización
das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula,
que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo a Ley 3/2022, de 24
de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do
estudantado da UDC.