Observaciónsde avaliación
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames concalquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou oalmacenamento de información.
2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.
B) TIPOS DE VALORACIÓN:
1. Cualificación de non presentada: corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada.
2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: agás as datas aprobadas no Consello de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase un calendario específico de datas compatibles ao comezo do curso coa súa dedicación.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados anteriormente nesta sección.
2. Segunda oportunidade: Na convocatoria de segunda oportunidade é posible recuperar os puntos da avaliación continua (resolución de problemas, probas de resposta curta, intervencións durante as clases) mediante preguntas adicionais á proba obxetiva final . No demáis os criterios de avaliaciónson os mesmos para todas as oportunidades de avaliación, sempre respeitando anormativa sobre a segunda oportunidade (artigo 18, sección 5).
3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (resolución de problemas, probas de respostacurta, intervencións durante as clases) mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DEAVALIACIÓN:
Non se exclúe a posibilidade de realizar exames parciais e liberatorios da materia, anunciados polo profesor como parte do programa docente e que se realizarán antes da primeira oportunidade, gardándose as cualificacións até segunda oportunidades.
E) FRAUDE ACADÉMICA:
Conleva a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.