1. Asistencia: Para superar a
asignatura o alumnado matriculado a tempo completo terá que participar en polo
menos o 80% das actividades presenciais programadas.
2. Condicións
de avaluación:
Está prohibido acceder a aula de exame con cualquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
En canto á comisión de fraude e
responsabilidades disciplinarias, con carácter xeral, aplicarase o disposto nas
"Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e master universitario" da UDC. En particular, a realización fraudulenta
das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria que se cometa: o/a
estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
3.
Identificación: O/A estudante terá que acreditar a súa personalidade
de acordo coa normativa vixente.
TIPOS
DE CUALIFICACIÓN:
1. Cualificación
de non presentado:
Corresponde á persoa que só participe en actividades de avaliación que teñan
unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia
da cualificación alcanzada.
2. Estudantes
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia:
Serán avaliados cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.
OPORTUNIDADES
DE AVALIACIÓN:
1. Os criterios
de avaliación son os mesmos
para a primeira e para a segunda oportunidade.
2.
A avaliación
de oportunidade adiantada farase por medio dunha proba mixta
que suporá o 100% da nota final.