Será requisito indispensable que o alumno teña aboado o 100% da matrícula do Mestrado para poderlle ser asignadas as Prácticas.
A avaliación do titor da organización consistirá en contestar un cuestionario remitido ao titor da universidade no que se recollen aspectos relacionados coas prácticas, coa puntualidade, coa laboriosidade, coa adaptación ao medio, coas relacións humanas, coa motivación etc.
Ao final do período de prácticas, cada estudante presentará ao titor universitario unha memoria de prácticas no que se describa a práctica realizada.
A avaliación farase consonte o baremo arriba indicado. Os criterios de avaliación en segunda oportunidade son os mesmos que na primeira.
No caso de que o alumno non acepte realizar a oferta de prácticas xestionada dende o Mestrado/FEE ou non se presente á entrevista (no caso de ser convocado), quedará fora dos procesos de selección realizados a partir dese momento. Atendendo a esto, quedará baixo a responsabilidade do estudante a búsqueda das prácticas curriculares do Mestrado.