A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN
1. Condicións de avaliación:
está prohibido o acceso ás aulas de examen con calquer dispositivo que permita
a comunicación co exterior e/ou almacenamento de datos (teléfonos móviles,
reloxos intelixentes, etc.).
2. Identificación do
estudantado: o estudantado ten que acreditar a súa identidade de acordo á normativa
vixente.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN
1. CALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO
Corresponde ó alumnado cando
solo participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior
ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
alcanzada.
2. ESTUDANTADO CON
RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE
ASISTENCIA
Para o estudantado
matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia
a proba de resposta múltiple suporá o 100 % da calificación final.
C. OPORTUNIDADES DE
AVALIACIÓN
1. PRIMEIRA E SEGUNDA
OPORTUNIDADE
Os criterios de avaliación
aplicaránse tanto á primeira como á segunda oportunidade, incluidos estudantado
Erasmus e de intercambio.
2. CONVOCATORIA ADIANTADA
As condicións de avaliación
da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e
Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario)
serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba
de resposta múltiple que suporá o 100 % da calificación final.
D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE
AVALIACIÓN
O estudantado que suspendan a
proba de resposta múltiple recibirá a cualificación do examen como
cualificación final en todas as oportunidades.
As calificacións obtidas
polos estudantes na avaliación continua (40% da calificación final) serán válidas solo
durante o curso académico en cuestión.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a calificación de suspenso "0" na convocatoria na que se cometa: corresponderá unha calificación de
"suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce en primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederáse a modificar a calificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.