Recomendacións: 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte
informático. 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade
de imprimilos. 1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención
de impactos negativos sobre o medio natural. 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas...). 5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón
de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria. https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/estudantes/Normativa_ADI.pdf_2063069294.pdf 8. Promoverase a compatibilidade da actividade académica e
deportiva do alumno que teña o recoñecemento da condición de deportista de alto
nivel (DANUDC) ou de deportista de nivel cualificado ou similar facilitándolles
procesos como cambios de grupos docentes, horarios ou exames, para os efectos
de permitir conciliar a súa aprendizaxe coas súas responsabilidades e
actividades deportivas. https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2021/006963/document?logicalId=60063477-81aa-4320-84cd-114f4aeae4a7&documentCsv=K5VNMF199EV2JUQLKAR00E8M
9. Todo o material elaborado polo profesorado da materia
está suxeito ao dereito da propiedade intelectual. Non se poderá utilizar,
baixo ningún concepto, sen a autorización expresa dos seus autores. |