1.- A entrega dos traballos documentais
que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou
soporte informático. 1.2. Realizarase a través de Moodle, en
formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3. De se realizar en papel: -Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos
recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.- Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. 4.- Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas…). 5.- Traballaráse para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. 7. Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. |