NORMATIVA DE AVALIACIÓN
1. Condicións da avaliación: Non se permitirá o acceso á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
AVALIACIÓN:
1. A asistencia ás clases é imprescindible para a valoración de casos, discusións, solución de problemas e para a realización das probas que se desenvolvan durante o curso.
2. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación final (CF) de 5 sobre 10.
3. Os exames finais (EX) cualificaranse sobre 10, debéndose obter un mínimo de 5 puntos para aprobar. Neste caso a cualificación final calcularase utilizando a seguinte fórmula: CF=EC+EX(10-EC)/10, onde EC indica a puntuación obtida na avaliación continua durante o curso, que representa o 30%, isto é un máximo de 3 puntos.
4. A cualificación de non presentado corresponderá ao alumnado que non participe en actividades de avaliación ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida.
5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia conforme o establecido na normativa específica da UDC poderán seguir a avaliación continua acordándose ao inicio do curso un calendario de datas compatible coa súa dedicación.
OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades, incluíndo a convocatoria adiantada. En todas elas realizaranse as probas finais nas datas establecidas.
OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
A detección de fraude, xa sexa plaxio ou calquera outra acción, suporá unha cualificación final de 0 puntos. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
RECOMENDACIÓNS:
Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases. Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.