A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:
1. Calificación de non presentado: corresponde ao alumno cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, independentemente da calificación acadada.
2. Estudantes con recoñecemento de dedicación parcial e exención de asistencia: O estudante deberá comunicar esta circunstancia aos profesores da materia ao comezo do curso e, excepto para as datas aprobadas en Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
1. Primeira oportunidade: na convocatoria oficial correspondente á 1ª oportunidade avaliarase aos alumnos matriculados en función dos seguintes criterios: 1) realización, entrega e exposición oral dos traballos e actividades prácticas (60% da calificación); e b) proba obxetiva con preguntas de desenvolvemento sobre o contido teórico da materia (40% da calificación). Os estudantes teñen que alcanzar o aprobado tanto na parte práctica como na parte teórica da materia para facer a media entre ambas.
2. Segunda oportunidade: na convocatoria oficial correspondente á 2ª oportunidade, os estudantes serán avaliados mediante unha proba obxetiva con preguntas de desenvolvemento relacionadas coa parte teórica da materia. Neste caso, a nota do exame representará o 100% da calificación final.
3. Convocatoria anticipada: no caso de que un alumno solicite a convocatoria anticipada, avaliarase mediante unha proba obxetiva con preguntas de desenvolvemento relacionadas coa parte teórica da materia. A ponderación desta proba nesta convocatoria será do 100%.
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
Implicacións do plaxio:
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Directrices de xénero:
- Segundo recóllese nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.