Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Economía Mundial Código 611G01011
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Mezo Balaca, Ines
Correo electrónico
ines.mezob@udc.es
Profesorado
Mezo Balaca, Ines
Correo electrónico
ines.mezob@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é coñecer os fundamentos que permiten profundar no coñecemento da economía mundial. Para iso incluiranse temas como instrumentos de análise económica, a evolución da economía mundial, crecemento e desenvolvemento económico, distribución da renda e desigualdade, o comercio internacional, o sistema financeiro internacional e a integración económica

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
1. Identificar as fortalezas, debilidades das economías mundiais e postularse nos principais debates actuais sobre o coidado e as tendencias da economía mundial 2. Entender e analizar a influencia do crecemento da poboación, dos recursos naturais, da acumulación de capital física e humana, da tecnoloxía, das institucións e das desigualdades no desenvolvemento económico dos países 3. Coñecer e manexar con certa destreza as fontes estatísticas e documentais relacionadas coa economía mundial e española 4. Aplicar as ferramentas de análise económica ao estudo da economía mundial 5. Capacidade para interpretar con rigor económico as noticias relacionadas coa economía mundial e española 6. Utilizar correctamente o léxico económico máis vinculado á asignatura A2
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A10
A11
A12
1. Coñecer os recortes básicos da economía mundial e comprender as claves do desenvolvemento nas súas dimensións económicas, sociais e medioambientais 2. Coñecer as interrelacións entre os fluxos de produción, renta e gasto, familiarizando ao alumno coas principais macromagnitudes dunha economía 3. Coñecer os principais modelos económicos que explican o funcionamento das economías, a nivel introdutorio 4. Coñecer e comprender a importancia da taxa de crecemento a longo prazo e a magnitude das diferenzas de renta entre países 5. Fixar uns coñecementos básicos das principais macromagnitudes e a súa sistematización a través de instrumentos de análise cuantitativa como a Contabilidade Nacional (SEC) e a Balanza de Pagos 6. Coñecer o fenómeno da globalización así como o seu potencial e os seus riscos para o desenvolvemento dos países 7. Coñecer e valorar o papel das institucións internacionais encargadas de regular as relacións económicas internacionais, especialmente as comerciais e as financeiras, e os seus retos de futuro 8. Coñecer os plantexamentos en relación coa sostibilidade do desenvolvemento e as estratexias que se deseñaron nos últimos anos a tal efecto A1
A7
A9
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
1. Compromiso ético co traballo e a sociedade 2. Capacidade para traballar en equipo 3. Capacidade para interesarse polos problemas económicos e a súa resolución 4. Capacidade para reflexionar e posicionarse en relación cos problemas económicos máis relevantes 5. Habilidade para buscar, filtrar, procesar e interpretar económicamente diversas fontes de información (bibliografía e estatísticas), tanto en lingua española como inglesa, mediante diferentes ferramentas, incluíndo recursos telemáticos 6. Capacidade para o pensamento crítico 7. Actitude activa ante os feitos de actualidade que afecten ao entorno económico da economía mundial C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
I. O entorno económico internacional. Instrumentos de análise económica 1.As bases da actividade económica. Agregados macroeconómicos.
2. As contas exteriores: Balanza de Pagamentos.

II. Análise da economía mundial. 3. Evolución da economía mundial e os factores de crecemento
4. Desenvolvemento económcio: Benestar, cambio climático, migracións.
III. Relacións económicas internacionais e globalización 5. Comercio internacional.
6. Sistema financeiro internacional,
7. Integración económica. A Unión Europea

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A12 A13 B1 C3 2 0 2
Sesión maxistral A3 A4 A5 A6 A9 B3 B4 B6 B7 C1 C5 15 30 45
Proba mixta A8 A7 C8 C6 2 28 30
Obradoiro A1 A2 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C4 C7 17 51 68
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia. Programa, fontes, bibliografía, requisitos avaliación contínua.
Sesión maxistral Este método de ensino utilizarase para proporcionar ao alumnado información organizada sobre os coñecementos fundamentais relacionados cos temas
Proba mixta Proba escrita sobre os coñecementos adquiridos da materia.
Obradoiro Realizaranse diferentes actividades que requiren a participación activa do alumnado.
Valorarase a capacidade de análise e de razoamento do alumno profundando nos contidos propios da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Grupos reducidos (se o planifica o Centro) para reforzar a aprendizaxe individual a través da supervisión de actividades

Horas de tutorias presenciais, correo electrónico, Moodle ou Teams (as reunións teñen que ser previamente programadas) para que os estudantes resolvan as súas dúbidas

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A8 A7 C8 C6 Proba escrita de coñecementos adquiridos e utilización adecuada de conceptos e linguaxe económica da materia. Terá lugar na data establecida no calendario académico. 60
Obradoiro A1 A2 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C4 C7 Discusión dirixida, lecturas, solución de problemas, probas de autoevaluación e participación activa na asignatura 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia en calquera oportunidade requírese unha puntuación mínima de 5 sobre 10.

No exame final da primeira oportunidade é necesario obter un mínimo de 4 sobre 10. No caso de non alcanzar a cualificación mínima de 4 puntos sobre 10, a nota final será a obtida na avaliación continua.

Na avaliación da segunda oportunidade tomarase a mellor cualificación das seguintes opcións:

a. O exame supoñerá o 100% da cualificación final sen ter en conta a avaliación continua.

b. O exame supoñerá o 60% da cualificación e o 40% restante será a cualificación obtido durante o curso na avaliación continua. É necesario obter un mínimo de 4 sobre 10 no exame No caso de non alcanzar a cualificación mínima de 4 puntos sobre 10, a nota final será a obtida na avaliación continua.

Na convocatoria adiantada realizarase un exame que supoñerá o 100% da cualificación.

Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/o almacenamento da información.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado cando solamente participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final.

O alumno terá que acreditarsee persoalmente segundo a normativa vixente. 

Los estudiantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que que estén exentos da asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tiempo completo.

PLAXIO 

La realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación unha vez comprobada: implicase a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se comete: o/a estudiantes era cualificado con ``suspenso´´ (nota numérica 0) na convocatoria correspondiente do curso académico, tanto se a comisión da falta se producenl a 1º oportunidade como na 2º. Para isto procederase a modificar su calificación na acta de 1º oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica

Alonso, J.A.(dir.) (2021 Lecciones de Economía Mundial, Aranzadi 

KRUGMAN, P. R. y M. OBSTFELD (2016): Economía internacional. Teoría y política, Pearson Ed

García de la Cruz, Durán, y Sánchez Díez (coord.) (2011), La economía mundial en transformación, Paraninfo, Madrid.

SAMUELSON, P. A. y W. D. NORDHAUS (2019): Economía, McGraw-Hill

Tamén utilizásense outros recursos

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia Económica/611G01002
Estatística I/611G01006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Política Económica/611G01013
Macroeconomía/611G01017

Materias que continúan o temario
Economía Española/611G01016
Integración Económica e Economía Europea/611G01025
Economía Regional: Economía de Galicia/611G01030

Observacións

É importane a lectura da prensa e de revistas económicas. 

Os estudantes dispoñerán de diversos materiais en Campus Virtual

A entrega dos traballos que se realicen nesta materia farase a través de Campus Virtual

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías