Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento das principais institucións xurídicas. |
A2 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
A3 |
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. |
A4 |
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos. |
A5 |
Coñecemento dos principios e valores constitucionais. |
A8 |
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. |
A9 |
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). |
A11 |
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B7 |
Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B8 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o ordenamento xurídico penitenciario |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B8 B12 B2 B3 B5
|
C2 C6 C7 C8
|
Ser capaz de realizar escritos e resolver casos de Dereito penitenciario |
A8 A9 A11
|
B7 B11
|
C2
|
Encarar críticamente a realidade das prisións no noso Estado |
|
B11
|
C2 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Historia e crítica da prisión. A situación penitenciaria en España.
2. Principios e fontes do Dereito penitenciario.
3. A Administración penitenciaria
4. A relación xurídico-penitenciaria.
5. A organización dos establecementos penitenciarios.
6. Tratamento e clasificación penitenciarios.
7. Réxime penitenciario.
8. Réxime disciplinario.
9. Relacións dos internos co mundo exterior.
10. Liberdade condicional, beneficios penitenciarios e recompensas.
11. Sistemas de protección dos dereitos dos internos.
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B8 B11 B12 B2 B3 B5 C2 C4 C6 C7 C8 |
28 |
2 |
30 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B11 C2 C4 |
4 |
10 |
14 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B11 C2 C4 |
18 |
10 |
28 |
Discusión dirixida |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B11 C2 C4 |
10 |
0 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Mediante o sistema de lección maxistral, o docente introducirá ao estudante nos aspectos básicos de cada tema. |
Proba obxectiva |
Planteamento de preguntas acerca dos temas do programa da materia |
Estudo de casos |
A praxe é un dos elementos clave da nosa disciplina. Por iso, a formulación e resolución de casos prácticos en clase será un dos elementos basilares do desenvolvemento da docencia. |
Discusión dirixida |
Os estudantes traballarán en grupo diversos temas, debendo mostrarse activos e colaboradores cos compañeiros do seu grupo |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Sesión maxistral |
Proba obxectiva |
Estudo de casos |
|
Descrición |
A atención personalizada ao estudantado non estará vinculada a só unha metodoloxía, senón que será constante. Neste sentido, tanto o contido das clases teóricas, como o estudio persoal do alumnado, como calquera das actividades que integran o curso contarán coa posibilidade dunha tutorización por parte da docente, a fin de que o estudantado poda formular as súas dúbidas e dificultades e que a docente poda axustar as súas metodoloxías ás especificidades da persoa concreta. A estos efectos, o estudantado poderá contar con atención personalizada (sempre, lóxicamente, de un modo organizado) tanto nas horas lectivas como nos horarios de tutorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Discusión dirixida |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B11 C2 C4 |
Realización dunha proba práctica baseada nas actividades das aulas interactivas |
30 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B11 C2 C4 |
Realización dunha proba teórica |
70 |
|
Observacións avaliación |
A
avaliación de Dereito penitenciario realizarase do seguinte xeito: -O 30% da
nota final virá determinado por: · Unha proba práctica que terá como base as actividades realizadas durante o curso nas
clases prácticas (debates, resolución de supostos prácticos, etc.); a proba será realizada ao final do cuatrimestre, fixándose a data con suficiente antelación. · Unha actividade escrita realizada en grupo, con carácter xeral, que será entregada a través do Campus virtual. As instrucións para a realización e a entrega da actividade serán explicadas en clase e anunciadas no Campus virtual. -O 70%
restante virá determinado pola realización dunha proba obxetiva sobre a materia
do programa, o día da convocatoria oficial do exame (primeira ou segunda oportunidade). As súas características serán anunciadas a través do Campus virtual, e consistirá nunha proba tipo test. No caso do
programa en inglés (Prison Law), tal porcentaxe será 40%-60%, e realizarase do seguinte xeito: -O 40% da nota final virá determinado por: · Unha exposición oral dun tema que será previamente fixado nas clases. · Unha actividade escrita que será entregada a través do Campus virtual ou grupo de Microsoft Teams. As instrucións para a realización e entrega da actividade serán explicadas en clase e anunciadas a través do Campus virtual ou grupo de Microsoft Teams. -O 70% restante virá determinado pola realización dunha proba obxetiva sobre a materia do programa, o día da convocatoria oficial do exame (primeira ou segunda oportunidade). As súas características serán anunciadas a través do Campus virtual ou grupo de Microsoft Teams, e consistirá preferentemente nunha serie de preguntas de extensión corta / media. No
caso de estudantes que teñan solicitado e
obtido a dispensa prevista no artigo 7.5 da Normativa sobre o réxime de
dedicación ao estudo da UDC, tal dispensa exime da asistencia a clase, tal e como indica o artigo citado, mais seguirán o sistema de avaliación xeral da materia indicado na guía docente. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
CERVELLÓ DONDERIS, V., Derecho penitenciario, Tirant lo Blanch 2022. FERNÁNDEZ APARICIO, J.M., Guía práctica de Derecho penitenciario, Sepín 2021. LEÓN ALAPONT, J. (Dir.), Guía práctica de Derecho penitenciario, La Ley 2022. FERNÁNDEZ ARÉVALO, L. / NISTAL BURÓN, J., Derecho penitenciario, Thomson Reuters Aranzadi 2016. JUANATEY DORADO, C., Manual de Derecho penitenciario, Iustel 2016. MARCOS MADRUGA, F. / VICENTE MARTÍNEZ, R., Vademécum de Derecho penitenciario, Tirant lo Blanch 2019. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Dereito Penal. Parte xeral/612G01010 | Dereito Sancionador/612G01020 | Dereito Penal. Parte especial/612G01025 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|