OBSERVACIÓNS XERAIS
Para superar a materia é preciso realizar o traballo equivalente ou superior ao 50% das tarefas de avaliación. De non ser o caso, o/a alumno/a recibirá a cualificación de ‘non presentado’. Así mesmo, o alumnado que non complete o traballo tutelado será cualificado con “non presentado”.
O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.
Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.). Os traballos escritos poderán ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorre, aplicaranse as normas contra o plaxio. Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.
Todas as tarefas que forman parte da avaliación deben adecuarse aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía e gramática, puntuación, concordancia, precisión léxica, ou rexistro formal) propia do nivel en lingua inglesa esperado para o alumnado deste mestrado. Deficiencias nesta área serán penalizadas na cualificación.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outra oportunidade, seguindo o procedemento que se describe a continuación: 1) un traballo tutelado e a súa presentación oral (55%); 2) Tarefas que poidan suplir os exercicios realizados nos seminarios ao longo do curso (45%).
ALUMNADO CON DISPENSA
Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar co profesorado ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades.
HONRADEZ ACADÉMICA
Lembrase
ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está
totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido
quedará automáticamente suspenso, independentemente da nota do examen e outras
probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio,copiar en exames, etc.)
penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de
avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario”.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A materia poderá
ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao
apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou
relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos
disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira
previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (
https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).
REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b)
Cualificación
de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
-Segundo se
recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas.