Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono.
Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses.
Capacidade para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses |
AI10
|
BI7 BI10
|
|
Conocimiento de los principios modelos y recursos de investigación literaria/cultural en el ámbito anglófono
Capacidad para profundizar en aquellos conceptos, principios, teorías o modelos relacionados con los distintos campos de los Estudios Ingleses, así como para conocer la metodología necesaria para la resolución de problemas propios de dicha área de estudio. |
AI9
|
BI6 BI11
|
|
Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral. |
AI11
|
BI9
|
|
Coñecemento das relacións entre as principais manifestacións artísticas e literarias no ámbito anglófono. |
AI13
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Periodización xeral.
|
Introducción á periodización dos movementos literarios e culturais dos países de fala inglesa, prestando especial atención aos séculos XX e XXI. |
2. Estudos de caso. |
Estudo detallado dun ou máis movementos; análise de textos representativos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Seminario |
A10 A11 |
4 |
12 |
16 |
Sesión maxistral |
A9 A13 |
4 |
0 |
4 |
Análise de fontes documentais |
A10 B11 |
4 |
20 |
24 |
Traballos tutelados |
B6 B7 B10 B11 |
0 |
20 |
20 |
Debate virtual |
B9 B11 |
0 |
7 |
7 |
Presentación oral |
B9 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (textos literarios, fragmentos de documentais ou películas, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. SUPERVISED RESEARCH PROJECT: ELABORACIÓN DUN ENSAIO CRÍTICO. |
Debate virtual |
Técnica de dinámica de grupos que xira en torno a unha discusión onde as persoas dialogan sobre un tema específico seguindo un esquema previsto. Intervén un moderador, que leva o debate. Desenvólvese a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación síncrona (Chat) ou asíncrona (foro). |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. EXPOSICIÓN ORAL DO TRABALLO TUTELADO. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Orientación cara á elaboración e presentación dos traballos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A10 B11 |
Análise e comentario de textos (oral ou escrito). |
10 |
Presentación oral |
B9 |
Breve exposición oral do traballo tutelado de investigación. |
10 |
Traballos tutelados |
B6 B7 B10 B11 |
Traballo de investigación (final long essay), que será presentado oralmente e máis por escrito ao final do curso. |
50 |
Seminario |
A10 A11 |
Valorarase a asistencia do alumnado ás sesións e a súa participación.
Os debates acerca dun texto/tema concretos levados a cabo nos seminarios complementan o debate virtual (on-line), e viceversa. |
20 |
Debate virtual |
B9 B11 |
Debate en liña no que o alumnado deberá participar de xeito activo e crítico, afondando nos textos e temas abordados na clase, nomeadamente nos seminarios. |
10 |
|
Observacións avaliación |
RESUMO DA AVALIACIÓN - 40% avaliación continua
- 60% ensaio final (50% supervised project + 10% presentation)
Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que se mantén o traballo tutelado (60%), mais os exercicios de clase e outras actividades de avaliación continua (40%) son substituídas por probas escritas realizadas na data oficial do exame. Dado o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais. Aquelas personas que, non contando con dispensa oficial, non asistan ás aulas ou repitan el curso, serán avaliades por medio dun exame (100%). Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo. Quen non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación de Non Presentado. PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como o TURNITIN. Consecuencias da falta (normativa UDC): cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporaremos a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. De detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, se proporán accións e medidas para corrixilas. DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención áDiversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa TitoraADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Atwood, Margaret (2003). Oryx and Crake. Knopf
Powers, Richard (2018). The Overstory. Norton
McCarthy, Cormac (2006). The Road. Picador |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Amigoni, David. Victorian Literature. Edinburgh : Edinburgh University Press, 2011. The Cambridge Companion to British Romanticism. Cambridge ; New York. Cambridge University Press, 2010. Victorian Literature. Balshaw, Maria and Liam Kennedy, eds. Urban Space and Representation. London:Pluto, 2000. Benjamin, Walter. The Arcades Project. Cambridge: Harvard UP, 2002.
Bradbury, Malcolm and James MacFarlane. Modernism. London: Penguin, 1991.
Brooker, Peter. Modernity and Metropolis:Writing, Film and Urban Formations New York: Palgrave, 2002.
Andrew Thacker, eds. Geographies of Modernism : Literatures, Cultures, Spaces . New York: Routledge, 2005.
Brown Tindall, George and David E. Shi. America: A Narrative History, vol. 2. New York: Norton, 1996. Carter, Ronald. The Routledge History of Literature in English Britain and Ireland. London: Routledge, 1997.
Caws, Mary Ann, ed. City Images: Perspectives from Literature, Philosophy and Film. Amsterdam: Gordon and Breach, 1991.
Clarke, Graham. The American City. New York: Helm, 1997.
The American City: Literary Sources and Documents. Robertsbridge: Helm, 1997. Cuerkovich, A. Mixed Feelings Feminism,1992
Donald, James. Imagining the Modern City. Minneapolis: U of Minnesota P, 1999
Hand, Derek. A History of the Irish Novel: from 1665 to 2010. Cambridge; New York: Cambridge University Press, 2011. Henkin, David M. City Reading. New York: Columbia UP, 1998.
Hurm, Gerd. Fragmented Urban Images: The American City in Modern Fiction from Stephen Crane to Thomas Pynchon. New York : Peter Lang, 1991
Hughes, W. Maniac in the Cellar, 1980. Legates, Richard T. The City Reader. London: Routledge, 2003.
Lehan, Richard. The City in Literature: An Intellectual and Cultural History. Berkeley:U of California P, 1998.
Lombardo, Patrizia. Cities, Words and Images:From Poe to Scorsese. Houndmills: Palgrave Macmillan, 2003.
Miller, D.A. Cage aux Folles,1980 Pike, Burton. Image of the City in Modern Literature. New Jersey: Princeton, UP. 1981.
Shail, Andrew. The Cinema and the Origins of Literary Modernism. New York: Routledge, 2012
Shiel, Mark. Screening the City . London: Verso, 2003.
Showalter, Elaine. A Literature of Their Own: British Women Novelists from Brontë to Lessing. London: Virago, 1982.
Tillotson, K. The Woman in White, 1969
Williams, Raymond. The Country and the City. London: Chatto, 1973.
Woodward Smith, Elizabeth. Diccionario de referencias culturales en la literatura inglesa. Santiago de Compostela: Universidade de A Coruña, Departamento de Filología Inglesa, 2002.
Young, Tory. Studying English Literature : A Practical Guide. Cambridge ; New York: Cambridge University Press, 2008. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|