Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística. |
A2 |
Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas. |
A3 |
Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. |
A4 |
Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos. |
A5 |
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |
A6 |
Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada. |
A7 |
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...). |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B8 |
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
B9 |
Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais |
B10 |
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. |
C1 |
Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Estudo e afondamento na corrente teórica e metodolóxica Análise da Conversación, relacionándoa con outras correntes e teorías lingüísticas. |
AI1 AI2 AI3 AI6
|
|
|
Achegamento a traballos realizados que seguen esta metodoloxía de análise. |
AI1 AI2 AI3 AI6 AI7
|
BI5 BI10
|
CM6 CM8
|
Aplicación da metodoloxía da Análise da Conversación o ensino de linguas estranxeiras. |
AI4 AI5 AI7
|
BI1 BI2 BI3 BI4 BI8 BI9
|
CM1 CM4 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O análise da conversa |
1.1. Precedentes
1.2. Principios teóricos e metodolóxicos
1.3. O estudo da conversa |
2. A conversa. Deimitación conceptual |
2.1. A interacción
2.2. A conversa espontánea |
3. As unidades da conversa |
3.1. As unidades estructurais
3.2. As secuencias |
4. Descripción lingüística da conversa |
4.1. Estratexias sintácticas
4.2. Estratexias contextuais
4.3. Estratexias fónicas
4.4. Estratexias léxico-semánticas |
5. Estratexias pragmáticas da conversa |
5.1. A intensificación
5.2. A atenuación
5.3. A conexión |
6. A conversa e o ensino de linguas |
6.1. Documentos de referencia: MCER, PCIC
6.2. Os manuais
6.3. Materiais e actividades
6.4. Os corpus |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C6 |
3 |
5 |
8 |
Lecturas |
A1 A2 A6 B5 C6 |
0 |
10 |
10 |
Presentación oral |
A3 A5 A6 A7 B1 B2 B4 C8 |
2 |
10 |
12 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 C1 C4 C6 C7 |
0 |
15 |
15 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A5 A7 B2 B3 B4 B10 C8 |
4 |
4 |
8 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A6 B5 B10 C6 C8 |
10 |
10 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
As lecturas realizadas así como as restantes actividades serán obxecto de comentario e discusión na aula. |
Lecturas |
Os alumnos lerán as lecturas recomendadas pola profesora no inicio de cada tema. Estas lecturas son fundamentais para seguir os contidos da materia e serán previas ás explicacións da profesora nas sesións maxistrais. |
Presentación oral |
Os alumnos farán unha presentación oral do seu trabajo tutelado, que consistirá nunha exposición breve dos obxectivos, metodoloxía e síntese dos contidos. |
Traballos tutelados |
Os alumnos realizarán un traballo académico individual. A profesora proporcionará os temas, así como as indicacións precisas para a elaboración deste e seguirá a realización do traballo a través das titorías. |
Estudo de casos |
Actividades variadas a través das cales os alumnos demostrarán ter leído as lecturas do tema e ter asimilado os contidos da materia. |
Sesión maxistral |
A profesora explicará na clase os contidos principais de cada tema. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Nas titorías a profesora supervisará a realización do traballo e a preparación da exposición oral, e proporcionará as orientacións que o alumnado precise.
As titorías pódense realizar presencialmente, a través do correo electrónico ou por vídeochamada pola aplicación Teams. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A3 A5 A6 A7 B1 B2 B4 C8 |
O traballo tutelado exporase na clase ante os compañeiros o derradeiro día de clase. Valorarase a soltura na exposición, o tratamento do tema, a adecuación á situación e ó tempo, a estrutura do discurso, a utilización de axudas técnicas, entre outros aspectos. |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 C1 C4 C6 C7 |
Consistirá nun traballo individual no que se aplicarán os contidos estudados na materia. A información detallada sobre o contido e as características formais explicaranse na clase e exporanse no Campus Virtual. Valorarase a elección do tema, o tratamento, a súa aplicación, a base teórica, a redacción e o estilo adecuados, entre outros aspectos.
A data límite de entrega será o 25 de abril. |
50 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A5 A7 B2 B3 B4 B10 C8 |
Neste apartado inclúense os exercícios prácticos, resumos e comentarios sobre as lecturas propostas, comentarios e análises de discursos conversacionais, etc. Corrixiranse e avaliaranse en cada sesión. Con todo, cando a profesora requírao entregaranse a través do Campus Virtual para a súa avaliación |
30 |
|
Observacións avaliación |
1. Terán a calificación de "Non presentado" os alumnos que non realizaren o traballo tutelado. 2. Na segunda oportunidade a avaliación consistirá nun traballo tutelado (50 %) e outras actividades como as incluídas no apartado "Estudo de casos" (50 %). Gardarase a nota das actividades comprendidas en "Estudo de casos" no seu conxunto, ou do traballo tutelado que xa foron aprobados na primeira oportunidade. A data límite de entrega é o 28 de xuño. 3. Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nuna actividade teórico-práctica proposta con antelación pola profesora. 4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" para a detección do plaxio. 5. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). 6. Os traballos e restantes actividades entregadas fora da data establecida se penalizarán con un 50% da nota. Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes: -Traballo tutelado (50 %): coas mesmas características que para o resto dos alumnado. -Outras actividades (50 %): proporanse específicamente para estes alumnos nun apartado especial para eles no Campus Virtual. Consistirán en resumos, e actividades a partir de lecturas, e outras iguais ou semellantes ás realizadas polo resto dos alumnos. As titorías concertaranse por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumno como para a profesora. Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Briz, A. (1998): El español coloquial.
Esbozo de pragmagramática,
Barcelona, Ariel. Calsamiglia, H. y A. Tusón (2007 [1999]): Las cosas del decir. Manual de análisis del
discurso, Barcelona, Ariel. Gallardo-Paúls, B. (1993): Lingüística perceptiva y conversación: secuencias, Valencia,
Universidad de Valencia. Gallardo-Paúls, B. (1996): Análisis conversacional y pragmática del receptor, Valencia,
Episteme. Goffman, E. (1981): Forms of Talk, Oxford, Blackwell. Kerbrat-Orecchioni, C. (1990): Les interactions verbales, París, Armand Colin (3 vols.). Koike, D. A. Y M. C. James (2012): “Análisis de la conversación”, en S. de los Heros y M. Niño-Murcia (eds.), Fundamentos y modelos del estudio pragmático y sociopragmático del español, Washington, D. C., Georgetown University Press, pp. 117-161. Martínez Carrillo, M. C. (2020): Conversar en español. Un enfoque desde el Análisis de la Conversación, Berlin, Peter Lang. Ruiz de Zarobe, L. y Y. Ruiz de Zarobe (eds.) (2013): Enseñar hoy una lengua extranjera, Valencia, Portal Education. Sacks, H., E. A. Scheglof y G. Jefferson (1974): “The simplest systematic for the organization of turn-taking in conversation”, Language, 50, pp. 696-731. Tusón, A. (2003): Análisis de la conversación, Barcelona, Ariel.
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Aconséllase a asistencia regular ás clases para poder seguir con aproveitamento a materia. |
|