Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Dixitalización e edición Código 613836043
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Letras
Coordinación
Cordoba Rodriguez, Felix
Correo electrónico
felix.cordoba@udc.es
Profesorado
Cordoba Rodriguez, Felix
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
felix.cordoba@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo integrado dos procesos, convencións e ferramentas de edición tradicionais, e dos sistemas de codificación dixital e preservación dos materiais textuais e audiovisuais en contornos virtuais.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas aplicables á edición de textos e imaxes: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, software e hardware para o tratamento de textos e imaxes. AI10
BI8
Adquirir destrezas aplicables á comunicación, principalmente de contidos científicos. BI1
BI4
Adquisición de coñecementos especializados nos campos da lingüística e da informática, que permitan a análise e a resolución de problemas dentro de contextos multidisciplinares relacionados cos estudos lingüísticos. BI2
BI6
CM6
Fomentar a reflexión sobre a responsabilidade social e ética no campo da edición de textos e imaxes. BI3
Coñecemento de recursos e adquisición de destrezas para desenvolver a aprendizaxe autónoma e ao longo da vida. BI5
CM7
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. BI7
BI10
Comprensión da importancia social e económica da actitude emprendedora no campo da edición. CM5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Representación da información: métodos e formatos de codificación dixital da información de textos, imaxes, vídeo e audio 1.1. Dispositivos de almacenaxe e concepto de codificación
1.2. Codificación de textos
1.3. Codificación de imaxes
1.4. Codificación de audio e vídeo
2. Proceso técnico de dixitalización 2.1. Características e fases
2.2. Escaneado
2.3. OCR e revisión
2.4. Outras
3. Preservación da información dixitalizada: problemas e importancia 3.1. Problemas e importancia
3.2. Estratexias de preservación dixital
3.3. Recomendacións e boas prácticas
4. A edición: tipoloxía. Procesos e ferramentas de xestión editorial 4.1. Edición tradicional e edición electrónica
4.2. A xestión editorial
4.3. Recursos e ferramentas para a edición
5. Novos soportes e novas tecnoloxías aplicadas á edición. Especificidades da edición electrónica 5.1. O libro electrónico
5.2. As plataformas de edición

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 8 0 8
Prácticas a través de TIC A10 B2 C6 0 20 20
Obradoiro A10 B2 B3 B7 7 20 27
Traballos tutelados A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 0 18 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas en que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos
Prácticas a través de TIC Actividades, prácticas e exercicios. Solución de problemas, prácticas guiadas, elaboración de materiais etc. Requirirán o uso de computadores e varias aplicacións informáticas.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das cales o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Elaboración dun conxunto relevante de materiais dixitais multimedia, combinada cun exercicio de revisión lingüística, ortotipográfica e maquetación dun texto, coa eloboración dos seus respectivos paratextos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Prestarase unha especial atención ás posibles diferencias no estudantado tanto en canto a familiarización con conceptos e termos informáticos ou da edición como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas.
As actividades e o traballo tutelado levarán consigo unha fase de preparación e seguimento que implica un uso intensivo das titorías.
Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, polo tanto, recoméndase que se empreguen as titorías para revisar os exercicios e o traballo tutelado despois de avaliados.
As titorías poderán ser presenciais ou realizarse mediante correo electrónico, en foros do Campus Virtual ou mediante Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 Constará de dúas partes: 1. Dixitalización dunha obra editada en papel (ou parte dela) seguindo os pasos/fases do proceso de dixitalización que se verán nas aulas (45 % da cualificación final). 2. Preparación da edición dun texto (15 % da cualificación final). 60
Obradoiro A10 B2 B3 B7 Tarefas de edición, corrección e maquetación de textos. 15
Sesión maxistral B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 Avaliarase a participación significativa nas sesións. 10
Prácticas a través de TIC A10 B2 C6 Posta en práctica dos contidos da materia mediante actividades realizadas con programas de edición de textos. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario acadar nas prácticas a través de TIC, no obradoiro e no traballo tutelado unha puntuación mínima de 4 (sobre 10). De non obter esta puntuación en cada un destes mecanismos de avaliación, a cualificación nas actas será, como máximo, de 4,9 puntos.

Na segunda oportunidade deberanse presentar actividades equivalentes aos mecanismos de avaliación non superados. Estas actividades serán propostas e entregadas en el Campus Virtual de la UDC. A cualificación correspondente á participación na sesión maxistral, de non terse superada, obterase mediante actividades alternativas que se realizarán a través del Campus Virtual.

A primeira parte do traballo tutelado presentarase o día 11 de marzo e a segunda o 22 de abril.

En caso de non presentar o traballo tutelado nos prazos e forma estipulados, o/a estudante será cualificado/a como non presentado.

O estudantado con dispensa académica de asistencia será avaliado mediante o traballo tutelado e actividades correspondentes ás prácticas e aos obradoiros. A cualificación correspondente á participación nas sesións maxistrais obterase mediante unhas actividades alternativas que se realizarán a través del Campus Virtual.

Alumnado con necesidades especiais. A materia poderá ser adaptada
ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade (física, visual, auditiva etc.) consonte ás indicacións da
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/),
coa que se deberá contactar nos prazos oficiais establecidos antes do
comezo do cuadrimestre. Pódese contar co asesoramento da titora de
atención á diversidade da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

O plaxio, mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica darán lugar á descalificación automática da actividade e a penalización correspondente en virtude da normativa
vixente. As actividades e traballos poderán ser sometidas a unha revisión mediante aplicacións informáticas de detección de plaxio.


Fontes de información
Bibliografía básica Jardí, Enric (2019). Así se hace un libro. Barcelona: Arpa
Masid Valiñas, Germán; Fernández Sanz, José (2017). Cita con los textos. Cuando el autor hace de editor. Boadilla del Monte (Madrid): Ollero y Ramos
Prieto Espinosa, Alberto; Prieto Campos, Beatriz (2005). Conceptos de Informática. Madrid: McGraw-Hill. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50305
Polo Pujadas, Magda (2016). Creación y gestión de proyectos editoriales en el siglo XXI. Del papel a la era digital. 2.ª ed.. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha, Univ. de Cantabria, Univ. de les Illes Balears. https://e
Blanco Valdés, Juan Luis (2009). Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica . Vigo: Xerais
Prieto Espinosa, Alberto; Lloris Ruiz, Antonio; Torres Cantero, Juan Carlos (2006). Introducción a la informática. 4.ª ed.. Madrid: McGraw-Hill. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/50210
Beekman, G. (2005). Introducción a la informática. 6.ª ed. . Madrid: Pearson. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/45332
Buen Unna, Jorge de (2008). Manual de diseño editorial. Gijón: Trea
Blanco Valdés, Juan L. (2012). Manual de edición técnica. Del original al libro. Madrid: Pirámide
Gil, Manuel; Gómez, Martín (2016). Manual de edición. Guía para estos tiempos revueltos. Bogotá: Cerlalc
Torres Ripa, Javier (ed.) (2013). Manual de estilo Chicago Deusto. Bilbao: Universidad de Deusto

Materiais incluidos no espazo da materia na plataforma Moodle.

Bibliografía complementaria Adell, Ferran (2016). Edición en EPUB. Barcelona: UOC. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/58464
Davies, Gill (2005). Gestión de proyectos editoriales: cómo encargar y contratar libros. México: Fondo de Cultura Económica. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/10
Beltrán, Jorge Enrique (2017). Manual de edición académica. Universidad de los Andes-Universidad Nacional de Colombia. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/erea
Martínez de Sousa, José (2005). Manual de edición y autoedición. Madrid: Pirámide
Marín Álvarez, Raquel (2013). Ortotipografía para diseñadores. Barcelona: Gustavo Gili. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/45509


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías