Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Comunicación escrita Código 613836053
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martín Molares, Mónica
Correo electrónico
monica.martin.molares@udc.es
Profesorado
Acin Villa, Esperanza
Martín Molares, Mónica
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
monica.martin.molares@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento das principais técnicas e estratexias da comunicación escrita, e dominio na confección de diversos tipos de texto escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e manexar as principais técnicas e estratexias da comunicación escrita. AI7
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI9
BI10
CM1
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8
Ter capacidade para confeccionar distintos tipos de texto escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. AI7
AI10
BI2
BI4
BI5
BI8
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Saber analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación escrita. AI7
AI8
BI1
BI2
BI3
BI5
BI7
BI9
BI10
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. A comunicación escrita: concepto e problemas 1.1. Definicións. Problemas: o oral e o escrito, gradación oralidade-escrituridade

1.2. Historia e funcións da escrita
2. Os tipos textuais e as prácticas profesionais contemporáneas 2.1. Xénero discursivo

2.2. Xéneros discursivos e tipoloxías textuais

2.3. Discursos profesionais de diferentes ámbitos
3. Escritura e novas tecnoloxías 3.1. A comunicación en internet
4. Técnicas de comunicación escrita 4.1. Elaboración (adecuación e eficacia), corrección e edición de materiais escritos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 B1 B3 9 0 9
Obradoiro B4 B8 C1 C3 C5 C7 7.5 23 30.5
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C6 C7 C8 0.5 20 20.5
Lecturas B6 B7 B9 B10 C4 C6 C8 1 13 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición da profesora complementada co uso de medios audiovisuais coa finalidade de sintetizar informacións básicas da materia, para o posterior traballo de cada estudante.
Obradoiro Conxunto de actividades eminentemente prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno realizará ao longo do curso.
Traballos tutelados O alumno elaborará un traballo escrito individual tutelado pola profesora.
Lecturas Realización de lecturas necesarias para a formación do estudante respecto ao contido do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Ofreceranse titorías para tódalas as actividades, traballos ou probas que o requiran. Poderanse realizar persoalmente, mediante correo electrónico ou por teléfono.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro B4 B8 C1 C3 C5 C7 O 50 % da cualificación desta materia divídese en dous conceptos: a asistencia e participación nas aulas (10 %) e a avaliación das diferentes actividades (40 %).
No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumnado adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outros aspectos.
50
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C6 C7 C8 Trátase dun traballo escrito individual relacionado coa materia. Será obligatorio o seguimento por parte do profesorado.
Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo uso das fontes; a capacidade do alumnado para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo con autonomía e eficacia. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión.

50
 
Observacións avaliación

1. Cualificarase como Non presentado (NP) a
quen non entregue o traballo final tutelado.

2. Na segunda oportunidade a avaliación consistirá nun traballo tutelado (50 %) e outras actividades como as incluídas no apartado "Obradoiro" (50 %). Gardarase a nota das actividades que xa foron aprobadas na primeira oportunidade.

3. Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nunha actividade teórico-práctica proposta con antelación pola persoa responsable da docencia.

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón de ferramentas para a detección do plaxio, como Turnitin.

5. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).


Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Deben informar á docente da súa condición ao comezo do cuadrimestre e estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico.

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes:

  • Traballo tutelado (50 %): coas mesmas características que para o resto do alumnado.
  • Outras actividades (50 %): proporanse específicamente para o estudantado con dispensa académica.

As titorías concertaranse por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumnado como para o profesorado.


Fontes de información
Bibliografía básica Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2014). Diccionario de la lengua española. Madrid: Espasa Calpe. En: https://dle.rae.es/
Vela Delfa, Cristina (2021). La comunicación por correo electrónico. Análisis discursivo de la correspondencia digital. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
Montolío Durán, Estrella (dir.) (2014). Manual de escritura académica y profesional. Barcelona: Ariel, 2 vols.
Cassany, Daniel (2007). Afilar el lapicero. Guía de redacción para profesionales. Barcelona: Anagrama.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2023). Diccionario panhispánico de dudas (2ª ed.). En: https://www.rae.es/dpd/
Sanz Álava, Inmaculada (2007). El español profesional y académico en el aula universitaria. El discurso oral y escrito. Valencia: Tirant Lo Blanch.
Tascón, Mario (dir.) (2012). Escribir en internet. Guía para los nuevos medios y las redes sociales. Barcelona: Galaxia Gutenberg, Círculo de Lectores, Fundéu BBVA.
Vázquez, Gabriela (coord.) (2005). Español con fines académicos: de la comprensión a la producción de textos. Madrid: Edinumen.
Alcaraz Varó, Enrique et al. (eds.) (2007). Las lenguas profesionales y académicas. Barcelona: Ariel.
Martínez de Sousa, José (2015). Manual de estilo de la lengua española (MELE 5). Gijón: Trea.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2009). Nueva gramática de la lengua española. Madrid: Espasa.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2010). Ortografía de la lengua española. Madrid: Espasa Calpe.
Sánchez Lobato, Jesús (coord.) (2006). Saber escribir. Madrid: Instituto Cervantes, Aguilar.

En cada tema proporcionarase bibliografía específica.

Bibliografía complementaria Martínez de Sousa, José (2008). Diccionario de usos y dudas del español actual (DUDEA). Gijón: Trea.
Seco Reymundo, Manuel; Olimpia Andrés y Gabino Ramos (2006). Diccionario del español actual (DEA). Madrid: Aguilar.
Bizcarrondo Ibáñez, Gema y Hernán Urrutia Cárdenas (2010). Escribir y editar. Guía práctica para la redacción y edición de textos. Bilbao: Publicaciones de la Universida de Deusto.
Gómez Torrego, Leonardo (2011). Hablar y escribir correctamente. Gramática normativa del español actual. Madrid: Arco Libros.
Llamas Saíz, Carmen; Concepción Martínez Pasamar y Cristina Tabernero Sala (2012). La comunicación académica y profesional. Usos, técnicas y estilo. Pamplona: Thomson Reuters, Aranzadi.
Rodríguez Gallardo, Ángel (dir.) (2011). La escritura cotidiana contemporánea: Análisis lingüístico y discursivo. Vigo: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo.
Gómez Torrego, Leonardo (2011). Las normas académicas: últimos cambios. Madrid: SM.
Romero Gualda, M.ª Victoria (coord.ª) (2002). Lengua española y comunicación. Barcelona: Ariel.
Montolío, Estrella (coord.ª) (2008). Manual práctico de escritura académica. Barcelona: Ariel.
Aleza Izquierdo, Milagros (coord.ª) (2011). Normas y usos correctos en el español actual. Valencia: Tirant Lo Blanch.
Martínez de Sousa, José (2014). Ortografía y ortotipografía del español actual (OOTEA 3). Gijón: Trea.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Comunicación multimodal /613836051
Comunicación oral /613836052
Terminoloxía e linguaxes específicas /613836054

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías