1. En todas as actividades escritas (exame, traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. Penalizaranse as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente.
2. Non será admitida a entrega de traballos fóra de prazo.
3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón de ferramentas para a detección do plaxio, como Turnitin.
4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña realizado as restantes actividades.
5. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) na proba
mixta, así como en cada unha das metodoloxías de avaliación, para poder superar a materia.
6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo ou entrega de exercicios por medio do Campus Virtual, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade.
7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).
8. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.
Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia
Os procedementos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o restante alumnado. Porén, o traballo tutelado terá carácter individual (coa conseguinte adaptación de materiais, procedimentos e prazos de entrega).
O profesorado porá ao dispor deste estudantado tanto as instruccións para a realización como os procedementos e datas de entrega a través do Campus Virtual.
As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado.
Oportunidade extraordinaria de decembro
O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100 % da calificación.