Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A13 |
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina. |
A16 |
Coñecer a crítica textual e a edición de textos. |
A23 |
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual |
A1 A2
|
|
|
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina |
A13
|
|
|
Coñecer a crítica textual e a edición de textos, aplicados ao campo da literatura latina |
A16
|
|
|
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía no campo da filoloxía clásica |
A23
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información no campo da filoloxía clásica |
A11
|
B1
|
|
Adquirir capacidade de autoinformación no campo da filoloxía clásica |
|
B3
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas, especialmente a historia das literaturas inglesa, española e galega |
|
B5
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
|
B6
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar críticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico |
|
B7
|
|
Apreciar a diversidade cultural mediante a confrontación do legado da Antigüidade cos trazos da modernidade e contemporaneidade |
|
B8
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Conceptos xerais |
1.1. O sistema literario na Antigüidade: Literatura/Textos/Letras.
1.2. Cuestións de denominación, delimitación e periodización: 'literatura romana'/'literatura latina'.
1.3. Imitación e emulación. |
2.- Textos científicos e técnicos en prosa e en verso: visión panorámica. |
2.1. Agricultura
2.2. Medicina.
2.3. Arquitectura
2.4. Textos de maxia
|
3.- Autores e obras en prosa.
|
2.1. Catón, Varrón, Columela.
2.2. Celso, Escribonio Largo, Gargilio Marcial
2.3. Da 'Historia Natural' de Plinio o Vello aos recetarios médicos tardoantigos. |
4.- Autores e obras en verso e textos en prosa rítmica. |
4.1. Xeórxicas de Virxilio
4.2. Medicamina faciei feminae, de Ovidio; Liber medicinalis de Quinto Sereno.
4.3. Incantamenta magica, Defixionum tabellae. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A2 A16 B1 B7 |
14.5 |
18.5 |
33 |
Proba obxectiva |
A1 A13 |
2 |
0 |
2 |
Traballos tutelados |
A11 A13 B3 B5 B6 |
0 |
25.5 |
25.5 |
Lecturas |
A2 B8 |
0 |
35 |
35 |
Sesión maxistral |
A1 A13 A16 A23 |
15 |
0 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Utilizaránse con preferencia textos acompañados de traducción, excepto naqueles casos en que unha explicación pormenorizada requira referirse á obra na súa lingua orixinal. Neses casos a explicación, sempre dunha pasaxe de extensión limitada, farase sobre o texto orixinal. |
Proba obxectiva |
Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. |
Traballos tutelados |
O estudante elaborará polo menos un traballo individual coa orientación e a asistencia do profesor. Terase en conta o rigor da análise e a capacidade de síntese, a orixinalidade do enfoque, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder superar a materia. |
Lecturas |
O estudante fará as lecturas obrigatorias que se lle propoñan e dará conta dos resultados a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva. |
Sesión maxistral |
Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas entregados na clase e/ou enviados a través da plataforma Moddle |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O estudante asistirá a titorías presenciales concertadas previamente a fin de que o profesor supervise a planificación e desenvolvemento do traballo tutelado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A2 A16 B1 B7 |
Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. |
20 |
Proba obxectiva |
A1 A13 |
Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. A expresión ha de ser correcta e a redacción clara. Os textos propostos para a proba, na lingua orixinal ou en traducción, según a cuestión a tratar, serán de similar dificultade aos que teñan sido comentados e estudados na aula. A proba terá unha duración de dúas horas. Ningún alumno poderá abandonar a aula ata que a totalidade dos seus compañeiros rematen a proba e entreguen o exame. Requirirase unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para dar por superada esta proba |
40 |
Traballos tutelados |
A11 A13 B3 B5 B6 |
Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para superar a materia |
40 |
|
Observacións avaliación |
En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo. Os estudantes que non teñan superado a materia na primeira oportunidade poderán someterse na segunda oportunidade á proba obxectiva e preparar un novo traballo tutelado, coas mesmas porcentaxes de calificación ca as establecidas para a primeira oportunidade. Para o 20 % restante, é decir, para a porcentaxe de calificación que corresponde a Análise de fontes documentais poderán preparar un traballo sobre lecturas asignadas específicamente polo profesor. Tanto o traballo tutelado coma o correspondente ás lecturas deberán ser entregados presencialmente na mesma data ca a establecida no calendario académico oficial para a proba obxectiva ou exame. De non realizar a proba obxectiva, o estudante será cualificado como 'Non Presentado'. Os estudantes que se matriculen na modalidade de dispensa académica concertarán ao inicio do cuatrimestre, non mais tarde da primeira ou segunda semana do período de clases, unha titoría presencial co profesor para establecer un calendario de actividades e de titorías que permitan seguir o cumprimento dos obxectivos da aprendizaxe. En modalidade de dispensa académica o estudante será eximido da asistencia ás sesións prácticas de análise de fontes documentais, pero deberá realizar a proba obxectiva e entregar o/s traballo/s tutelado/s, nas datas previstas e coa mesma porcentaxe de cualificación ca os establecidos para a modalidade de non dispensa académica. Na modalidade de dispensa o 20% da cualificación atribuido a Análise de fontes documentais será compensado entregando un traballo sobre lecturas previamente asignadas polo profesor ao efecto nunha sesión de tutoría presencial.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|