Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar as técnicas de análise literaria. |
A1 A2 A15
|
B7
|
C1
|
Realizar por escrito documentos científicos (recensións, comentarios, etc.) |
A2 A9 A11 A15
|
B1 B6 B7
|
C6
|
Coñecer as principais etapas da literatura galega, da Idade Media á contemporaneidade. |
A7 A11 A14 A17
|
B3 B8
|
C6
|
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á literatura galega. |
A11 A14
|
B1 B3 B7
|
C6
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. |
A7 A11 A14 A15
|
B9 B10
|
C1 C6
|
Coñecer e manexar os principais recursos web e bibliográficos sobre a literatura galega nas súas diferentes etapas. |
A11
|
B1 B3
|
C6
|
Ser capaz de pór en relación os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras de características similares. |
A11 A14 A15
|
B3 B5
|
C6
|
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. |
A4 A9 A15
|
B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A literatura galega |
1.1 Definición, caracterización, periodización. Cuestións metodolóxicas. |
2. Literatura medieval galego-portuguesa. |
2.1 Lírica profana. Cantiga de amor. Cantiga de amigo. Cantiga de escarnho e maldizer.
2.2 Lírica relixiosa. Cantigas de Santa María
2.3 A prosa medieval. |
3. A literatura nos séculos XVI-XVIII. |
3.1 O concepto "Séculos Escuros". Unha ilustración galega? |
4. O século XIX. O Rexurdimento. |
4.1 Prerrexurdimento, rexurdimento, rexionalismo.
4.2 A poesía. Rosalía de Castro: Cantares Gallegos.
4.3 A prosa e o teatro. Período Intersecular. |
5. O século XX. |
5.1 As Irmandades da Fala. A renovación do sistema.
5.1.1 O Grupo Nós.
5.1.2 As Vangardas.
5.2 A guerra civil. A literatura do exilio
5.3 A recuperación da actividade literaria na posguerra.
5.3.1 A narrativa.
5.3.2 A poesía. Movementos e autores.
5.4. De 1975 á actualidade. Diversificación xenérica.
5.4.1 A narrativa.
5.4.2. A poesía.
5.4.3. O teatro. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B5 |
1 |
0 |
1 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A4 B1 B7 |
20 |
20 |
40 |
Lecturas |
A7 A11 A17 B9 B10 |
0 |
40 |
40 |
Prácticas a través de TIC |
B1 B3 B5 B6 C6 |
0 |
1 |
1 |
Sesión maxistral |
A7 A11 B7 |
45 |
0 |
45 |
Seminario |
A11 A15 B4 B7 |
20 |
20 |
40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A7 A11 B3 B5 B8 |
0 |
2 |
2 |
Traballos tutelados |
A9 A11 A14 B1 B3 B5 B6 C1 |
1 |
15 |
16 |
Proba mixta |
A2 A7 A11 C1 |
3 |
35 |
38 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Exposición xeral do funcionamento da materia e realización de actividades prácticas para familiarizar o alumnado co funcionamento de bases de datos e repositorios dixitais, cos recursos bibliográficos, e coa metodoloxía das actividades avaliábeis. |
Análise de fontes documentais |
Léctura, análise e comentario de códices, textos e paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...). |
Lecturas |
Realización das lecturas obrigadas que se indican no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que indique o profesorado. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas en que se utilizarán de maneira case exclusiva os recursos en rede incluídos no apartado 8 da guía. |
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que o profesorado expón os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. |
Seminario |
Traballo en grupos reducidos coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de conclusións nas que se envolven todos os participantes do seminario. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Traballos tutelados |
Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a orientación e co seguimento do profesorado da materia. As características e condicións de realización do traballo explicaranse no inicio do curso e acordaranse co alumnado. |
Proba mixta |
Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test, etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Seminario |
Análise de fontes documentais |
|
Descrición |
Durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización das actividades e o acompañamento da materia. Poderán concertarse citas fóra deste horario previa solicitude por correo electrónico.
O estudantado con dispensa académica será obxecto de especial acompañamento individualizado.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A9 A11 A14 B1 B3 B5 B6 C1 |
O traballo titorizado consistirá na elaboración dun vídeo sobre unha obra de lectura asignada polo profesorado.
As pautas e as instrucións específicas para a súa realización e presentación serán proporcionadas nas aulas e publicadas no Campus Virtual. |
20 |
Lecturas |
A7 A11 A17 B9 B10 |
As obras de lectura obrigada serán obxecto de traballo específico nas aulas de grupo reducido.
A avaliación realizarase tendo en conta as actividades realizadas nestas sesións de acordo coas pautas que proporcionará o profesorado. |
20 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A7 A11 B3 B5 B8 |
Cada estudante deberá asistir a dous eventos (conferencias, mesas redondas, exposicións etc.) de entre os recomendados polo profesorado ao longo do curso académico.
Sobre cada evento deberá ser cumprimentada, de acordo coas instrucións do profesorado, a ficha de valoración que estará disponíbel no Campus Virtual. |
10 |
Proba mixta |
A2 A7 A11 C1 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados no Campus Virtual no inicio do curso. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas doutras autorías sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. No xeral, a realización fraudulenta das probas de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos estabelecidos. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. 1. Requisitos para superar a materia Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes das actividades avaliábeis. Cando a cualificación da proba escrita sexa inferior a 4, farase constar como cualificación final a obtida nesa proba escrita (calculada sobre 10, sen ponderar). 2. Non presentado/a Será considerado NON PRESENTADO/A quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. Isto é, quen se presentar a calquera das probas escritas, terá a consideración de PRESENTADO/A. 3. Segunda oportunidade O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado. O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 sobre 10 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta. 4. Dispensa académica O/a estudante que teña concedida dispensa académica terá condicións especiais de avaliación. Deberá pórse en contacto co profesor Isaac Lourido (isaac.lourido@udc.gal) antes do día 30 de setembro. 5. Alumnado de segunda matrícula e posteriores ou con incompatibilidade horaria por razóns laborais O alumnado con estas características que non poida asistir ás aulas con regularidade deberá alertar sobre este feito a través dun correo electrónico a isaac.lourido@udc.gal antes do día 30 de setembro. 6. Convocatoria adiantada de decembro Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia. 7. Apoio á diversidade A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). 8. Perspectiva de xénero De acordo coas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, será incorporada a perspectiva de xénero nesta materia. Será usada linguaxe non sexista e, na medida do posíbel, bibliografía producida por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Obras de lectura: Selección de textos medievais. Selección de textos dos séculos XVI-XVIII. Rosalía de Castro, Cantares gallegos. Ramón Otero Pedrayo, Contos do camiño e da rúa. Rafael Dieste, A fiestra valdeira. Luís Seoane, A soldadeira. Manuel Forcadela (ed.), Poesía de posguerra. Xohana Torres, Adiós, María. Xosé Luís Méndez Ferrín, Amor de Artur e outros contos con Tagen Ata ao lonxe. Unha obra asignada polo profesorado a cada estudante. Cando for preciso, o profesorado indicará as edicións recomendadas para a lectura. |
Bibliografía complementaria
|
|
O profesorado da materia proporcionará unha listaxe de recursos bibliográficos específicos para os temas tratados nesta materia a través da plataforma virtual moodle. Como obras de consulta de carácter xeral, indícanse agora as seguintes: Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981. Pena, Xosé Ramón, Historia da literatura galega, Xerais, Vigo, 2013-2019, 4 vols. Tarrío, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1997. Tarrío, Anxo (coord.), Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV), Hércules de edicións, A Coruña. Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, A Nosa Terra, Vigo, 1999. Vilavedra, Dolores (coord.), Dicionario da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1995-2000. Vilavedra, Dolores, Historia da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1999. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O/a estudante que precise falar co profesorado fóra do horario de atención establecido oficialmente, poderá concertar unha cita a través do correo electrónico, nos enderezos que figuran nesta guía. Para as comunicacións relativas á materia, o profesorado utilizará como canais preferentes, ademais da comunicación oral nas aulas, o Campus Virtual e o enderezo de correo electrónico institucional do alumnado. |
|