Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O estudantado debe expresarse dunha maneira creativa, orixinal e imaxinativa en textos orais e escritos de lingua inglesa. |
A6 A9 A15
|
B1 B3 B4 B5 B6
|
C2
|
O estudantado debe tomar parte activa en debates orais sobre asuntos de interese cotiáns e xerais, explicando e defendendo o seu punto de vista usando unha linguaxe apropiada.
|
A1 A6 A9
|
B3 B4 B5 B10
|
C2
|
O estudantado debe poder expoñer con claridade a súa opinión sobre diferentes temas e textos, explicando claramente e destacando os puntos principais do seu argumentario, debatindo de xeito axeitado, procurando convencer os demais e respondendo ás cuestións e dúbidas que poidan xurdir. |
A1 A6 A9 A10 A15
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10
|
C2 C4
|
O estudantado debe poder seguir os discursos de textos orais dos medios de comunicación, sempre que se fale un nivel de lingua estándar, pero mesmo tamén empregando unha cantidade considerable de linguaxe coloquial e de expresións idiomáticas. |
A6
|
B3 B4 B8 B10
|
C2 C4
|
O estudantado debe ser capaz de expresarse en inglés escrito con claridade e fluidez, dunha forma coherente e ben organizada, usando conectores de maneira apropiada. Deben usar vocabulario e estruturas que matizan e expresan modalidade: graos de certeza/incerteza, crenza/dúbida, probabilidade/improbabilidade, usando parágrafos e puntuación correctamente. |
A1 A6 A9
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10
|
C2 C4
|
O estudantado debe ter a capacidade de entender as principais ideas da maioría dos textos orais ou escritos en inglés, seguir liñas argumentais complexas e identificar as principais conclusións ás que chegou o falante, sempre que o tema sexa relativamente coñecido. |
A1 A6
|
B4
|
C2 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Gramática |
1.1. Usos de it
1.2. Usos de wish e outras construcións para expresar a irrealidade.
1.3. Expresión da énfase: Oracións cleft e semicleft, inversión, extraposición...
1.4. Adverbiais
1.5. Clases de palabras e formación de palabras |
2. Vocabulario |
2.1. A cidade e as vilas
2.2. Os lugares nos que vivimos
2.3. Política e regulacións
2.4. O medio ambiente
2.5. Diversidade e discriminación |
3. Writing |
3.1. Expresar a opinión propia e convencer os demais
3.1.1. Críticas
3.1.2. Informes
3.2. Cartas
3.2.1. Cartas formais e informais
3.2.2. Cartas de reclamación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
C2 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A6 A15 B3 B10 C2 C4 |
22 |
16 |
38 |
Portafolios do alumno |
A1 A6 A9 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 |
5 |
17 |
22 |
Seminario |
A1 A6 A10 B6 C2 |
15 |
15 |
30 |
Discusión dirixida |
A1 A6 A9 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 |
14 |
0 |
14 |
Proba oral |
A6 A9 B4 B7 B8 B10 C2 |
1 |
8 |
9 |
Proba obxectiva |
A6 B3 B6 C2 |
0 |
34 |
34 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Primeira toma de contacto coa materia, na que as actividades teñen como fin a obtención de información sobre o nivel de competencia do estudantado, para poder avanzar de acordo coas súas expectativas e necesidades. |
Sesión maxistral |
Exposición de contidos teóricos e prácticos, acompañada de material audiovisual, co fin de aumentar e consolidar os coñecementos do estudantado da lingua inglesa e os temas aprendidos. |
Portafolios do alumno |
Conxunto de tarefas de redacción encomendadas durante o cuadrimestre. |
Seminario |
Son sesións prácticas nas que se traballan as habilidades básicas en relación co programa, e nomeadamente, o speaking, o listening e o reading. |
Discusión dirixida |
Diálogos en parellas e grupos pequenos, con seguimento do profesor, nos que se poñen en práctica as habilidades do estudantado, e nos que poden ter lugar conversacións e debates informais e espontáneos. |
Proba oral |
Todos os estudantes realizarán unha presentación oral ao final do cuatrimestre, na cal deberán amosar a súa competencia comunicativa en inglés. Os estudantes poderán escoller realizar as súas presentacións na aula ou como un vlog. |
Proba obxectiva |
Exame escrito. Permite que os profesores avalíen os coñecementos e habilidades lingüísticas adquiridos, desenvolvidos e mellorados durante o curso. Pode incluír varios tipos de preguntas e basearase nos materiais utilizados ao longo do curso. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
O profesor corrixirá ao longo do curso varias redaccións de cada estudante.
O estudantado deberá ter en conta os seus erros e as correccións e comentarios para futuras ocasións. Poderán e deberían consultar co profesorado sobre a maneira de mellorar o seu rendemento, e usar o tempo dedicado á auto-aprendizaxe para corrixir erros. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A6 B3 B6 C2 |
Unha proba obxectiva (exame) baseada nos materiais presentados na clase. Incluirá varios tipos de exercicios. Deste 60% da materia, 40% corresponderá a un exame escrito de gramática e vocabulario, 100% a unha comprensión de texto escrito (reading) e 10% a unha comprensión de texto oral (listening). |
60 |
Seminario |
A1 A6 A10 B6 C2 |
No seminario avaliarase o conxunto de tarefas de comprensión escrita (reading) e oral (listening) realizadas durante o curso. |
10 |
Proba oral |
A6 A9 B4 B7 B8 B10 C2 |
Todo o estudantado realizará unha presentación oral ao final do cuadrimestre, na que deberá mostrar as súas competencias comunicativas orais en lingua inglesa. Avaliarase a capacidade de facerse entender, a súa coherencia, fluidez, pronunciación e tamén a complexidade e corrección léxicas e gramaticais. Os estudantes poderán escoller realizar as súas presentacións na aula ou coma un vlog. |
15 |
Portafolios do alumno |
A1 A6 A9 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 |
Avaliaranse varias redaccións (writing). As características de cada unha serán explicadas polo profesor na aula. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o estudantado terá que cumplir as seguintes dúas condicións: A) Media ponderada do conxunto das actividades superior a 50. B) Ter máis dun 40% da nota en cada unha das seguintes tarefas: "proba oral", "proba obxectiva" e "portafolios do alumno". No caso de non cumprir con algunha destas condicións, o estudantado terá que acudir á oportunidade de xullo. Aplicarase unha penalización do 25% aos traballos presentados fóra de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automaticamente coa calificación de 0. Poderanse empregar programas específicos de detección do plaxio. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copia de traballos, copaia de exames, etc.) penalizarase, de acordo ao establecido no Regulamento Disciplinar do Estudantado da UdC, artigos 10.3.f e 11.4.b, co suspenso en ambas oportunidades.
- Cualificación de Non Presentado (NP):
Para obter a cualificación de Non Presentado (NP) o estudantado deberá non ter realizado a Proba obxectiva / Exame final, nin a Proba oral. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá que acudir á oportunidade de xullo, que terá a mesma ponderación das diferentes actividades de avaliación mais na que os traballos de Seminario e Portafolios serán substituídos por novos traballos específicos. As partes da materia superadas (máis do 50% da nota) na primeira oportunidade non poderán ser repetidas na oportunidade de xullo. O estudantado con dispensa académica oficialmente recoñecida será avaliado segundo as indicacións para a oportunidade de xullo, mantendo as mesmas porcentaxes da avaliación e realizando as adaptacións dos traballos necesarias por motivos de presencialidade. O estudantado nesta situación deberá poñerse en contacto co profesorado tan pronto como teña coñecemento da mesma.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Quirk, Randolph & Sidney Greenbaum (1985). A University Grammar of English. London: Longman
Vince, Michael (2009). Advanced Language Practice. English Grammar and Vocabulary. London: MacMillan
Mann, Malcolm (2008). Destination C1 and C2: grammar and vocabulary. London: MacMillan
Tims, Nicholas et al. (2014). Face2face Advanced Workbook. Cambridge: CUP
Burgess, Sally & Amanda Thomas (2014). Gold Advanced Coursebook. Harlow: Pearson
Edwards, Lynda & Jacky Newbrook (2014). Gold Advanced. Maximiser with key.. Harlow: Pearson
Jones, Leo (2001). New Cambridge Advanced English. Cambridge: CUP
Swan, Michael (1996). Practical English Usage. Oxford: OUP |
|
Bibliografía complementaria
|
Thomson, Audrey Jean & Agnes V. Martinet (1993). A Practical English Grammar. Oxford: OUP
Collie, Joanne & Stephen Slater (1992). Cambridge Skills for Fluency: Listening 3 (and 4). Cambridge: CUP
Greenall, Simon & Diana Pye (1993). Cambridge Skills for Fluency: Reading 3 (and 4). Cambridge: CUP
Collie, Joanne & Stephen Slater (1992). Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3 (and 4). Cambridge: CUP
Littlejohn, Andrew (1993). Cambridge Skills for Fluency: Writing 3. Cambridge: CUP
Greenall, Simon & Michael Swan (1986). Effective Reading. Cambridge: CUP
Hewings, Martin (1999). English Grammar in Use. Advanced.. Cambridge: CUP
McCarthy, Michael & Felicity O’Dell (1996). English Vocabulary in Use.(Advanced). Cambridge: CUP
O’Connell, Sue (1992). Focus on Advanced English. London: Nelson
Side, Richard & Guy Wellman (2000). Grammar and Vocabulary for CAE and CPE. London: Longman
Beaumont, Digby & Colin Granger (1991). Heinemann English Grammar. Oxford: Heinemann
Swan, Michael & Catherine Walter (1997). How English Works. Oxford: OUP
Allsop, Jake & Peter Watcyn-Jones (1990). Test Your Phrasal Verbs. London: Penguin
Allsop, Jake & Peter Watcyn-Jones (1990). Test Your Prepositions. London: Penguin |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Inglesa 1/613G01003 | Lingua Inglesa 2/613G01008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua Inglesa 4/613G01019 |
|
Observacións |
<ul> <b>Medidas de apoio á diversidade</b> </ul><p>A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).</p><p><ul> <b>Medidas de apoio á igualdade</b> </ul></p><p>Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación&nbsp;para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)</p><p>Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.</p><p>Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.</p> |
|