-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.
-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades e o suspenso da materia.
-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula será valorada polo profesorado.
-Na oportunidade de xullo e na convocatoria adiantada de decembro realizarase a proba mixta e entregaranse as actividades equivalentes aos obradoiros sinaladas polos profesores correspondentes.
- Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións da parte de inglés correspondentes ao traballo individual e en grupo do curso, no seu caso, mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle da UDC, e que haberá que entregar ao profesorado correspondente antes ou na mesma data do exame oficial.
-Na oportunidade de xullo recuperaranse as actividades e exercicios da parte de español non superadas mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle.
-Na oportunidade de xullo recuperarase o obradoiro (tradución ao galego) mediante unha actividade equivalente que será dispoñibilizada na plataforma Moodle.
-Os/As alumnos/as que non se presenten á proba mixta, en calquera convocatoria, acadarán a cualificación de NP (Non Presentado).
-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto cos profesores o antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a segunda oportunidade.
Máis sobre os plaxios
Nesta asignatura podería empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de avaliacións, de cualificacions s de reclamacións na avaliación.
Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC": "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
Diversidade:
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneir previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.