Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A27 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A1 A2 A3 A4 A10 A11
|
B1 B2 B5 B7
|
C1 C2 C4
|
Coñecer e aplicar diferentes métodos e técnicas de análise á produción literaria e cultural galega do século XX. |
A1 A2 A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 A23
|
B1 B3 B7
|
C1 C4 C6
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma |
A1 A4 A7 A10 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B3 B5 B8 B10
|
C1 C4 C7
|
Aplicar as técnicas de análise cultural, considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 A17
|
B4 B5 B7 B9
|
C1 C7
|
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos da creación literaria. |
A1 A2 A4 A10 A11 A15 A17
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C1 C6 C8
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. |
A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27
|
B1 B3 B4 B5 B8 B10
|
C1 C4
|
Saber realizar unha análise crítica da literatura e os discursos como un medio de construción da feminidade e da masculinidade, así como dos roles e estereotipos de xénero asociados a estas identidades nas diferentes épocas. |
A2 A4 A10 A11 A14 A15
|
B3 B5 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6
|
Saber empregar o xénero e a sexualidade como categorías de análise das representacións da subxectividade inscritas nos textos literarios. |
A2 A4 A10 A11 A14 A15
|
B3 B5 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Introdución xeral á literatura galega do séc. XX
|
1.1.- Caracterización xeral. Periodización
|
2.- O segundo renacemento
|
2.1.- As liñas de actuación cultural das Irmandades: ampliación e consolidación do sistema literario
2.2.- Da "Xeración do 16" ao grupo Nós: caracterización e problemas.
2.2.1.- Principais autores. Análise de textos representativos
2.3.- Á procura da renovación temática e formal. As vangardas e a súa influencia.
2.3.1.- Principais autores. Análise de textos representativos
|
3.- A literatura de posguerra e o exilio ás dúas beiras do Atlántico: continuidade e ruptura |
3.1 Guerra civil e posguerra na Galiza.
3.2. A literatura e cultura galegas na emigración e no exilio.
3.2.1. Principais autores e autoras. Análise de textos representativos
|
4.- A recuperación literaria no interior a partir de 1950 |
4.1. A reconstrución do sistema literario: axentes editoriais e actividade cultural. Grupos, movementos e autoras e autores
4.2.- Continuidade e innovación na literatura da década de 60
4.2.1.-Principais autores e autoras. Análise de textos representativos
4.3.- Renovación da linguaxe poética, narrativa e teatral na década de 70
4.3.1.- Principais autoras/es. Análise de textos representativos
|
5.- Da década de oitenta á actualidade |
5.1 Diversificación xenérica. Grupos, movementos, autoras e autores.
5.2 A irrupción das autoras e a apertura a novos discursos.
5.3. Análise de textos representativos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 |
2 |
20 |
22 |
Lecturas |
A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 |
0 |
15 |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 |
2 |
20 |
22 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 A11 B9 C1 C6 |
1 |
14 |
15 |
Actividades iniciais |
A1 A23 B6 |
1 |
1 |
2 |
Discusión dirixida |
A3 A7 A14 A2 A4 A10 A14 A15 B3 B5 B7 B8 B10 C4 |
8 |
0 |
8 |
Seminario |
A4 A11 B3 C2 C6 |
10 |
12 |
22 |
Presentación oral |
A1 A3 A4 A15 A17 B1 C2 |
1 |
5 |
6 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B2 B5 B7 B9 B10 C4 C6 C7 C8 |
15 |
15 |
30 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
A profesora iniciará a análise e comentario de obras literarias incluídas na programación ou doutro tipo de materiais (textos teóricos, filmes etc) e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados (orais e/ou escritos) segundo as pautas estabelecidas.
|
Lecturas |
O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias. As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
|
Proba mixta |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. Esta proba escrita será comentada posteriormente coa profesora nunha sesión individual. |
Traballos tutelados |
Traballo individual sobre algunha das obras de lectura obrigatoria, seleccionada entre a profesora e cada estudante no inicio do curso. O tema, características e dimensións serán acordados coa profesora na aula, nas horas de atendemento ou a través do correo carme@udc.gal. |
Actividades iniciais |
Toma de contacto para coñecer o nivel inicial de lecturas e coñecemento xeral da literatura galega contemporánea (século XX) por parte do alumnado da materia. |
Discusión dirixida |
Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse na aula comentarios colectivos a partir de textos literarios ou discutiranse algúns aspectos do temario a partir de textos críticos seleccionados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
|
Seminario |
Traballo en grupo reducido en torno ás obras de lectura e/ou textos seleccionados pola profesora. |
Presentación oral |
Presentación oral individual da mesma obra escollida para a realización do traballo tutelado.
Previa á exposición na aula, o/a estudante terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. Esta poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. |
Sesión maxistral |
Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Seminario |
Sesión maxistral |
Análise de fontes documentais |
Proba mixta |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo, tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas pola docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 |
Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de temas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
O control das lecturas poderá realizarse mediante a entrega dos resumos ou fichas, mediante exposición oral ou cunha parte específica dentro da proba mixta. |
20 |
Presentación oral |
A1 A3 A4 A15 A17 B1 C2 |
A/o estudante exporá na clase, durante 15-20 minutos un comentario persoal sobre a obra obxecto do seu traballo traballo tutelado.
A exposición poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. Previamente terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. |
10 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 |
O alumnado terá que analizar en clase textos teóricos o literarios. Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.
Os comentarios de textos que o alumnado realice na aula ou na casa poderán ser recollidos e avaliados ao longo do curso ou ben serán incluídos como unha parte específica dentro da proba mixta. |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Esta proba escrita será defendida e comentada posteriormente coa profesora nunha sesión individual.
|
40 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 A11 B9 C1 C6 |
Traballo individual sobre unha das lecturas obrigatorias (acordada no inicio de curso coa docente). Na aula serán dadas as explicacións pertinentes sobre as súas dimensións, características e sistema de citación que debe ser empregado.
|
10 |
|
Observacións avaliación |
1.
OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN 1.1.
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. 1.2.
O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. 1.3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…). No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). 2.
AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) 2.1.
Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar
os exercicios escritos ou orais que non fosen avaliados positivamente. A data
limite de entrega/realización será a marcada para o exame do mes de xullo. 2.2.
Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na
oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa
que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial. Así, a valoración estará composta pola “Proba mixta” (60%), onde se integrará a parte de “Lecturas”, “Análise de fontes documentais” (actividades de comentario de texto, 20%), “Traballo tutelado” (10%) e "Presentación oral" (10%). 3.
AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta
oportunidade adiantada cada estudante será avaliado/a de modo similar á segunda
oportunidade (xullo). A valoración final estará composta pola “Proba mixta” (60%) e un conxunto de actividades: “Análise de fontes documentais” (20%) e “Traballo tutelado” (10%) que deberá ir acompañado dunha "Presentación oral" (10%). A entrega dos traballos e a presentación terán
lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía. 4.
ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de
exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto coa profesora no
inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os
axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que
serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel
alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén
contactar coa docente. Para fixar as datas das presentacións orais o
alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora (carme@udc.gal) nas dúas
primeiras semanas do curso. 5.
CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A Considerarase
como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non se presente á "Proba mixta” e, alén diso, cuxo número
de actividades avaliadas for inferior ao 50 %. 6.
OUTRAS PRECISIÓNS Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin,
ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente
presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias ou se detecte calquera tipo de uso fraudulento de recursos tecnolóxicos, poderán ser aplicadas as
medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da
Coruña" (artigo 14.4). No xeral, a falta de honradez académica nunha proba
conlevará a cualificación de 0 nesa convocatoria e, noutros traballos, a
reprobación da actividade concreta. A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de
aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar
cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados
de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo
electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995-2000). Diccionario da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Tarrío, Anxo (coord.) (). Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV) . A Coruña:Hércules de edicións
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ed.) (1996). Historia da Literatura Galega 5 vols.. Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo Xerais
Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da Literatura III. De 1916 a 1936. Vigo: Xerais
Pena, Xosé Ramón (2019). Historia da literatura IV. De 1936 a 1975. A "longa noite". Vigo Xerais
Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do Teatro Galego. das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez Sánchez, Francisco (1990 ). Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación . Vilaboa: Ed. do Cumio
Bernárdez, Carlos L. et alii (2001). Literatura galega S. XX. Vigo: A Nosa Terra |
OBRAS DE LECTURA OBRIGADA: - Ramón Cabanillas: Da terra asoballada
- Ramón Otero Pedrayo: Arredor de si
- Alfonso R. Castelao: Retrincos
- Manuel Antonio: De catro a catro
- Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
- Antoloxía poética elaborada na aula a partir de poemarios publicados na década de 60
- Álvaro Cunqueiro: As crónicas do sochantre ou O incerto señor Don Hamlet
- Xohana Torres: Un hotel de primeira sobre o río
- Eduardo Blanco-Amor: Xente ao lonxe
- Xosé Luis Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias
- Antoloxía poética elaborada na aula a partir a partir de poemarios publicados na década de 80
- Mª Xosé Queizán: A semellanza
-Pilar Pallarés: Tempo fósil
- Unha obra narrativa publicada despois de 1990 de AUTORÍA FEMENINA,
elixida por cada estudante a partir dunha listaxe proporcionada pola profesora
ao inicio do curso. Sobre esta obra versará o traballo tutelado e a presentación oral. |
Bibliografía complementaria
|
Blanco, Carmen (1995). Nais, damas, prostitutas e feirantas . Vigo: Xerais
Vilavedra, Dolores (2007). “Unha achega ao discurso narrativo de autoría feminina”,. Madrygal,10.
Domínguez Alberte, Xoán Carlos (). "A diversificación do xénero narrativo dende 1975", en Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Forcadela, Manuel (1998). "A narrativa galega contemporánea: 1800-1975. Unha perspectiva", en Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (2003). A Construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo. Vigo: A Nosa Terra
Otero Varela, Inma (2022). A materialidade das fillas de Lupa. Obxectos ficcionais femininos na narrativa galega. Vigo: Xerais
García Negro, Mª Pilar (2001). Arredor de Castelao. Vigo: A Nosa Terra
Núñez Sabarís, Xaquín (2020). Cartografías da narrativa galega contemporánea . Vigo: Galaxia
Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Das orixes a 1975 (Vigo: A Nosa Terra).. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez, Francisco (1993). Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada. Vilaboa: Edicións do Cumio
González Fernández, Helena (2005). Elas e o paraugas totalizador: escritoras, xénero e nación. Vigo Xerais
Carvalho Calero, Ricardo (1989). Estudos e ensaios sobre literatura galega. A Coruña: Ediciós do Castro
Pena Presas, Montse (2018). Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento
Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Santiago de Compostela: Laiovento
Blanco, Carmen (1995). Literatura galega da muller. Vigo: Xerais
Regueira, Mario (2020). Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra (1936-1966). Vigo: Xerais
Castelao, Manuel (2009). Novoneyra. Celso Emilio. Os Eidos. Longa noite de pedra. Santiago de Compostela: Laiovento
Biscaínho, Carlos e Lourenço, Cillha (2002). O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e antoloxía. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña
López, Teresa (1997). O neotravodorismo. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez Fer, Claudio (1989). Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo: Xerais
González Millán, Xoán (2000). Resistencia cultural e diferencia histórica. Barcelona: Sotelo Blanco
Forcadela, Manuel (2009). Sete leccións de poesía. A Coruña: Espiral Maior |
A profesora facilitará, a través da plataforma Moodle, a bibliografía e os recursos bibliográficos complementarios pertinentes para cada un dos temas e cada unha das obras obxecto de estudo nesta materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega/613G02012 | Literatura Galega Contemporánea 1/613G02024 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Poesía en Lingua Galega e Portuguesa/613G02043 | Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa/613G02046 | Teatro en Lingua Galega e Portuguesa/613G02047 |
|
Observacións |
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal |
|