Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ser capaz de buscar, xestionar, organizar e interpretar datos nos estudos lingüísticos e/ou literarios co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes deste ámbito de estudos, demostrando ademais un pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo. |
A1 A2 A3 A6 A9 A10 A14 A15 A18
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B9 B10
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
O contido específico do traballo acordarase co titor ou titora dentro do marco da liña do TFG asignada. |
Os que xurdiren durante o desenvolvemento do traballo. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A6 A10 A14 A15 A18 B1 B2 B3 B7 B9 B10 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
10 |
120 |
130 |
Presentación oral |
A9 B4 B6 C1 |
1 |
9 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
O/A estudante realizará o traballo baixo a dirección dun/ha profesor/a, que orientará, realizará un acompañamento do proceso de elaboración e autorizará a presentación e defensa do mesmo. |
Presentación oral |
O día sinalado no calendario académico do centro, o/a alumno/a presentará e defenderá o seu traballo perante unha comisión avaliadora nomeada pola Xunta de Facultade, nun tempo máximo de 15 minutos en que deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
O Traballo Fin de Grao elaborarase baixo a coidadosa supervisión do profesorado asignado e non serán admitidos para a súa defensa traballos que non fosen acompañados no seu proceso de elaboración.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A6 A10 A14 A15 A18 B1 B2 B3 B7 B9 B10 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Será valorado polo/a director/a do traballo segundo o seguinte:
1. Aspectos formais (20%): adecuación ao formato establecido, presentación xeral do texto (exemplos, gráficos, anexos etc.), corrección lingüística.
2. Contido (60%): estrutura do contido (coherente e adecuada ao tema), clareza expositiva, selección e utilización da bibliografía, resultados e conclusións acordes cos obxectivos expostos.
3. Proceso de realización (20%): organización, temporalización, autonomía. |
70 |
Presentación oral |
A9 B4 B6 C1 |
Será valorada polo tribunal segundo o seguinte:
1. Exposición (35%): axustada ao tempo, clara e estruturada, corrección e adecuación lingüística.
2. Contido do discurso (35%): capacidade de síntese, atención aos aspectos relevantes do traballo.
3. Resposta ás observacións do tribunal (15%): resposta axeitada a todas as observacións e preguntas.
4. Utilización de medios e materiais de apoio (15%): utilización de forma efectiva e pertinente de medios audiovisuais e/ou materiais de apoio. |
30 |
|
Observacións avaliación |
1. O formato establecido para os traballos é o seguinte: - Terá unha extensión mínima de 9 000 e máxima de 11 000 palabras (para o cómputo non se terán en conta os apartados a), b), c), g) nin h)). Presentarase en PDF con formato A4, con marxes de 2,5 cm, interliñado dobre e letra de 12 puntos. A paxinación dos apartados b) e c) realizarase en numeración romana.
- O traballo incluirá:
a) Capa, na que figurará, obrigatoriamente, o logotipo e o nome da Universidade, o nome da Facultade, a denominación do grao, o título do traballo, o nome do autor ou da autora, o visto e prace do director ou da directora co seu nome e sinatura electrónica, e o ano de presentación. Non se numerará.
b) Índice do traballo con paxinación.
c) Resumo do traballo, que dará conta necesariamente de obxectivos, metodoloxía, unha síntese dos contidos e as conclusións e será aproximadamente de 500 palabras.
d) Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada.
e) Traballo.
f) Conclusións.
g) Referencias bibliográficas
h) Anexos (se os houber)
2. A titorización do traballo por parte do director é obrigatoria. Este arbitrará os mecanismos necesarios para o seguimento das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non permitirá a presentación e defensa dun traballo que non fose supervisado ao longo da súa elaboración. 3. A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal. É necesaria, polo tanto, a presentación oral. 4. Serán cualificados con "Non presentado" os alumnos que no realicen a presentación oral pública ante o tribunal. 5. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" e doutras aplicacións para a detección do plaxio e do uso da intelixencia artificial. 6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|