Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Seguir unha conversa sobre asuntos cotiáns ou de carácter xeral, participar espontaneamente e ser capaces de expresar sorpresa, felicidade, tristeza, interese, indiferenza etc. |
A6
|
B4
|
|
Entender as ideas principais dun discurso oral ou escrito sobre asuntos cotiáns, de actualidade, ou sobre temas persoais, e separalas dos detalles específicos. |
A15
|
|
|
Comprender a descrición de acontecementos, de sentimentos e de desexos en cartas persoais e en textos relacionados cos campos semánticos do programa. |
|
B3
|
|
Localizar información relevante en textos longos ou obter información de distintas partes do texto ou de varios textos para resolver un problema específico, así como identificar as conclusións en textos de argumentación claros e recoñecer a liña desa argumentación. |
|
B1
|
|
Expoñer e cohesionar de forma máis ou menos elaborada experiencias, desexos, opinións, proxectos, reaccións etc. |
A9
|
B5 B6
|
|
Comentar as opinións doutras persoas, comparando e contrastando alternativas, avaliando que facer, a onde ir, ou que elixir. |
A6 A9 A15
|
B4
|
C2
|
Presentar un tema coñecido sobre os campos semánticos traballados ou outros relacionados para que poida ser seguido sen dificultades, explicar os puntos significativos con razoable precisión e ser capaz de contestar as preguntas que xorden.
|
A6 A9 A15
|
B1 B3 B5 B6
|
C2
|
Escribir textos ben enlazados e gramaticalmente correctos sobre temas que son coñecidos ou de interese persoal e describir experiencias e impresións así como formular peticións ou solicitudes concretas
de xeito sinxelo.
|
A6 A9 A15
|
B3 B4 B6
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Gramática |
1.1. Formación de preguntas
1.2. Uso de determinantes, cuantificadores e nomes
1.3. Uso de adxectivos e adverbios
1.4. Uso de tempos verbais
1.5. Uso da voz pasiva
1.6. Uso de verbos con partícula e frases idiomátic |
2. Vocabulario |
2.1. Educación e aprendizaxe
2.2. Personalidade, apariencia e carácte
2.3. Viaxe e movimento
2.4. Actividades deportivas e de ocio
2.5. Comida e bebida |
3. Redacción |
3.1. Aspectos básicos:
3.1.1. Puntuación
3.1.2. Uso de maiúsculas
3.1.3. Ortografía
3.1.4. Estrutura oracional
3.2. Redacción de párrafos:
3.2.1. Estrutura
3.2.2. Tipos
3.3.3. Coherencia e cohesión
3.3. Resumo e toma de notas
3.3.1. Toma de notas
3.3.2. A paráfrase
3.3.3. O resumo
3.4. Redacción de correos electrónicos
3.4.1 Graos de formalidade
3.4.2. Correos formais e informais
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A9 B4 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A6 A15 B3 C2 |
26 |
15 |
41 |
Seminario |
A6 A15 B3 C2 |
12 |
12 |
24 |
Discusión dirixida |
B4 |
7 |
3 |
10 |
Lecturas |
A6 B3 B6 C2 |
2 |
8 |
10 |
Traballos tutelados |
A6 B3 B5 B6 C2 C2 |
0 |
7 |
7 |
Portafolios do alumno |
A6 A9 A15 B3 B6 |
5 |
15 |
20 |
Proba mixta |
A15 A9 A6 B1 B3 B6 C2 |
0 |
15 |
15 |
Presentación oral |
A6 A9 A15 B4 B5 C2 |
4 |
4 |
8 |
Aprendizaxe colaborativa |
B3 B4 B6 |
2 |
10 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Primeira toma de contacto coa lingua inglesa en xeral e coa materia en particular, en que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
|
Seminario |
Aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral. Deste xeito, haberá seminarios de lectura, redacción e comprensión audiovisual case todas as semanas do curso. |
Discusión dirixida |
Actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados pola profesora lectora, en que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela. |
Lecturas |
Todo o material que o estudantado terá que ler fóra da aula para a realización dalgúns exercicios de comprensión lectora así como todas as lecturas que poidan facer en inglés para outras materias. Tamén se considerarán "lecturas" a lectura de xornais, revistas, foros de internet, etc. en lingua inglesa, actividade que recomendaremos encarecidamente. |
Traballos tutelados |
O alumnado deberá realizar un traballo en grupo ("project") sobre un tema que se especificará ao inicio do curso. Con este traballo preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesorado así como a aprendizaxe colaborativa e as relacións entre a universidade e o entorno sociocultural no que se asenta. |
Portafolios do alumno |
Incluirá un glosario elaborado polo alumnado individualmente ao longo do curso e varias pequenas tarefas prácticas que se levarán a cabo na aula con ou sen previo aviso. |
Proba mixta |
Proba práctica con exercicios variados de uso da lingua, algúns de resposta breve outros de elección múltiple, outros de ordenación ou de maior elaboración. Ás veces pedirase xustificación das respostas. |
Presentación oral |
Exposición oral dun tema que se especificará ao principio do curso seguindo as instrucións da profesora lectora. |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo presencial e non presencial a través de TICs en pequenos grupos co fin de compartir información e habilidades e optimizar os resultados de aprendizaxe de todos os membros do grupo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Para a realización do traballo tutelado é importante que o estudantado informe ao profesorado dos avances que vai facendo ao longo do cuatrimestre. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A15 A9 A6 B1 B3 B6 C2 |
No exame oficial de xaneiro todo o alumnado deberá realizar unha proba mixta coas seguintes partes: gramática e vocabulario (20%) , comprensión auditiva (10%), comprensión lectora (15%), expresión escrita (15%). |
60 |
Presentación oral |
A6 A9 A15 B4 B5 C2 |
Todo o alumnado deberá realizar unha presentación oral nas aulas prácticas da profesora lectora sobre un tema que se indicará ao principio do curso. O alumnado deberá tamén responder preguntas da profesora e do resto de estudantes. 10 |
10 |
Traballos tutelados |
A6 B3 B5 B6 C2 C2 |
O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral gravada e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. |
10 |
Portafolios do alumno |
A6 A9 A15 B3 B6 |
No portafolios avaliaremos un glosario (10%) e algunhas tarefas de práctica realizadas ao longo do curso (10%). |
20 |
|
Observacións avaliación |
IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma do exame final, o traballo tutelado, a presentación oral e o portafolios deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do exame final e da presentación oral non poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, utilización indebida de IA, etc.) penalizarase coa cualificación de 0 (Suspenso) na convocatoria (1ª e 2ª oportunidades), de acordo co establecido no artigo 11, 4b do "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC". Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días). Os/as alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non presentaron o traballo tutelado, o portafolios ou a exposición oral. As posibles tarefas de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre poderán supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado. AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques especificados arriba (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: proba mixta (60%), entrevista oral coa profesora para recuperar a presentación oral (10%), traballo tutelado (10%), actividades prácticas variadas para recuperar a parte de portafolio (20%). Daranse instrucións detalladas sobre estas actividades ao finalizar o segundo cuadrimestre. O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, poderá ser avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios da segunda oportunidade de xullo. Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ). Igualdade de xénero: Nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores y de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas por igual. Do mesmo xeito, procurarase identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas así como fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Thomson, A.J. & A.V. Martinet (1993). A Practical English Grammar. . Oxford: O.U.P.
Brook-Hart, G & Vanessa Jakeman (2008). Complete First Certificate. Cambridge: C.U.P.
Mann, M & S.Taylore-Knowles (2008). Destination B2. MacMIllan Publishers
Murphy, R. (1990). English Grammar in Use. Cambridge: C.U.P.
Carter, R. et al. (2011). English Grammar Today. Cambridge: C.U.P
McCarthy, M. & F. O’Dell (2002). English Vocabulary in Use. Cambridge: C.U.P
Vince, M. (2009). First Certificate Language Practice. English Grammar and Vocabulary.. MacMillan Publishers.
Thomas, Barbara, Hashemi, Louise. & Laura Matthews (2015). Grammar and Vocabulary for First (with answers). Cambridge: C.U.P.
Prodromou, L. (1999). Grammar and Vocabulary for First Certificate.. Harlow: Longman
Beaumont, D. & C. Granger (1991). Heinemann English Grammar. . Oxford: Heinemann
Swan, M. (1996). Practical English Usage. . Oxford: O.U.P.
Allsop, J. & P. Watcyn-Jones (1990). Test Your Phrasal Verbs.. London: Penguin.
Allsop, J. & P. Watcyn-Jones (1990). Test Your Prepositions. London: Penguin.
Simon, P. (2016). The Grammaring Guide to English Grammar. My E-Book Publishing House
Yates, Jean (2011). The Ins and Outs of Prepositions. Hauppauge, NY: Barron's |
Outros libros de interese ·Collie, Joanne. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Listening 3. Cambridge: C.U.P.
· Collie, Joanne. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3. Cambridge: C.U.P. · Greenall, S. & Diana Pye. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Reading 3. Cambridge: C.U.P. · Greenall, S. & M. Swan. 1986. Effective Reading. London: Cambridge: C.U.P · Hashemi, Louise. & Barbara Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P. · Littlejohn, Allison. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Writing 3. Cambridge: C.U.P. · Redston, C. & Gilly Cunningham. 2007. Face2Face Upper-intermediate. Cambridge: Cambridge University Press. · Swan, M. & Catherine Walter. 1997. How English Works. Oxford: O.U.P. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|