Criterios de avaliación: na
primeira oportunidade, o/a alumno/a ten que cumprir as seguintes condicións: aprobar
o conxunto da Proba mixta e da Proba oral. Facer polo menos a metade das
actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as actividades
entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado aquel estudante que
non se presente ás Probas mixta e oral. Os exercicios terán que entregarse até
o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da clase
(poden ser unha o máis semanas, segundo a cantidade de alumnos. Neste caso
realizarase a proba en orde alfabética). Estas datas poden variar. Faranse
oficiais nas clases.
Na segunda oportunidade se o/a
alumno/a aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as
actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até o día do exame. Non
se aceptarán exercicios fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo
día do exame. O exame oral terá lugar o mesmo día do exame. Se o/a alumno/a
non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de
xullo
aínda que se teña un 5 nunha das dúas probas. No caso de non ter feitas o suspensas as demais actividades tamén terá
que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos
e as diferentes actividades da avaliación.
Os traballos presentados polo alumnado
poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do
plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras
universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha
destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
En calquera actividade avaliábel a falta de
honradez académica implicará que o/a estudante sexa cualificado/a con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se producir na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, modificarase a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se for necesario.
Os/as alumnos/as con dispensa
académica de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso
para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación
continua ao longo de todo o curso. Terán que examinarse nas datas oficiais como
o resto do alumnado e entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a
convir coa profesora.
Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas, entre outras medidas).
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade.
Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas.
A materia
poderá ser adaptada aos/ás estudantes que precisaren da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC
/ no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); ou, no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).