Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumno coñecerá os fundamentos da computación na nube e a virtualización de servizos. |
AP6
|
|
|
O alumno coñecerá e aprenderá a utilizar os servizos básicos proporcionados por algún dos principais provedores públicos de Cloud. |
AP1 AP6
|
|
CP1
|
O alumno coñecerá e saberá aplicar os principais paradigmas de programación distribuída utilizados na computación Cloud. |
AP1 AP6
|
BP2
|
CP1
|
O alumno coñecerá e aprenderá a utilizar os servizos e recursos accesibles na nube para preparar e executar aplicacións do ámbito da computación de altas prestacións. |
AP6
|
|
CP1
|
O alumno adquirirá a habilidade necesaria para a procura, selección e manexo de recursos (bibliografía, software, etc.) relacionados coa computación Cloud no ámbito da computación de altas prestacións. |
|
BP5 BP6
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución á computación na nube |
|
Servizos de cómputo na nube: clusters virtuais |
|
Modelos e frameworks de procesamento distribuído |
|
Servizos para o procesamento distribuído na nube |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A6 |
24 |
0 |
24 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A6 B2 B5 B6 C1 |
12 |
63 |
75 |
Traballos tutelados |
B2 B5 B6 |
0 |
40 |
40 |
Proba obxectiva |
A1 A6 B2 B6 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
9 |
0 |
9 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade |
Prácticas de laboratorio |
Os alumnos abordarán a resolución de diversos problemas que lles permiten familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas. |
Traballos tutelados |
Proposta de traballos para a súa resolución de maneira autónoma por parte dos alumnos. Estes traballos permitiranlles aos alumnos profundar en aspectos do temario que lles interesen especialmente |
Proba obxectiva |
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame sobre os contidos da materia. Este exame busca determinar o grao de asimilación dos diferentes conceptos tratados nas clases teóricas e prácticas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.
Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias, bibliografía para consulta e realizarán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.
O profesorado da materia proporá un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos o aproveitamento das titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A1 A6 B2 B6 |
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame sobre os contidos da materia. A proba poderá conter preguntas tipo test, de resposta breve ou resolución de exercicios relacionados coa temática tratada nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio. |
40 |
Traballos tutelados |
B2 B5 B6 |
Os traballos tutelados serán sobre algún tema a convir entre o alumno e o profesor. Valorarase o cumprimento das especificacións, a orixinalidade, a contribución persoal, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados. Aqueles traballos de excelente calidade poderán optar ata 1,5 puntos adicionais que se engadirán á nota final. |
15 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A6 B2 B5 B6 C1 |
Os alumnos abordarán a resolución de diversos problemas propostos na aula de informática. Deberán realizar traballos nos que se presenten os resultados obtidos. Varios destes traballos serán de entrega obrigatoria e outros opcionais, que permitirán subir a nota. Para facilitar a organización das prácticas, estas dividiranse en bloques que serán avaliados por separado. Todos os traballos deberán ser entregados antes das datas que se especificarán e deberán cumprir uns requisitos mínimos de calidade para ser avaliados. Valorarase o grao de cumprimento das especificacións, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados. |
45 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, debe conseguirse unha puntuación mínima de 4 puntos en cada bloque de practicas de laboratorio e máis no exame e unha nota media ponderada igual ou superior a 5.
Os alumnos que non sexan de nova matrícula poden conservar as notas dos bloques de prácticas e do traballo tutelado do curso anterior nas que obtiveran unha puntuación mínima de 5 sobre 10. Segunda oportunidade (Xullo) e extraordinaria: A valoración será igual que na primeira oportunidade. Os alumnos que non entregaron os traballos propostos na primeira oportunidade deberanos entregar antes da data da proba obxectiva.
Condición para cualificación de Non Presentado:
Non presentar ningunha práctica e non presentarse ao exame.
Fraude
No caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Manvi, S. Shyam, G. Cloud Computing: Concepts and Technologies (2021). CRC Press. ISBN: 978-1-00-033795-2 - White, T. Hadoop: The Definitive Guide, Storage and Analysis at Internet Scale, 4ª edición (2015). O'Reilly Media. - B. Chambers, M. Zaharia, "Spark: The Definitive Guide", O'Reilly, 2018 |
Bibliografía complementaria
|
|
- Foster, I. and Gannon, D.B. Cloud Computing for Science and Engineering (2017). The MIT Press. - Zaharia, M., Karau, H., Konwinski, A. y Patrick Wendell. Learning Spark: Lightning-Fast Big Data Analysis (2015), O'Reilly Media. - Karau, H., Warren, R,. High Performance Spark: Best Practices for Scaling and Optimizing Apache Spark, (2017). O'Reilly Media. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Programación Paralela/614473102 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Infraestruturas de Altas Prestacións/614473104 |
|
Materias que continúan o temario |
Análise de Datos con HPC/614473108 |
|
Observacións |
Debido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividade na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é aconsellable adicar un tempo de estudo ou unha revisión semanal. |
|