Será necesario obter como mínimo o 50% da nota para aprobar a materia. Ademais, para aprobar a materia será preciso (en calquera oportunidade) obter un mínimo dun 40% da nota na proba obxectiva. En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é de 4.5.
A nota da proba obxectiva NON se conserva en ningunha convocatoria. O resto de notas consérvanse para o resto de oportunidades do curso académico.
1. CONVOCATORIA DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE - CONVOCATORIA ORDINARIA
Ao longo do curso realizaranse unha serie de prácticas de laboratorio, unha proba práctica e unha proba obxectiva, coas características e peso indicados no cadro anterior. Adicionalmente, o alumnado pode realizar un traballo tutelado.
2. RESTO DE CONVOCATORIAS
Realizarase unha proba obxectiva, coas características e peso indicados no cadro anterior.
A nota de prácticas de laboratorio poderá recuperarse mediante a realización das prácticas que se determinen para esta convocatoria. A presentación das prácticas nesta convocatoria implica a renuncia á nota obtida na primeira oportunidade, se a houbese.
A nota da proba práctica poderá recuperarse mediante a realización dunha nova proba práctica. A presentación á proba práctica nesta convocatoria implica a renuncia á nota obtida na primeira oportunidade, se a houbese.
A nota do traballo tutelado poderá recuperarse mediante realización dun novo traballo, cuxa temática debe ser acordada co coordinador da materia. A presentación do traballo tutelado nesta convocatoria implica a renuncia á nota obtida na primeira oportunidade, se a houbese.
Caso de querer recuperar a nota dalgunha parte nesta convocatoria, o alumnado deberá contactar co coordinador da materia, cunha antelación mínima de 20 días naturais antes da data do exame da correspondente convocatoria.
3. PLAXIO
Si se detectase plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á coordinación do título para adoptar as medidas oportunas.
4. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO"
Considerarase como "non presentado" ao alumnado que non se presente a ningunha das actividades avaliables nunha convocatoria dada.
5. ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE DOCENCIA
Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia.