Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) IA en Contornos Big Data Código 614544016
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Bolón Canedo, Verónica
Correo electrónico
veronica.bolon@udc.es
Profesorado
Alonso Ríos, David
Bolón Canedo, Verónica
Correo electrónico
david.alonso@udc.es
veronica.bolon@udc.es
Web
Descrición xeral A cada vez maior cantidade de información accesible a través de Internet fai que o procesamiento eficiente de grandes cantidades de datos sexa cada vez de maior interese. Isto levou ao desenvolvemento de novas técnicas de almacenamento e procesamiento de inxentes cantidades de información, técnicas que se adaptan de forma natural aos sistemas distribuídos.

O obxectivo principal desta materia é proporcionar aos estudantes os coñecementos e habilidades necesarios para comprender, desenvolver e aplicar técnicas de intelixencia artificial (IA) en contornas de Big Data.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as técnicas que permiten o deseño de técnicas de IA escalables a nivel software e de recursos hardware AM10
AM11
AM12
AM15
BM2
BM7
CM3
CM4
Adquirir as competencias que permitan integran gran volume e variedade de datos en proxectos de Big Data en IA AM10
AM11
AM12
AM15
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
CM3
CM4
CM7
CM8
CM9
Coñecer as paradigmas de escalabilidad en algoritmos de aprendizaxe automática AM10
AM11
AM12
AM15
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
CM3
CM4
CM7
CM8
CM9
Comprender, analizar e deseñar as infraestruturas necesarias para proxectos de IA en BigData: contorna local/nube e equipamento físico/virtual con sistemas de almacenamento de baixa latencia e sistemas de ficheiros distribuídos. AM12
AM15
BM2
BM6
BM7
BM8
CM3
CM4
CM7
CM9
Coñecer as linguaxes, frameworks e compoñentes que nos permiten incrementar o rendemento nas infraestruturas hardware con CPU e GPU AM11
AM15
BM3
BM7
BM8
CM3
CM4
CM7
CM9
Coñecer as técnicas que permiten, con baixa latencia, a visualización de datos en contornas con gran volume de información. AM11
AM12
AM15
BM2
BM3
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
CM3
CM4
CM7
CM8
CM9
Usar e poder aplicar os KPI correctos en cada contorna. AM10
AM11
AM15
BM2
BM3
BM7
BM8
CM3
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ao Big Data Que é Big Data
Aplicacións Big Data
Analítica Big Data
Problemática da análise de datos en contornas Big Data
Preparación e visualización de datos Técnicas de preprocesado de datos
Técnicas de visualización
Aprendizaxe federada Aprendizaxe no borde
Preservación da privacidade
Infraestructuras para o almacenamento e procesamento de Big Data: Apache Hadoop e Apache Spark Procesamento distribuido e infraestructuras
Aprendizaxe por lotes en plataformas paralelas e distribuidas
Aprendizaxe distribuida en vertical e horizontal
Tratamento de datos en continuo Aprendizaxe incremental
Aprendizaxe en tempo real
Problemas de cambio de concepto

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A11 A12 A13 A16 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 14 44 58
Traballos tutelados A11 A12 B3 B4 B5 B6 B9 C4 C7 C8 7 20 27
Proba obxectiva A11 A12 A13 B2 B6 B7 B8 B9 C4 C8 C9 2 20 22
Sesión maxistral A11 A12 A13 A16 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C4 C8 C9 21 20 41
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Clases prácticas na aula de informática, que permiten ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
Traballos tutelados Aprendizaxe baseada en problemas, seminarios, estudo de casos ou proxectos, que permiten que o alumnado adquira determinadas competencias en base á resolución de exercicios, estudo de casos e realización de proxectos.
Proba obxectiva Proba de avaliación escrita na que o alumno deberá demostrar os coñecementos adquiridos na asignatura
Sesión maxistral Clases de teoría, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno disporá de copias das transparencias con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Realización do traballo práctico co asesoramiento do profesor. Redacción de documentos de compendio dos resultados na forma de memorias ou artígos, así como a presentación dos resultados có profesor ou en sesións públicas dentro da clase.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A11 A12 A13 A16 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 Avaliación de traballos prácticos: 50% dá nota
avaliaranse as solucións propostas polo alumnado ás prácticas expostas. A avaliación de prácticas pode levar a cabo
mediante unha corrección por parte do profesor, unha defensa da solución achegada por parte do alumno ante o profesor ou unha presentación oral da solución desenvolvida. Todos os traballos deberán ser entregados antes das datas que se especificarán e deberán cumprir uns requisitos mínimos de calidade para ser tidos en consideración. Valorarase o grao de cumprimento das especificacións, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados
50
Proba obxectiva A11 A12 A13 B2 B6 B7 B8 B9 C4 C8 C9 Preguntas sobre os contidos da asignatura (que poden ser de tipo test ou problemas para resolver), baseada nas distintas técnicas avanzadas de aprendizaxe automática e as súas aplicacións. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, debe conseguirse unha puntuación total de 5 ou superior. É imprescindible para aprobar entregar todas as prácticas indicadas como obrigatorias.


Condición para cualificación de Non Presentado: non presentar ningunha práctica e non asistir ao exame final.


Os alumnos que non sexan de nova matrícula non conservan notas de cursos anteriores.


Oportunidade de recuperación (xullo) e extraordinaria:


A valoración será igual que na oportunidade ordinaria. Os alumnos que non entregaron os traballos propostos ao longo do cuadrimestre deberanos entregar antes da data establecida.


Condición para cualificación de Non Presentado: non presentar ningunha práctica e non asistir ao exame final.


O traballo entregado deberá ser orixinal do alumno. De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros ou por obtención doutras fontes...) levará unha nota global de SUSPENSO NA CONVOCATORIA ANUAL, tanto para o/a estudante que presente material copiado como a quen o facilitase. 

 


Fontes de información
Bibliografía básica

- Apuntes proporcionados por el profesor

- T. White, Hadoop: The Definitive Guide, 4th Edition, O'Reilly, 2015

- B. Chambers, M. Zaharia, Spark: The Definitive Guide, O'Reilly, 2018

Bibliografía complementaria

- Karim, Md. Rezaul, Sridhar Alla. Scala and Spark for Big Data Analytics: Tame Big Data with Scala and Apache Spark! 1st edition. Birmingham: Packt, 2017.

- Pentreath, Nick. Machine Learning with Spark Create Scalable Machine Learning Applications to Power a Modern Data-Driven Business Using Spark Packt Publishing Ltd., 2015.

- Bowles, Michael. Machine Learning with Spark and Python: Essential Techniques for Predictive Analytics 2nd ed. Wiley, 2019


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de IA/614544001
Aprendizaxe Automática I/614544012
Aprendizaxe Automática II/614544014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías