A avaliación da materia constará de dous partes diferenciadas:
teoría (50%) e traballos prácticos (50%). A parte teórica será avaliada
mediante unha proba obxectiva e mediante a Análise de fontes documentais realizada durante o curso. A parte práctica avaliarase a partir da solución acadada polos estudiantes, que deberán ser presentadas ao final de cada práctica (puidendo incluir unha memoria). Será necesario aprobar a parte de teoría
e a de prácticas por separado para poder aprobar a materia.
A asistencia tanto ás clases teóricas como prácticas será obrigatoria
para o aprobado da materia excepto en casos de ausencia xustificados. Para
aqueles alumnos que teñan dispensa, a parte da Análise de fontes documentais será engadida á Proba Obxectiva (50). Ademáis, non terán obrigación de asistir ás clases teóricas.
Avaliación de segunda oportunidade: Os alumnos deberán recuperar
cada parte suspensa (teoría e-ou práctica). Se unha das dúas partes foi
aprobada durante a primeira oportunidade, o alumno poderá optar por gardar a
nota correspondente e só recuperar a parte suspensa.
As competencias propias da materia así como as competencias
xerais-básicas teñen contidos específicos na materia que se introducen tanto nas clases expositivas como nas interactivas. Posteriormente o
alumnado desenvolverá estas competencias nas actividades presenciais na aula, no exame teórico e coa realización dos
traballos prácticos nos que tamén traballará as competencias transversais en
especial no que se refire á capacidade para utilizar ferramentas TIC (CT3), a
comprensión da cultura emprendedora (CT5), a capacidade para traballar en
equipo (CT7) e a valorización da investigación e a innovación (CT8). As
competencias específicas serán obxecto de avaliación tanto nos traballos
prácticos que o alumno desenvolva durante a materia como no exame teórico e nas tarefas nas clases de teoría.
Para os
casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o
establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes
e de revisión das cualificacións”. No caso concreto da UDC, aplícase o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:
b) Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.