Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
CON3-Coñecementos sobre aspectos xurídicos (normativa, lexislación) e outros documentos instrumentais para a protección do patrimonio cultural |
A11 |
CON11-Coñecemento dos arquivos históricos e as institucións bibliográficas, os seus fondos, a súa dixitalización e o servizo que prestan a través da rede |
B1 |
HAB1-Ser capaz de establecer relacións para producir coñecemento no contorno da intelixencia dixital |
B4 |
HAB4-Ser capaz de identificar fontes de información, recompilar e analizar datos e elaborar sínteses en relación con eles |
B6 |
DES1-Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio |
C2 |
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sá área de estudo |
C3 |
CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
C5 |
CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en grande medida autodirixido ou autónomo |
C6 |
CG1. Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamiento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións |
C7 |
CG2. Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais no contorno digital |
C8 |
CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital |
C11 |
CG6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos. |
C12 |
CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico |
C14 |
CT3. Adquirir un compromiso ético coas diversas formas de comunicación en contornos dixitais. |
C15 |
CT4. Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
1.- Garantir coñecementos sobre aspectos xurídicos (normativa, lexislación) e outros documentos instrumentais para a protección do patrimonio cultural.
2.- Garantir coñecementos dos arquivos históricos e as institucións bibliográficas, os seus sus fondos, a súa dixitalización e o servizo que prestan a través da rede. |
AP3 AP11
|
BP1 BP4 BP6
|
CP2 CP3 CP5 CP6 CP7 CP8 CP11 CP12 CP14 CP15
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Módulo 1. Organización e xestión do patrimonio documental e bibliográfico
|
1.1. Formación e tipoloxía das coleccións
1.2. Descrición das coleccións
1.3. Posta en valor: estratexias |
Módulo 2. Dixitalización do patrimonio |
2.1. Concepto: dixitalización do patrimonio
2.2. Ferramentas para a dixitalización
2.3. Caso práctico |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas a través de TIC |
B4 B6 C2 C3 C5 C8 |
8 |
20 |
28 |
Traballos tutelados |
A3 A11 B1 B4 B6 C2 C3 C6 C14 C15 |
2 |
28 |
30 |
Portafolios do alumno |
A11 B1 B4 B6 C2 C6 C12 C14 C15 |
10 |
22 |
32 |
Sesión maxistral |
A3 A11 B1 C7 C11 C12 C14 C15 |
13 |
20 |
33 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas a través de TIC |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.), a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
|
Traballos tutelados |
Traballos individuais de aprendizaxe independente do alumnado orientado á aplicación dos conceptos e ás técnicas da materia, contando sempre coa atención personalizada e o seguimento do profesorado. Elaborarase seguindo as pautas formais e de contido indicadas. |
Portafolios do alumno |
Cartafol de traballo do alumnado que deberán entregar periodicamente e no prazo estipulado ao profesorado coas distintas actividades expostas nas aulas: exercicios prácticos para o seguimento dos coñecementos adquiridos.
|
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte do profesorado, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte do profesorado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
Resolver dúbidas, ampliar formulacións, suxerir actividades e distintas formas de traballo que axuden ao alumnado na súa aprendizaxe. Motivación á participación. Seguimento personalizado e constante de cada unha das tarefas desenvolvidas polos/as alumnos/as.
Este tipo de atención terá especial peso no traballo tutelado, para o cal o profesorado irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.
Na medida do posible, intentarase facilitar a atención personalizada a aquel alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
B4 B6 C2 C3 C5 C8 |
Avaliarase a solución aplicada polos estudantes aos problemas propostos. |
25 |
Traballos tutelados |
A3 A11 B1 B4 B6 C2 C3 C6 C14 C15 |
Valorarase a adecuación dos traballos presentados aos temas propostos, os contidos, con especial interese nas achegas do alumnado respecto ás fontes e á bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. Valoración, polo tanto, de contidos, achegas innovadoras, sentido crítico e argumentación.
Entregarase na data indicada polo profesorado.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. |
50 |
Portafolios do alumno |
A11 B1 B4 B6 C2 C6 C12 C14 C15 |
Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.
Entregarase cada actividade na data indicada polo profesorado.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. |
25 |
|
Observacións avaliación |
Requisitos imprescindibles: - Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo e será preciso entregar os materiais nas datas indicadas na clase. - A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. - Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención na clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas. Segunda oportunidade Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os/as alumnos/as poderán recuperarar só a/s parte/s que teñan suspendidas. Estudantado con dedicación a tempo parcial ou con Dispensa académica Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo e de entregas para a primeira oportunidade. De non realizarse esa primeira titoría, na que se acordará unha data de entrega alternativa, entenderase que o/a alumno/a opta por presentar os traballos na mesmas datas que o resto do alumnado. Na segunda oportunidade, as datas de entrega límite serán as mesmas que para o resto do alumnado. O resto das condicións serán as mesmas que para os/as outros/as alumnos/as.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
ALBERCH I FUGUERAS, Ramón, Los archivos, entre la memoria histórica y la sociedad del conocimiento, Barcelona, 2003 ÁLVAREZ ÁLVAREZ, J.L., Estudios sobre el Patrimonio Histórico Español y la Ley de 25 de junio de 1985, Ed. Civitas, Madrid, 1989. CRUZ MUNDET, José Ramón, Manual de archivística, Fundación Germán Sánchez Ruipérez, Madrid, 1994. GARCÍA PITA, Marina, “A Xestión do patrimonio documental”, en Os Profesionais da historia ante o patrimonio cultural: liñas metodolóxicas, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Santigo de Compostela, 1996, pp. 23-34. GENERELO, Juan José; MORENO LÓPEZ, Angeles (coords.), Historia de los archivos y de la archivística en España, Universidad de Valladolid, Valladolid, 1998. HEREDIA HERRERA, Antonia, Archivística general: teoría y práctica, 7ª ed., Diputación Provincial de Sevilla, Sevilla, 1995. HERNÁNDEZ VIVENTE, Severiano, La digitalización del Patrimonio Bibliográfico y Documental:http://www.bbtk.ull.es/servicios/formacion/CLE/adeje2006/Presentaciones… LODOLINI, Elio, Archivística: principios y problemas, ANABAD, Madrid, 1993. MORALEJO ALVAREZ, María Remedios, “Aproximación al patrimonio bibliográfico y documental”, STVDIUM. Revista de humanidades, nº 8-9 (2002-03), Zaragoza, 2003, pp. 29-49 MORÁN SUÁREZ, M. A.; RODRÍGUEZ LÓPEZ (coords.), La Documentación para la investigación: Volumen homenaje a José Antonio Martín Fuertes, Universidad de León, León, 2002. “Museos en Internet: análisis de recursos documentales”, en VI Jornadas Españolas de Documentación. Valencia, 29-31 de octubre, 1998, pp. 495-514. PÉREZ-MONTES SALMERÓN, Carmen Mª; CASO NEIRA, Mar, La importancia de un patrimonio documental: los archivos científicos, CSIC: QUIROGA BARRO, Gabriel, “Evolución de la normativa de archivos y Patrimonio Documental en Galicia 1981-1995”, Archivos, bibliotecas, centros de documentación y museos en el Estado de las autonomías. Actas del VI Congreso Nacional de ANABAD, Consejería de Cultura y Educación, Murcia, 1997, pp. 71-78. ROMERO TALLAFIGO, Manuel, Historia del documento en la Edad Contemporánea: la comunicación y la representación del poder central de la Nación, S&C Ediciones, Carmona, 2002. RUIZ RODRIGUEZ, Antonio Ángel (ed.), Manual de archivística, Síntesis, Madrid, 1995. SERRANO MOTA, Mª de la Almudena; GARCÍA RUIPÉREZ, Mariano, El Patrimonio documental: fuentes documentales y archivos, Cuenca, 1999.http://digital.csic.es/bitstream/10261/2957/1/archivoscientificos.pdf |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|