PRIMEIRA OPORTUNIDADE
As prácticas a través de TIC se avaliarán de xeito continuo.
Para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC, o traballo tutelado, e a proba mixta. Se non se supera algún destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.
Todo alumno que non realice a presentación oral ou a proba mixta terá a cualificación de NON PRESENTADO.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A calificación das actividades superadas manterase na segunda oportunidade. Do mesmo xeito que na primeira oportunidade, para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC, o traballo tutelado, e a proba mixta. Se non se supera algún destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.
DISPENSA ACADÉMICA
Dado que a asistencia ás clases presenciais non é obrigatoria, aquel alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica que o exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.
OPORTUNIDADE ADIANTADA
Utilizaranse os criterios de segunda oportunidade.
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.