PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global igual ou superior a 5, e ademais:
- Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
- Unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 3) na proba mixta.
De non obter algunha destas notas mínimas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:
- Traballos tutelados: poderán recuperarse os traballos tutelados non entregados ou que non acadaron a nota mínima na primeira oportunidade.
- Prácticas: cada práctica poderá recuperarse realizando unha nova entrega na segunda oportunidade.
- Proba mixta: poderá recuperarse realizando o exame, nas mesmas condicións que na primeira oportunidade
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Na segunda oportunidade mantéñense as mesmas porcentaxes de avaliación e notas mínimas da primeira oportunidade.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.
DISPENSA ACADÉMICA
Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes nas primeiras semanas do curso para determinar as condicións de entrega das prácticas e traballos tutelados.
FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario