Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):
- Lograr unha nota superior ou igual a 4 na proba mixta final realizada ao final do cuadrimestre.
- Lograr unha nota superior ou igual a 5 ao realizar a suma de todas as probas de avaliación.
Notas sobre os traballos prácticos e solución de problemas
- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba obxectiva final que terá dúas oportunidades oficiais de exame.
Avaliación no caso da convocatoria adiantada
No caso de que o alumnado solicite e asista á convocatoria adiantada, o 50% da súa nota será a proba mixta (exame final) e o outro 50% o traballo tutelado. O traballo tutelado deberá entregarse como data límite o mesmo día do exame oficial da convocatoria adiantada. Para aprobar a materia, o alumnado debe cumprir os requisitos mencionados anteriormente.
Sobre a responsabilidade
compartida dos traballos en grupo
- Nas
actividades que se levan a cabo en grupos, todos as persoas que conforman o grupo de traballo serán responsables solidarias da súa realización e entrega, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das
normas de autoría do mesmo.
Matrícula a tempo parcial
-
O alumnado matriculado a tempo parcial terá que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do alumnado comunicar a súa situación ao
profesorado.
Non presentado
- Quen non concurra á
proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de
“Non presentado” (NP). Na primeira oportunidade, esto será extensible a
quen non entregue todas as prácticas en tempo e forma.