Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A8 |
CE11 - Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector |
A9 |
CE12 - Utilizar as metodoloxías científicas adecuadas tanto cualitativas como cuantitativas |
A12 |
CE7 - Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan as innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor |
B1 |
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B3 |
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B5 |
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo. |
B7 |
CG2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
B8 |
CG3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común |
B10 |
CG5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
B11 |
CG6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
B12 |
CG7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvimiento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
C3 |
CT3 - Trabajar de forma autónoma con iniciativa |
C5 |
CT5 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional |
C6 |
CT6 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico |
C7 |
CT7 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidad para adaptarse a novas situacións |
C8 |
CT8 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica |
C9 |
CT9 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razonamiento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
A/o alumna/ou coñecerá os métodos e as e técnicas das ciencias sociais, diferenciando entre as técnicas de investigación cualitativas e cuantitativas. |
AC3
|
BC1
|
CC7
|
A/o alumna/ou identificará as diferentes fases dun proceso de investigación cuantitativo |
AR2 AC3
|
BC5
|
CC3 CC7
|
A/o alumna/ou identificará as diferentes fases dun proceso de investigación cualitativo |
AR1 AR2
|
BC5 BC12
|
CC3 CC7
|
A/o alumna/ou saberá identificar e reflexionar críticamente sobre as fases dun proceso de investigación analizando un traballo de investigación xa realizado e recolleito nun artigo publicado nunha revista de impacto. |
AR2 AC3
|
BC1 BC3 BC7 BC8 BC10 BC11 BC12
|
CC7
|
A/o alumna/ou saberá comunicar e expresarse con claridade e razoamento crítico |
|
|
CC5 CC6 CC8 CC9
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1.- Os enfoques cuantitativo e cualitativo na investigación
científica |
1.1.- Definición e enfoques da investigación social
1.2.- Características do enfoque cuantitativo de investigación
1.3.- Características do enfoque cualitativo de investigación
1.4.- Diferenzas entre o enfoque cuantitativo e cualitativo |
2.- O proceso de investigación cuantitativa |
2.1.- Formulación do problema cuantitativo
2.2.- Desenvolvemento da perspectiva teórica: revisión da literatura e construción do marco teórico
2.3.- Definición do alcance da investigación para realizar: exploratoria, descriptiva, correlacional ou explicativa
2.4.- Formulación de hipótese
2.5.- Concepción ou elección do deseño de investigación
2.6.- Recolección de datos cuantitativos
2.7.- Análise de datos cuantitativos
2.8.- O reporte de resultados do proceso cuantitativo |
3.- O proceso de investigación cualitativa |
3.1.- O inicio do proceso cualitativo: formulación do problema, revisión da literatura, xurdimento de hipótese e inmersión no campo
3.2.- Mostraxe na investigación cualitativa
3.3.- Recolección e análise de datos cualitativos
3.4.- Deseños do proceso de investigación cualitativa
3.5.- O reporte de resultados do proceso cualitativo |
4.- Os procesos mixtos de investigación |
4.1.- En que consiste o enfoque mixto
4.2.- Por que utilizar o enfoque mixto
4.3.- O proceso mixto
4.4.- Deseños mixtos específicos |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A12 A8 A9 B1 B3 B7 B8 B10 B11 B12 C5 C7 |
32 |
0 |
32 |
Student portfolio |
A12 B1 B3 B5 B7 B8 B10 B11 B12 C3 C5 C7 C6 C8 |
0 |
30 |
30 |
Research (Research project) |
A8 A9 B3 B5 C3 C6 C8 C9 |
10 |
78 |
88 |
|
Personalized attention |
|
0 |
0 |
0 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Student portfolio |
É un cartafol físico ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno no marco da asignatura, cos comentarios e cualificacións asignadas polo docente e invitados ás aulas o que lle permite visualizar o progreso do estudante. |
Research (Research project) |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Research (Research project) |
|
Description |
Durante o curso académico, prestarase atención personalizada e continua a todos ao estudantado matriculado nesta materia, tanto para responder preguntas sobre as clases presenciais /on-line como para abordar temas relacionados co traballo.
Iria Caamaño Franco
iria.caamano@udc.es |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Student portfolio |
A12 B1 B3 B5 B7 B8 B10 B11 B12 C3 C5 C7 C6 C8 |
O portafolio inclúe: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso realizado polo profesor, etc. As instruccións estarán recollidas no Moodle da materia. |
10 |
Guest lecture / keynote speech |
A12 A8 A9 B1 B3 B7 B8 B10 B11 B12 C5 C7 |
Cada tema indicado nos contidos será explicado polo/a profesor/a nas clases. Dita explicación será acompañada de material didáctico que estará a disposición do alumnado no Moodle da materia. Valorarase o traballo desenvolvido na aula, sobre todo durante as sesións prácticas de análise de textos e artigos. |
10 |
Research (Research project) |
A8 A9 B3 B5 C3 C6 C8 C9 |
Consistirá en elixir por parte do estudante de forma autónoma un artigo de investigación sociolóxica sobre o turismo publicado nunha revista científica. Seguindo os pasos que se lle indicarán ao alumnado, que consistirán nas fases do proceso de investigación, teñen que facer un traballo no que analicen as fases do proceso de investigación que expón o artigo, e indicar ao mesmo tempo as deficiencias que detectan no escrito e as engadidos/correccións que eles farían de cada unha das fases. Ao longo do curso a/o profesor/a -seguindo as fontes de información indicadas-, tutelará
explicando con detalle cada unha das fases, con exemplos concretos de investigacións xa feitas e publicadas. Desta forma o alumnado terá orientación tutelada de cada unha das fases do traballo. Finalmente deberá realizar un esquema brevemente desenvolto dun posible traballo de investigación, cualitativo, cuantitativo ou mixto. |
80 |
|
Assessment comments |
1ª Oportunidade. A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. Todas as partes incluidas na metodoloxía teñen que ser superadas polo menos nun 50% para poder calcular o cómputo final. O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de asistencia. Se lle poderán asignar actividades alternativas, tutorías específicas ou outras medidas que se consideren oportunas para non perxudicar a súa calificación. 2ª Oportunidade da 1ª Convocatoria e oportunidades de ulteriores convocatorias. Teranse que realizar os mesmos exercicios mencionados. O alumando deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Calificación de Non Presentado (NP). O alumnado que non se presente a ninguna das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calqueira de elas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou supere a parte que lle falta para facer o cómputo final. Se pode dar o caso de que unha persoa suspenda alguna das partes pero que a suma co resto dé aprobado. Neste caso a nota será dun suspenso (o suspenso máis alto que aparezan suspensas) pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%. Implicacións de fraude académico na realización das probas ou actividades de avaliación. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a calificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta e respecto da materia na que se cometese.
|
Sources of information |
Basic
|
Hernández Sampieri, R.; Fernández Collado, C. y Baptista Lucio, M. P. (2010). Metodología de la investigación. Madrid: McGraw-Hill
Corbetta, P (2010). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill |
|
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
Recoméndase ao alumnado ler o programa e as normas de avaliación. Tamén se recomenda que asista regularmente ás clases; realice os exercicios propostos polo docente; discuta os casos cos compañeiros(as) e participe activamente nos debates que se xeren na aula. A entrega dos traballos que se realicen nesta materia remitiránse a través de Moodle en formato dixital. As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na aula e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. A bibliografía recomendada non será a única utilizada nas discusións. O docente recomenda que o alumnado traia para as clases, discusións da actualidade, que sexa xurdida na prensa escrita, quer na radiofónica ou televisiva (nos novos medios de comunicación, redes sociais, ou en medios tradicionais). Seguramente esa aplicación enriquecerá a aprendizaxe e facilitará a asimilación dos temas teóricos abordados. Para facilitar a comprensión significativa dos coñecementos, o alumnado deberá revisar, antes das clases, o material posto á súa disposición por parte do docente.  Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo. Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|