Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Aprendizaje de los conceptos y de las técnicas estadísticas aplicadas a la sociedad humana. |
A7 |
Conocimiento y dominio de la metodología de las ciencias sociales y de sus técnicas básicas y avanzadas (cuantitativas y cualitativas) de investigación social; con especial atención a los aspectos de muestreo y de los programas informáticos de aplicación. |
A16 |
Conocimientos y habilidades técnicas para la produción y el análisis de los datos cuantitativos y cualitativos. |
A26 |
Saber elegir las técnicas de investigación social (cuantitativas y cualitativas) pertinentes en cada momento. |
B3 |
Capacidad de análisis y síntesis. |
B5 |
Capacidad de gestión de la información. |
B7 |
Conocimientos de informática relativos al ámbito de estudio. |
B21 |
Aprendizaje autónomo. |
C3 |
Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
A/o alumna/o será capaz de definir e distinguir os conceptos básicos da estatística aplicada ás ciencias sociais e poderá identificar os principais niveis de medición das variables |
A5 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o coñecerá as principais técnicas de presentación de distribucións univariables, tanto en formato de táboas como gráficamente, e será capaz de seleccionar as ferramentas descritivas univariables máis adecuadas dependendo do nivel de medición das variables. |
A5 A16 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o coñecerá as principais técnicas de presentación de distribucións bivariables, tanto en formato de táboas de continxencia como gráficamente, e será capaz de calcular e interpretar as distintas porcentaxes dunha táboa de continxencia. |
A5 A16 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o coñecerá as principais medidas de asociación entre variables, será capaz de calculalas, interpretalas e seleccionar as máis adecuadas dependendo do nivel de medición das variables. |
A5 A16 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o será capaz de utilizar ferramentas informáticas aplicadas ás ciencias sociais (especialmente o paquete SPSS) a un nivel básico para poder levar a cabo as tarefas de presentación e resumo dunha distribución univariable así como dunha distribución bivariable coas súas correspondentes táboas de continxencia e medidas de asociación. |
A5 A7 A16 A26
|
B3 B5 B7 B21
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1: Introdución e conceptos básicos. |
Aplicación da estatística ás ciencias sociais. Conceptos básicos. Tipos de variables e niveis de medición. |
TEMA 2: Presentación e representación de distribucións. |
Presentación de distribucións univariables: frecuencias absolutas, frecuencias relativas e porcentaxes. Formas básicas de representación gráfica: gráfico de sectores, gráfico rectangular, diagrama de barras e histograma. Outras formas de representación gráfica. |
TEMA 3: Características dunha distribución univariable. |
Medidas de posición centrais: media, mediana e moda. Medidas de dispersión: rango, varianza e desviación típica. Medidas de forma: asimetría e curtose. |
TEMA 4: Estatística descritiva bivariable. |
Distribucións bivariables. Presentación e análise de táboas bivariables. Independencia e asociación. Características dunha asociación de dúas variables. Medidas de asociación para variables nominais e ordinais. |
TEMA 5: Regresión e correlación simple. |
Concepto de covarianza. Diagrama de dispersión e curva de axuste. Concepto e tipos de correlación. Coeficiente de correlación de Pearson. Matriz de correlacións. A ecuación de regresión e o seu axuste polo método de mínimos cadrados. Cálculo dos coeficientes de regresión. O coeficiente de determinación e a súa interpretación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A5 |
1 |
0 |
1 |
Prácticas de laboratorio |
A7 B7 C3 |
16 |
24 |
40 |
Proba obxectiva |
A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 |
4 |
17 |
21 |
Portafolios do alumno |
A5 A7 A16 B7 B21 C3 |
8 |
20 |
28 |
Sesión maxistral |
A5 A7 A16 A26 B3 |
18 |
36 |
54 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Cuestionario cunha serie de preguntas iniciais para coñecer a composición do grupo e o nivel xeral de formación do alumnado, ademais do interese e motivación fronte á materia. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan de maneira efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, fundamentalmente exercicios. Nalgúns casos estas prácticas levaranse a cabo utilizando ferramentas informáticas. |
Proba obxectiva |
Proba final, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, composta por exercicios breves e cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. |
Portafolios do alumno |
Conxunto de prácticas realizadas polo alumnado, referidos ás enquisas adxudicadas a cada estudiante. Realizarase unha serie de exercicios acordes ó aprendido coa axuda das TICs e programas estadísticos específicos. |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte do profesorado dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Portafolios do alumno |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
A atención personalizada é unha actividade académica que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado, de forma individual ou en pequeno grupo, relacionadas co estudo e temas vinculados coa materia. Esta actividade desenvolverase de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados ás tutorías de despacho).
Pode solicitarse a atención personalizada nas horas presenciais (tanto nas sesións maxistrais como nas prácticas de laboratorio) ou nas horas de tutorías para resolver dúbidas en relación a temas concretos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 |
Consistirá nunha proba global na que o alumnado terá que resolver cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas, no caso de que sexan necesarias. |
40 |
Portafolios do alumno |
A5 A7 A16 B7 B21 C3 |
Consistirá nunha serie de prácticas onde resolverán e interpretarán exercicios a través do programa estadístico dado en clase.
|
60 |
|
Observacións avaliación |
A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. A cualificación final será a media ponderada de cada unha das partes: un 40% da proba obxetiva e un 60% do portafolio. Será necesario aprobar o exame para que se poda facer a media. As notas das prácticas (portafolio) serán gardadas para a segunda convocatoria, pero non poderán ser recuperadas. En caso de aprobar o exame pero non chegar á media para aprobar, estudarase cada caso con detalle. No caso de non seguir a avaliación continua, o alumnado poderá presentarse a proba obxetiva nas convocatorias oficiais que consistirá nun exame que abarcará toda a materia e estará composto por cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas. Os exames celebrarase nas datas que estableza o centro nos seus calendarios oficiais de primeira e segunda oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica se acordará a principio de curso un calendario específico de tutorías compatible a súa dedicación. INSTRUCIÓNS SOBRE A ENTREGA DE TRABALLOS E XUSTIFICANTES DE AUSENCIA. - As prácticas avaliables han de entregarse a través de moodle na data indicada. Fóra desta data, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
VISAUTA VINACUA, B. (2007). Análisis estadístico con SPSS 14. Estadística básica. Aravaca: McGraw-Hill/Interamericana
TOMEO PERUCHA, V. y UÑA JUÁREZ, I (2009). Estadística descriptiva. Madrid: Ibergacerceta Publicaciones
RITCHEY, F. J. (2002). Estadística para las Ciencias Sociales. México: McGraw-Hill
SÁNCHEZ CARRIÓN, J. J. (1999). Manual de Análisis Estadístico de los Datos. Madrid: Alianza Editorial
SEISDEDOS BENITO, A. (2009). Manual de socioestadística descriptiva básica. Salamanca: Amarú Ediciones
GARCÍA FERRANDO, M. (2000 ). Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. Madrid :Alianza Universidad Textos, nº96 |
|
Bibliografía complementaria
|
BLALOCK, H. M. (1966). Estadística Social. México: Fondo de Cultura Económica
PEÑA, D. y ROMO, J. (1997). Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Madrid: McGraw-Hill
GLASS, G. V. y STANLEY, J.C. (1986). Métodos Estadísticos Aplicados a las Ciencias Sociales. México: Prentice-Hall Hispanoamericana |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Estatística aplicada ás ciencias sociais 2/615G01201 |
|
|