Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
A/o alumna/o coñecerá os métodos e técnicas das ciencias sociais, diferenciando entre as técnicas de investigación cualitativas e cuantitativas. |
A7 A15 A16 A26
|
|
|
A/o alumna/o saberá elixir as técnicas de investigación social (cuantitativas e/ou cualitativas) pertinentes en cada momento. |
A26
|
|
|
A/o alumna/o identificará as diferentes fases dun proceso de investigación cuantitativo |
A7 A14 A15 A16
|
B3 B4 B27
|
|
A/o alumna/o identificará as diferentes fases dun proceso de investigación cualitativo |
A7 A14 A15 A16
|
B3 B4 B27
|
|
A/o alumna/o saberá identificar e reflexionar criticamente sobre as fases dun proceso de investigación, desenvolvendo una metodoloxía cualitativa e cuantitativa. |
A14 A15
|
B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 B27
|
C1
|
A/o alumna/o saberá comunicar e expresarse con claridade e razoamento crítico |
A34 A35
|
B6 B13
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Os enfoques cuantitativo e cualitativo na investigación científica
|
1.1.- Definición e enfoques da investigación social
1.2.- Características do enfoque cuantitativo de investigación
1.3.- Características do enfoque cualitativo de investigación
1.4.- Diferencias entre o enfoque cuantitativo e cualitativo |
2.- O proceso de investigación cuantitativa |
2.1.- Formulación do problema cuantitativo
2.2.- Desenvolvemento da perspectiva teórica: revisión da literatura e construción do marco teórico
2.3.- Definición do alcance da investigación a realizar: exploratoria, descritiva, correlacional ou explicativa
2.4.- Formulación de hipótese
2.5.- Concepción ou elección do deseño de investigación
2.6.- Recolección de datos cuantitativos
2.7.- Análise de datos cuantitativos
2.8.- O reporte de resultados do proceso cuantitativo |
3.- O proceso de investigación cualitativa |
3.1.- O inicio do proceso cualitativo: formulación do problema, revisión da literatura, xurdimento de hipótese e inmersión no campo
3.2.- Mostraxe na investigación cualitativa
3.3.- As hipóteses na investigación cualitativa
3.4.- Recolección de datos cualitativos: distintas técnicas
3.5.- Análises de datos: Deseños e procesos
3.6.- O reporte de resultados do proceso cualitativo |
4.- Os procesos mixtos de investigación |
4.1.- En qué consiste o enfoque mixto
4.2.- Deseños mixtos específicos |
|
|
5.- Novas técnicas de recollida e tratamento de datos |
5.1.- Big data e as ciencias sociais
5.2.- Intelixencia artificial e métodos cualitativos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 |
39 |
0 |
39 |
Traballos tutelados |
A34 A35 B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 C1 |
30 |
45 |
75 |
Proba obxectiva |
A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 C1 |
2 |
33 |
35 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Cada tema indicado nos contidos será explicado polo profesor nas clases. Dita explicación será acompañada de material didáctico |
Traballos tutelados |
Os/ as alumnos/ as realizarán un traballo en grupos de 5 persoas. O traballo consistirá en analizar un artigo realizado con metodoloxía cualitativa ou cuantitativa, explicando cada fase da investigación.
Ao longo do curso o profesor -seguindo as fontes de información indicadas-, tutelará ao alumnado explicando con detalle cada unha das fases, con exemplos concretos de investigacións xa feitas e publicadas. Deste xeito, os/as alumnos/as terán orientación tutelada de cada unha das fases dos traballos. Con todo, o alumnado ten que saber aplicar devandito proceso de maneira autónoma. O profesor explica de forma detallada cada apartado, pero é o alumno o que ten que realizar o traballo. O traballo correxirase unha vez polo profesor: non hai segunda corrección.
Na segunda semana de clases, os alumnos teñen que entregar ao profesor o nome dos compoñentes do equipo e o título do artigo que van analizar.
O proceso de análise non se deixará para o último momento, senón que os alumnos deben de ir realizando o traballo secuencialmente, segundo vanse explicando os apartados en clases.
Os traballos serán entregados ao profesor na data que se lle indique, e será exposto na aula ante os outros alumnos/as e o profesor.
A entrega ó profesor consistirá nun ducumento power point, con unha diapositiva de cada apartado do traballo. Tamén se enviará o artigo que se analiza en formato PDF. |
Proba obxectiva |
Realizarase una proba obxectiva dos temas recollidos nos contidos e explicados nas sexións maxistrales. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Sempre que o alumno/a o precise en horario de titorías. O menos nunha ocasión durante o curso, o/a alumno/a deberá acudir as titorías para que o profesor coñeza a súa situación respecto a materia e facer suxerencias sobre posibles dificultades. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 C1 |
Examen da teoría no que entran os distintos temas dos contidos explicados na clase |
60 |
Traballos tutelados |
A34 A35 B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 C1 |
Valorarase:
- O dominio que demostre o alumnado en cada unha das fases do proceso de investigación.
- A precisión. Non se trata de reescribir o traballo, senon de precisar cada fase do proceso.
- A autonomía manifestada polos alumnos, que demostre a capacidade que terán no futuro cando teñan que facer unha investigación. |
40 |
|
Observacións avaliación |
O traballo puntúa un máximo de 4 puntos: 3 a elaboración e 1 a presentación. A proba obxectiva puntúa un máximo de 6 puntos. Para poder aprobar a materia o alumno necesita ter un mínimo 1,5 puntos no traballo e 2,5 puntos na proba obxectiva. En todo caso, necesita obter un mínimo de 5 puntos sumando o traballo e a proba obxectiva. No traballo valorarase:
- A entrega dos nomes dos membros do equipo e o título do artigo a analizar na data indicada.
- A claridade e precisión de cada un dos apartados do traballo. Non se trata de reescribir o artigo, senón de analizar cada apartado con precisión a partir da explicación de dito apartado dada nas clases.
- O profesor entregará un esquema das partes do traballo a realizar, que será diferente se un traballo se realiza con metodoloxía cualitativa ou cuantitativa
- A entrega e presentación do traballo na data indicada. Se non se entrega nesa data, o estudante terá que pesentarse na seguinte convocatoria.
Para aqueles estudantes susceptibles de recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e de exención académica da axuda (segundo a
"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao
na Universidade da Coruña"), as citadas bases de avaliación final serán
tidas en conta, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
AVISO EN RELACIÓN AO PLAXIO: Cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa a falta.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Robles, J. M.; Rodríguez, J. T.; Caballero, R. y Gómez, D. (2020). Big data para científicos sociales. Una introducción. Madrid: CIS
Lopezosa, C. y Codina, Ll. (2023). Inteligencia Artificial y métodos cualitativos de investigación. ChatGPT para revisiones de la literatura y análisis de entrevistas semiestructuradas. Universidad Pompeu Fabra
Hernández Sampieri, R.; Fernández Collado, C. y Baptista Lucio, M. P. (2010). Metodología de la investigación. Madrid: McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
García Ferrando, M.; Ibáñez, J. y Alvira Martín, F. (coord.) (2000). El análisis de la realidad social. Madrid: Alianza
Ispizua, M. A. y Ruiz Olabuénaga, J. I. (1989). La descodificación de la vida cotidiana: métodos de investigación cualitativa. Bilbao: Universidad de Deusto
Corbetta, P. (2010). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill
Viedma, A. y Callejo, J. (2005). Proyectos y estrategias de investigación social: la perspectiva de la intervención . Madrid: McGraw-Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Estatística aplicada ás ciencias sociais 2/615G01201 | Análise multivariante de datos sociais/615G01206 | Metodoloxía da investigación por enquisas/615G01303 | Metodoloxía da investigación etnográfica/615G01403 | Metodoloxía, técnica e estratexias para o deseño e elaboración de proxectos e traballos de investigación/615G01406 | Análise sociolóxica de textos e discursos/615G01407 |
|
|